A oposición únese para pedir a Feijóo que compareza sobre a súa relación co directivo de Pemex detido
PSdeG, Común da Esquerda, BNG e grupo mixto solicitan conxuntamente a convocatoria urxente da deputación permanente para que o presidente da Xunta explique "as relacións do seu goberno con cargos de Pemex imputados por presunta corrupción".
O Goberno de México e a Fiscalía estreitan o cerco sobre os negocios de Pemex en Galicia
A petroleira, o Tribunal de Contas e o Ministerio Fiscal investigan a compra de Barreras. A prensa mexicana advirte dos polémicos acordos coa Xunta, sinala a Feijóo e advirte do interese de Peña Nieto e Rajoy por aquela alianza agora posta en dúbida.
A Fiscalía mexicana tamén investiga o ex-director de Pemex pola compra de Barreras avalada pola Xunta
A Unidad de Inteligencia Financiera de México advirte da investigación aberta contra Emilio Lozoya pola adquisición do estaleiro vigués, que foi denunciada ante a Fiscalía e posta en dúbida polo Tribunal de Contas mexicano.
Detido en España o director xeral de Pemex que apadriñou os acordos co Goberno de Feijóo
A detención do directivo que liderou a "alianza estratéxica" da Xunta coa petroleira mexicana aumenta as sombras sobre uns negocios no punto de mira da Fiscalía mexicana, ante a que denunciou a empresa a compra de Barreras.
Adega sinala a fichaxe de Mato por Greenalia: "As decisións da súa Consellería teñen agora recompensa"
A organización cre que o caso "exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política" e lembra que a Xunta fixo unha "modificación da lei á carta" para favorecer esta empresa sendo a ex-conselleira titular de Medio Ambiente.
- Vídeos Pola sanidade pública
- Acontece
A enfermería eventual denuncia a "precariedade" que condena á emigración e a "censura" do Sergas
Eventuais en Loita achega testemuños de persoal emigrado a lugares "onde si valoran a formación, o interese e a implicación e respectan os dereitos laborais" e contraponos á xestión dunha Xunta á que acusan de "vulnerar a liberdade de expresión" por vetar carteis críticos.
O Supremo confirma a condena á CRTVG por vulnerar o dereito á folga feminista do 8M
O alto tribunal acusa a Corporación de substituír a presentadora dun informativo polo seu xefe para "limitar o dereito de folga" e "neutralizar o efecto propio e esencial do exercicio dese dereito" e confirma o ditame do TSXG.
A Xunta tamén recúa no consentimento "reforzado" para os partos en Verín: "Entendeuse mal"
O conselleiro Vázquez Almuíña di que non haberá permiso "asinado de forma adicional" no hospital comarcal tras advertir o Sergas de que se aplicaría alí "especificamente" e dicir Feijóo que implicaba a "autorización" das familias e a asunción de responsabilidades dos xinecólogos.
Feijóo encoméndase ao dogma da "estabilidade" e a esquerda, á vaga de cambio iniciada en 2019
O actual presidente da Xunta procura apañar todo o voto do centrodereita consciente da apertada loita duns comicios que chegan con liderados consolidados no PSdeG e BNG, pero cun espazo rupturista aínda dividido e por definir
A ex-conselleira Beatriz Mato ficha pola empresa enerxética Greenalia aos dous meses de deixar a política
A ex-titular de Medio Ambiente na Xunta e ex-portavoz do PP na Coruña incorpórase á empresa como directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC e da futura fundación.
- Con vídeo
- Movementos sociais Lugo
Veciñanza de Piornedo lanza un SOS para teitar as pallozas
Unha asociación de propietarias impulsa unha campaña de mecenado para salvar os teitos de palla de centeo deste conxunto declarado BIC e ante a falta de axudas das administracións.
- Reportaxe Galegas 2020
- Política
O PSdeG olla ao modelo escocés para reverter o despoboamento no rural
Gonzalo Caballero propón a creación dunha axencia semellante á Highlands and Islands Enterprise, clave no desenvolvemento económico das Terras Altas de Escocia, que detivo a sangría demográfica para aumentar a súa poboación nun 22% nos últimos 50 anos.