A conselleira de Política Social "comproba" en campaña a reapertura dos centros de día prevista para despois das eleccións
Fabiola García visita unha das instalacións que reabrirá as súas portas o 15 de xullo, logo de semanas de protestas de profesionais e persoas usuarias tras o anuncio inicial da Xunta de manter estes espazos pechados ata setembro.
O estudo estatal conclúe que menos do 2% da poboación galega pasou o coronavirus, unhas 50.000 persoas
O resultado final estima unha baixa exposición da cidadanía galega á covid, cunha porcentaxe de afectados inferior á media do Estado (5,2% e unha taxa de letalidade do 1,2% no país.
Testemuñas confirman que Garda Civil ou Exército traballaron no Pazo de Meirás tamén tras a morte de Franco
As declaracións ratifican o uso de persoal e fondos públicos no mantemento do inmoble durante a ditadura. Os Franco alegan que foi a familia quen sufragou a reconstrución do inmoble e sinalan a inacción das administracións.
O persoal mobilizado advirte doutra reprimenda da Xunta Electoral á CRTVG por falta de "neutralidade"
O organismo electoral estatal ratifica o reproche da Xunta Electoral de Galicia á TVG por excluír as declaracións de Ana Pontón (BNG). Defende A Galega esixe "un Consello de Informativos que vele pola independencia da radio e a televisión de todas e todos".
- Debate Galegas 2020
- Política
A esquerda amosa a súa sintonía e carga contra os recortes nos servizos públicos que nega o PP: "Non existen"
Caballero (PSdeG), Pontón (BNG) e Gómez Reino (Galicia en Común) únense contra Puy (PP) na crítica á década na Xunta de Feijóo, a quen recriminan a súa "covardía" e "escapismo" por non asistir ao debate organizado pola SER.
- Cronoloxía Coronavirus
- Acontece
Do plan desaparecido á apertura tras as eleccións: as viraxes da Xunta nos centros de día pechados
O Goberno galego decide permitir a reapertura tres días despois do 12X logo de negociala xa en maio, adiala ata setembro e engadir requisitos e protocolos entre a indignación de profesionais, persoas usuarias e familiares.
A Xunta prevé agora a reapertura dos centros de día tres días despois das eleccións
O Goberno galego decide agora permitir a volta á actividade destes espazos desde o día 15, malia que Feijóo advertía aínda o luns do "risco" de reabrilos.
Galicia recupera máis de 10.000 empregos en xuño pero hai aínda 27.000 menos que antes da pandemia
O número de afiliados á Seguridade Social incrementouse de media en 10.628 no pasado mes de xuño. O paro rexistrado descendeu en 6.428 persoas.
A entrega a México do ex-xefe de Pemex irrompe na campaña galega e toda a esquerda pide explicacións a Feijóo
O Goberno mexicano advirte de que Lozoya "dará a coñecer todo o que sucedeu" na petroleira. PSdeG, BNG e Galicia en Común advirten da "grande estafa" do acordo da empresa estatal coa Xunta e demandan aclarar a relación cos investigados.
A Xunta frea a reapertura de centros de día con plans contra o coronavirus avalados por Sanidade
O Goberno galego veta a volta á actividade de centros que achegaron plans de continxencia avalados polo Sergas e cumpren cos seus propios requisitos. Feijóo insiste en que o Executivo non os abre para "coidar os maiores".
O ex-director de Pemex que apadriñou os negocios coa Xunta acepta ser entregado a México e colaborar na investigación
Emilio Lozoya, que rubricou co Goberno de Feijóo varios acordos, será extraditado e axudará a esclarecer os casos investigados, que inclúen a polémica compra de Barreras por parte da petroleira mexicana.
A central de Meirama desconéctase tras 40 anos e inicia a descarbonización que seguirá nas Pontes
A instalación de Naturgy en Cerceda desconéctase este martes tras 40 anos e acaba de vez coa queima de carbón, á que Endesa porá fin axiña. As dúas centrais supuñan un terzo das emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia, pero tamén un importante polo industrial e de emprego.