O lume queimou case 7.000 hectáreas nos montes galegos durante 2019, dúas mil delas nun só incendio
A superficie ardida aumenta en 4.000 hectáreas respecto a 2018. Houbo case 1.700 incendios, a maioría deles en setembro, aínda que o máis grande tivo lugar en marzo no Barbanza, con máis de 1.900 hectáreas arrasadas.
Defende A Galega: o movemento contra a manipulación na CRTVG fai dous anos malia ao desdén da Xunta
Boa parte do persoal da CRTVG mobilízase desde hai dous anos contra o "uso partidista" da TVG e da Radio Galega por parte do Goberno galego, que responde obviando, minimizando ou desprezando as protestas.
Incendio no vertedoiro compostelán de Miramontes, no que a Fiscalía pescuda irregularidades
As lapas comezaron ás 5 da mañá e todo apunta a que foron provocadas pola explosión dos gases acumulados, que afectou unha zona con restos de amianto.
Feijóo cuestiona a aplicación do ingreso mínimo vital que o Goberno central implantará en xuño
O presidente da Xunta reclama coñecer se a renda mínima do Estado se vai "solapar" coa Risga, aínda que o ministro Escrivá xa advertiu de que serían "complementarias". A Xunta aspira a ser unha das comunidades que abandona o mando único e limitar a entrada de visitantes.
A Xunta asume o dilema: anima ao retorno do turismo e advirte de que suporá risco de rebrote do coronavirus
Feijóo anima á chegada masiva de visitantes ao tempo que recoñece que é "o maior risco" de novos abrochos do virus e un "problema a medio e longo prazo". O Sergas e os informes encargados pola Xunta advirten da posibilidade de volver aplicar medidas restritivas.
Os concellos poderán limitar a capacidade e o tempo de permanencia nas praias
A nova norma do Goberno central permite aos municipios "establecer limitacións" no número de bañistas e nas horas de estadía. O Ministerio de Sanidade elimina os límites de acompañantes nos paseos de adultos coa rapazada.
Feijóo responde ás denuncias de "manipulación" na TVG e na Radio Galega atacando a TVE
O presidente da Xunta esgrime os bos datos de audiencia dos medios públicos para rexeitar as críticas do seu persoal polo seu uso partidista. "A maioría dos galegos infórmase neles e cre que a súa información é veraz", di.
O persoal da CRTVG advirte da "manipulación" informativa sobre a pandemia: "É precampaña a prol de Feijóo"
O comité intercentros esixe ao PP que "libere" os medios públicos do seu "secuestro" e denuncia que a cobertura do coronavirus baséase en "criticar e desprestixiar a xestión do Goberno central e louvar a da Xunta".
Galicia detecta un terzo dos casos de coronavirus, que provoca a morte de case dous de cada cen infectados
Os datos do estudo de seroprevalencia da Xunta estima que máis de 30.000 persoas foron contaxiadas e o Sergas informa duns 11.000 positivos acumulados. A taxa de letalidade situaríase no 1,74%.
O estudo da Xunta estima que ningunha área sanitaria superou o 2% de poboación co coronavirus
Unhas 30.000 persoas terían sido contaxiadas en Galicia pola covid, a metade das que apunta o Estado. A área sanitaria e provincia máis afectada é a de Ourense, mentres que Vigo é a cidade onde máis impactou o virus.
A Xunta prevé reabrir os centros de día con aforamento reducido pero aínda non ten data para facelo
A reapertura destas instalacións será en tres fases e cunha ocupación reducida nas primeiras semanas. Galicia mantén o seu peche malia que o Goberno central autorizou a volta á actividade coa entrada na fase 1.
A Xunta abre o prazo para as axudas á compra de libros de texto e o Goberno central amplía as bolsas
O Goberno galego incrementa a partida ata os 20 millóns e flexibiliza os límites de renda para acceder ao fondo solidario. O Executivo central aumenta un 22% o investimento en bolsas de estudo para o curso que vén.