A pasarela "emblema da Coruña", en obras tras medio ano aberta porque chovía ao pavimentala
A ponte que une o polígono da Agrela cunha área comercial, cualificada como "escultura excepcional" por Feijóo, está a ser reparada tras os danos causados pola choiva durante a súa pavimentación.
O impacto laboral do coronavirus destrúe emprego en Galicia a máis velocidade que o inicio da anterior crise
O aumento interanual do paro rexistrado en abril sitúase en niveis de outono de 2008 e o da destrución do emprego, nos de comezos de 2009. En ambos casos o comportamento intermensual é aínda peor que daquela.
O Sergas apenas detecta contaxios no seu estudo do coronavirus e usará a mostra elixida polo Estado para reforzalo
A Xunta remata esta semana a primeira vaga dun proceso con moitas dúbidas pola ínfima porcentaxe de positivos e ao que engadirá a mesma poboación que o Goberno central no seu estudo, que ten probas adicionais e máis fiables.
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
A pandemia máis alá: olladas galegas á crise do coronavirus polo mundo
Falamos con galegos no Brasil, Suíza, Reino Unido, Estados Unidos ou Portugal para afondar nas medidas contra a expansión da covid-19 e a resposta social e política doutros países.
As emisións de CO2 das centrais de carbón caen máis dun 75% en Galicia, ata niveis de hai 30 anos
Pasaron dos 10,1 millóns de toneladas de 2018 ás 2,5. O impacto na caída da produción eléctrica con carbón fixo que Galicia superase o obxectivo de redución de emisións das térmicas proposto para 2030.
Galicia baixou en 2018 das 9.000 camas hospitalarias en funcionamento por primeira vez no que vai de século
O sistema sanitario galego conta con 8.975 camas activas, 130 menos que no ano anterior e case un milleiro menos que hai unha década.
O Sergas muda o protocolo do estudo do coronavirus e agora fará probas PCR a positivos sen síntomas
A Xunta ordena agora estas probas ás persoas asintomáticas que dean positivo no estudo iniciado o día 23. Feijóo afirmou o pasado domingo que se lle farían a todos os positivos aínda que o protocolo, que vai pola súa terceira versión, negaba esa posibilidade.
A primeira EPA afectada polo coronavirus apunta á destrución de máis de 13.000 empregos en Galicia
A perda de ocupados e o incremento do paro en 11.000 persoas no primeiro trimestre do ano non reflicte aínda o impacto real da covid-19, moito maior do que sinalan as cifras de momento.
O que acontece se dás positivo no estudo da Xunta sobre o coronavirus
Feijóo di que calquera positivo será sometido a unha proba PCR, malia que o protocolo non o ordena. Persoal encargado do estudo aclara que os tests identifican anticorpos pero non se a persoa segue enferma, e que o método, por vía capilar e non venosa, provocará "moitos falsos negativos".
- Entrevista | Ricardo Cao Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"Os matemáticos podemos ser moito máis útiles nesta pandemia, pero atopamos moitos atrancos"
Ricardo Cao, matemático galego presidente do comité de expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, lamenta a escasa comunicación cos gobernos, os diferentes criterios á hora de rexistrar os datos ou a falta de información sobre os estudos epidemiolóxicos polas administracións.
Feijóo pide ao Goberno central que "axilice" a apertura de negocios e acúsao de "certa lentitude"
O presidente da Xunta cre que "a desescalada debe axilizarse" para non converter unha pandemia sanitaria "nunha pandemia social e económica". Ademais, reclama que o desconfinamento se faga por áreas sanitarias e non por provincias.
A Xunta permite de novo o desprazamento ás hortas de autoconsumo, que limitara a 500 metros polo coronavirus
O Goberno galego modifica a orde inicial e permite os "desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención das leiras" no mesmo concello ou ata a cinco quilómetros se están noutro municipio.