O Hospital Montecelo pecha a UCI para facer obras en plena pandemia
Persoal da unidade denuncia unha decisión que "non respecta as normas do plan de continxencia fronte ao coronavirus" e advirte que a falta deste tipo de instalacións xa provocou a modificación doutros espazos no complexo hospitalario de Pontevedra.
Feijóo pide ao Estado poder facer deporte ou abrir comercios antes do resultado do estudo epidemiolóxico
O presidente da Xunta cre que os baixos números de contaxios por PCR ou a situación das UCI xustifican as súas demandas para a "desescalada": "O virus en Galicia tivo pouca circulación e a maioría de poboación galega non tivo contacto con el".
A Atención Primaria, ante o estudo da Xunta: "Facemos 100.000 test do virus e nós aínda non sabemos se estamos contaxiados"
O Sergas iniciou este xoves a ampla análise epidemiolóxica nos centros de saúde, onde o persoal denuncia a "sobrecarga", cuestiona a súa idoneidade e critica a "irresponsabilidade" de non ser sometido ás probas.
A Xunta encomenda ás enfermeiras de Atención Primaria o estudo do coronavirus: das chamadas aos test
Os centros de saúde galegos engaden ás consultas diarias e ao seguimento dos afectados pola Covid-19 a realización das probas a 100.000 persoas para o estudo epidemiolóxico do Sergas, que comezan este xoves.
A Xunta apraza a 2021 as oposicións docentes previstas para este mes de xuño
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, anuncia o adiamento das probas a menos de dous meses da súa celebración e logo do clamor de opositores, sindicatos e oposición para que rematase coa "incerteza".
Paro tamén para os despedidos en período de proba, nas novas medidas económicas fronte ao virus
O Goberno central prorroga dous meses a prioridade do teletraballo e permite ERTE en empresas de servizos esenciais nun novo decreto lei. A Xunta avala ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores nun expediente temporal que aínda non cobraran a prestación.
A Xunta aínda obvia o clamor polo aprazamento das oposicións, que une a aspirantes, oposición e sindicatos
A Consellería de Educación mantén as probas para docentes malia que advertira de que só seguirían se o estado de alarma non se prorrogaba máis aló do 11 de abril. O persoal opositor pide pór fin xa á "incerteza".
Especulación e baixada de prezos en orixe agravan a crise do coronavirus no sector agrogandeiro
Gandeiros e agricultores ven como perden mercado ou reciben menos por uns produtos que manteñen o importe ou mesmo o incrementan nas grandes superficies. Falamos con Roberto García (UUAA) e Isabel Vilalba (SLG).
Centos de mariñeiros galegos, condecorados coa Medalla de Ouro do Congreso dos EUA
Donald Trump asina a lei que concede a distinción aos mariños mercantes que serviron aos EUA na II Guerra Mundial, entre eles centos de emigrantes galegos, moitos falecidos en buques atacados por submariños nazis.
Feijóo atribúe a rescisión de contratos a enfermeiras que tratan o coronavirus a un erro de "interpretación"
O presidente da Xunta carga a responsabilidade na xerencia da área sanitaria de Santiago e nega que houbese "intencionalidade" por parte do Sergas, que recuou logo de anular prórrogas de contratos xa asinadas polo persoal.
100 venres negros "contra a manipulación" na CRTVG, que acumula meses sen control do Parlamento
Defende A Galega cumpre un cento de semanas de protestas nuns medios públicos sen control da Cámara desde finais de xaneiro. A oposición coincide co persoal mobilizado na denuncia da súa "utilización partidista" a prol do PP, acentuada durante a pandemia.
- Documento Coronavirus
- Acontece Santiago
O Sergas rescinde contratos prorrogados a enfermeiras que atenden o coronavirus e recúa tras facerse público
A xerencia da área compostelá prescinde de profesionais que xa asinaran ata finais de abril ao considerar que xa non eran necesarias na planta de Covid, pero rectifica ás poucas horas tras as súas denuncias. "Somos empregadas de usar e tirar", quéixase un sector farto de "abusos".