O Sergas acepta “todo” o esixido para negociar o novo modelo na Atención Primaria, que non irá á folga
Sanidade asume a creación dun consello técnico no que acordará con todos os colectivos implicados no futuro nos centros de saúde. “O novo modelo xa non pode ser o que pretendía a Xunta", di o comité de folga, que desconvocou o paro previsto desde este martes.
Os problemas da Xunta para cubrir baixas de enfermaría durante as oposicións constatan a escaseza de persoal fixo
O vindeiro 12 de maio celébrase en Silleda o concurso oposición de enfermaría do Sergas, ao que concorrerán máis de 8.000 persoas. Persoal e organizacións advirten de que Sanidade denega ao persoal fixo de enfermaría días libres ese domingo e ofrece xornadas voluntarias con retribucións de 200 euros por quenda
A CRTVG sanciona outro traballador crítico coa dirección mentres o persoal redobra as protestas
Carlos Jiménez foi multado con nove días de suspensión de emprego e soldo por unha falta grave tras locutar un programa emitido pola TVG e non ter, segundo a CRTVG, concedida a compatibilidade para facelo. O persoal ve no expediente outra "represalia" contra persoal mobilizado.
A Xunta volve gabarse dun "acordo" para Atención Primaria que os colexios médicos negan
Colexios e sociedades de enfermaría si recoñecen un pacto co Sergas, que aceptou a creación dunha Dirección de Enfermaría dentro da Dirección de Atención Primaria de cada área sanitaria.
Galicia xunta nun radio de apenas 60 quilómetros tres das 25 empresas máis contaminantes do Estado
A Axencia Europea do Medio Ambiente sitúa a central térmica de Endesa nas Pontes entre as 20 que máis gases de efecto invernadoiro emiten na UE e a primeira en España. A instalación de Meirama e a refinería da Coruña, a pouca distancia, son tamén das que máis contaminan.
Persoal da CRTVG ve noutro aviso da dirección pola vestimenta o intento de acalar os venres negros
Recursos Humanos lembra aos traballadores unha circular de 2013 sobre a súa indumentaria que impide calquera simboloxía ou mensaxe mesmo "non saíndo en pantalla". Traballadores consideran o recordatorio un intento por impedir que se luzan camisetas de #DefendeAGalega.
O primeiro trimestre co novo salario mínimo remata con 19.500 empregos máis que hai un ano
O paro descendeu no mes de marzo en Galicia en 2.868 persoas con respecto ao mes anterior, quedando a cifra total en 170.841 tras baixar en máis de 14.000 en doce meses. No mesmo mes asináronse de 75.000 contratos, dez por cada novo emprego creado.
Marina Castaño nega malversación na Fundación Cela e alega que quixo deixarlla "saneada" á Xunta
A viúva do escritor, o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez, a súa filla e o ex-director da entidade enfróntanse ao xuízo acusados de simular o despedimento deste último e pagarlle 150.000 euros. O que fora membro do Goberno de Fraga lembra que a Xunta avalou aquela operación.
A mobilización sanitaria na Mariña non cesa: "Nin nos rendemos nin nos resignamos"
Unhas dúas mil persoas secundan en Burela unha nova mobilización na defensa da sanidade pública, coa derrogación da reforma sanitaria entre os principais puntos da reivindicación. "Esiximos recursos humanos e materiais, que a ampliación de edificios veña acompañada da ampliación real de servizos", sinalan dende a plataforma convocante
‘SuperDépor, te quiero igual’: a fazaña deportivista xa ten o seu filme
O programa Informe Robinson estrea un documental que repasa a epopea do equipo galego nos catro anos (1991-95) desde que regresa á elite tras case dúas décadas ata que acada o seu primeiro título. Na emotiva reportaxe emerxe como ningunha a figura de Arsenio Iglesias.
Médicos e sociedades científicas negan o "acordo" para a Atención Primaria do que presume Feijóo
O presidente do Consello Galego de Colexios Médicos insiste en que o documento asinado co Sergas "non pechou nada" e nega un pacto, “sobre todo se isto se entende como un aval dunhas políticas, que non o é". O presidente da Xunta dubida tamén dunha folga que será oficial o venres.
A faísca dun cable de alta tensión, principal hipótese da orixe do incendio de Dodro e Rianxo
"Respiramos e xa se ve o día", explica o alcalde de Rianxo na mañá en que xa foi desactivada a alerta de nivel 2 á que obrigara a proximidade das lapas ás casas. Os incendios divulgados pola Xunta dende a fin de semana suman unhas 1.300 hectáreas, pero as palabras do propio Feijóo ratifican que Medio Rural continúa sen ofrecer información de todos os incendios