Denuncias, folga de fame e acampada: os bombeiros comarcais amplían a protesta
Advirten de "nulos avances" na negociación dun novo convenio e acusan a Xunta e deputacións de "constantes mentiras" e "ignorancia". Reclaman tamén a dimisión do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva.
Sánchez mantén o núcleo duro do Goberno, con Calviño e Díaz de vicepresidentas
Reforza a Bolaños, que será ministro de Presidencia e Xustiza, e ascende a María Jesús Montero á vicepresidencia cuarta nun executivo no que Igualdade volve ao PSOE, no que non haberá carteiras para Podemos e do que cae o galego Miñones.
Penouta: a mina do 'ouro negro' que une empresa, sindicatos e partidos contra o TSXG
A paralización cautelar en Viana do Bolo da única explotación mineira de coltán en Europa, ditada por unha sentenza xudicial, ergue as protestas de concellos, Xunta, traballadores e organizacións empresariais contra a decisión, impulsada por unha denuncia de Ecoloxistas en Acción, que advirte da contaminación da Rede Natura.
- 📺
- Política
Os bombeiros comarcais endurecen a protesta contra Xunta e deputacións
Persoal contra incendios, que suma cinco meses en folga, leva as súas protestas a Santiago e advirte de que recruará as mobilizacións se as administracións non buscan xa solucións a un conflito enquistado.
Pedro Sánchez, presidente por maioría absoluta para unha lexislatura "complexa"
O líder do PSOE obtén 179 votos a favor, sete máis dos logrados por Feijóo e doce máis que hai catro anos, e confirma a presidencia dun novo goberno de coalición progresista apoiado polas forzas soberanistas.
Sánchez e Rego alentan o acordo PSOE-BNG para "superar anos de inacción e retroceso en Galicia"
"Oxalá o cambio chegue á Xunta e poidamos impulsar a axenda de transformación para Galicia", dille o presidente do Goberno de España ao portavoz do BNG, advertindo da necesidade mutua para unha mudanza política na Xunta.
Feijóo acusa de "corrupción" a Sánchez, que denuncia a súa etapa na Xunta: "Nin moderado, nin bo xestor"
O presidente do Goberno de España responde ás críticas do líder do PP lembrando a "fracasada fusión" das caixas galegas ou o elevado aumento da débeda galega e advirte que Manuel Fraga "sae gañando na comparación": "El distanciouse do franquismo e vostede afástase dos principios democráticos e desfila cos franquistas de Vox".
Sánchez defende a amnistía para manter o "muro" fronte ás "forzas reaccionarias"
O líder do PSOE avoga pola súa investidura advertindo da alternativa que suporían as "dereitas retrógradas" de PP e Vox e pola amnistía para "consolidar os avances logrados". Di apostar polo "diálogo e o perdón" fronte á "receita" dos populares que "conduciu ao desastre en Catalunya".
Galicia acolle a primeira sentenza que recoñece a indemnización a un pai por negarlle o plus de maternidade
O TSXG ditamina por primeira vez indemnizar un pensionista ao que a Administración lle denegou o complemento. A Seguridade Social deberá aboarlle 1.500 euros polos prexuízos que lle causou esa "discriminación".
- Datos Crise de prezos
- Economía
A inflación anual dos alimentos rolda o 10% en Galicia, que mantén o IPC por riba da media estatal
Só Andalucía, Cantabria e as Canarias superan a taxa interanual da alimentación no país, onde o prezo do aceite suma unha suba de case o 50% desde outubro do ano pasado.
A lei de amnistía di buscar solución "desde a política" ao "conflito" e reivindica o respecto á Constitución
A lei amnistía a "responsabilidade penal, administrativa e contable" derivada do 'procés' desde 2012 até hoxe. Non inclúe referencias á investigación de casos de lawfare, fai un recoñecemento á policía e restrinxe as "metas" políticos ao "ordenamento xurídico nacional e internacional". A proposta busca "garantir a convivencia dentro do Estado de dereito".
Ansiedade, impagos e folga: as limpadoras de Correos, camiño dos cinco meses sen cobrar
Arredor de 300 traballadoras suman 130 días sen soldo e manteñen a folga para reclamar os meses que lles debe a empresa contratada pola compañía estatal para a limpeza dos seus centros.