Galicia é xa a única comunidade autónoma que mantén pechados os centros de día
Aragón, Castilla-La Mancha e Canarias, que aínda non os reabriran, decidiron facelo nas últimas semanas. O resto de territorios xa o fixeran antes, a maioría ao pasar a fase 2 ou 3, pero a Xunta segue sen pór data tras dez día sen estado de alarma no país.
Feijóo carga contra o Goberno central e presume de "resolver problemas e non saír na televisión" durante a crise sanitaria
O presidente da Xunta, durante unha charla co candidato vasco de PP+Cs, Carlos Iturgaiz, ataca con dureza o Executivo de Sánchez, o PSOE e o nacionalismo galego.
Sanidade recúa, pide desculpas polo bono turístico para o persoal sanitario e achácallo a Cultura
O conselleiro Vázquez Almuíña di que se "explicou mal" unha iniciativa que atribúe á Consellería de Cultura e Turismo e que "non é ningunha gratificación" do Sergas aos profesionais.
O tempo húmido e suave reduce a contaminación do aire, que afectou a metade da poboación galega en 2019
Arredor de 1,3 millóns de galegos respiraron aire contaminado, con niveis superiores aos recomendados pola OMS. O tráfico rodado, as centrais de carbón, Cosmos, a refinería da Coruña, Alcoa ou Megasa son os principais focos.
A Xunta Electoral require á TVG que "respecte a neutralidade informativa"
Admite a queixa do BNG, que sinalou que a televisión pública limitara varias informacións de Ana Pontón a unha voz en 'off' mentres emitía declaracións doutros candidatos.
Persoal dos centros de día recea da formación que a Xunta esixe agora para reabriren: "Parece que nos queren entreter"
Profesionais dos servizos sociais advirten dun curso de tres días "repetitivo e nada específico", de escasa utilidade e no que os docentes refírense á Xunta como "Junta de Galicia".
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas advirte dun brote de coronavirus no Barbanza con nove positivos
Oito das persoas infectadas residen en Ribeira e unha na Pobra do Caramiñal, todos con "sintomatoloxía leve". A orixe está nunha persoa que regresou dunha viaxe ao Brasil.
Casado erixe en "referencia do PP" a Feijóo, que agocha as siglas do partido para a campaña
O líder do PP arroupa o presidente da Xunta e anuncia que estará seis veces máis en Galicia ata o 12X. O candidato galego pide non confiarse e presume de "xestión" na sanidade: "A nosa foi a mellor".
Os médicos estoupan contra o "bono propina" da Xunta para gastar na hostalería: "Queremos dignidade"
O Consello Galego de Colexios Médicos e o CESM cargan contra a "frivolidade" da Xunta, á quen reclaman "estabilidade no traballo e recursos suficientes" e a "reversión" dos recortes aplicados desde 2009.
A Xunta endurece un mes despois as condicións da reapertura dos centros de día, que segue sen data
Política Social envía agora un novo protocolo a cada instalación, que deberá especificar as medidas para adaptarse ás novas esixencias, tras a guía remitida o pasado mes de maio.
O PP rexeita que Feijóo compareza sobre a CRTVG entre duras críticas da oposición: "É o NO-DO"
A maioría dos populares veta a comparecencia reclamada por Defende A Galega e toda a oposición, que acusa a Xunta de converter os medios públicos nun "esperpento de censura e propaganda" a prol do presidente galego.
Milleiros de gandeiros galegos únense en demandas colectivas millonarias contra grandes empresas lácteas
O prazo para a presentación da denuncia contra o cártel do leite, sancionado por Competencia, remata o 11 de xullo. Organizacións agrarias e bufetes de avogados animan as explotacións a reclamar o diñeiro non percibido durante anos polos pactos entre compañías.