Os cargos públicos da Marea Atlántica dedicarán parte do salario a financiar proxectos sociais
A formación aproba que os seus representantes no Concello e na Deputación destinen o excedente do soldo que marca o seu código ético a unha convocatoria para iniciativas sociais e á creación dunha asesoría gratuíta para persoas en situación vulnerable.
O CIS apunta a un empate técnico entre a esquerda e a dereita en Galicia o 12X
O barómetro de xuño estima que a suma de PSdeG, BNG e Galicia en Común sumaría o 40,2% dos votos fronte ao 39,8% de PP, Vox e Ciudadanos, cunha clara vantaxe dos populares sobre o resto de formacións.
O Sergas volve á 'vella normalidade' coas protestas contra a precariedade que o persoal interrompera polo coronavirus
Profesionais da sanidade pública regresan á rúa para protestar contra a inestabilidade laboral, a "contratación fraudulenta" ou a falta de medios no Servizo Galego de Saúde tras o pico forte da pandemia, que destapou aínda máis as eivas.
A Xunta segue sen pór data á volta aos centros de día, que xa reabriron na maioría das autonomías
Case todas as comunidades teñen xa abertos estas instalacións ou fixada unha data próxima para reabrir as súas portas, mentres o Goberno galego continúa sen aclarar se adiantará un regreso que nun principio estableceu para setembro.
- Documento Coronavirus
- Política
As restricións na mobilidade, ensino e servizos sociais persistirán tras a fin do estado de alarma en Galicia
O final da fase 3 adianta unha semana o incremento na capacidade máxima dos locais e acaba cos límites ás reunións de persoas, pero os centros de día e as escolas infantís seguirán pechadas e os desprazamentos a outras comunidades, vetados.
As ordes contrapostas da Xunta desconcertan os centros de día tras tres meses de peche obrigado
O Goberno galego reactiva o protocolo que suspendera para unha "progresiva" reapertura pero endurece as condicións. O sector divídese entre quen ve por fin "un camiño" para a volta e quen só ve "un parche" que dilatará igualmente o proceso.
Reaparece o protocolo da Xunta para reabrir centros de día tras as protestas de maiores e dependentes
O Goberno galego engade requisitos para a "recuperación progresiva da normalidade" nestes espazos baseándose nun plan que fora eliminado tras adiar a reapertura ata setembro. Política Social engade máis requisitos para poder retomar as actividades.
A Xunta mantén pechados os centros de día e só permite terapias individuais con cita previa
Malia que Feijóo abriu a porta o pasado venres a adiantar a súa reapertura, o Goberno galego segue sen poñer data á recuperación total da súa actividade, que fixou para o vindeiro mes de setembro entre duras críticas de usuarios e profesionais.
O Ministerio propón 1,5 metros de distancia e sen máscara obrigatoria ata os 10 anos para volver ao cole en setembro
O Goberno central adianta a folla de ruta para o intento do regreso presencial de todo o alumnado ás aulas tras o verán. En Infantil e ata 4º de Primaria poderá haber ata 20 alumnos aínda que o "ideal" serán 15.
- Entrevista | Miguel Otero Iglesias Coronavirus
- Política
"A recesión severa polo coronavirus é unha ocasión non só para recuperarse, senón para reconstruír"
O economista e xornalista galego forma parte do comité de sabios no que se apoiou o Goberno central para o plan de desescalada do confinamento. "É un dos máis complexos de Europa, sen dúbida", di.
A xerente da área sanitaria de Santiago irrita o persoal dos hospitais ao ligar a expansión do coronavirus coas salas do café
Eloína Núñez envía un escrito ao persoal no que intenta aclarar as súas polémicas palabras, polas que sindicatos e colectivos profesionais piden a súa dimisión ou destitución, e lembran que ela mesma asinou unha orde que non recomendaba o uso xeral das máscaras a mediados de marzo.
- Reportaxe Coronavirus
- Movementos sociais Ourense
Verín, da loita polo paridoiro do hospital á loita do centro de día
A vila tornou en epicentro da loita pola sanidade pública e os servizos no rural coa mobilización contra o peche da sala de partos. O centro de día municipal impulsou tamén a protesta contra a decisión da Xunta de manter pechados estes espazos ata setembro, implicando familias e Concello.