A loita dos bombeiros contra a precariedade: o vello conflito que deixou a privatización
As protestas do persoal de extinción dos parques comarcais por mellores salarios e máis medios teñen a súa orixe na desprivatización dun servizo que ata hai pouco dependía das concesións a empresas e que mantén moitas das eivas daquela época.
- Interactivo
- Acontece
O Defensor del Pueblo localiza abusos sexuais na Igrexa por toda Galicia
Estima que o 1% das persoas sufriu abuso sexual infantil nun ámbito relixioso e identifica 42 lugares en Galicia nos que houbo polo menos un caso, indicando que a arquidiocese de Santiago foi das máis colaboradoras e a de Mondoñedo-Ferrol, das que menos.
"Pobres, nunca máis": os bombeiros seguen na rúa tras rexeitar Xunta e deputacións as súas demandas
O persoal de extinción maniféstase ante a sede do ente provincial da Coruña tras superar os catro meses de folga. As administracións cren excesivas as demandas salariais dun colectivo que cobra de media, segundo denuncian, 1.200 euros ao mes.
A Xunta reordenou as liñas de bus sen ter en conta os medios de transporte de cada núcleo de poboación
O Consello de Contas revela que algunha concesionaria "non tiña intención" de pagar o canon fixado pola Xunta e que esta non verificara o cumprimento desa obriga ata que o ente fiscalizador iniciou a súa auditoría.
- Datos
- Economía
Galicia non tiña unha taxa de paro tan baixa desde antes da crise de 2008
Sitúase no 9,3%, a menor desde a caída de Lehman Brothers hai quince anos. Entre xullo e setembro creáronse en Galicia 14.200 empregos e a poboación activa alcanzou a maior cifra en 17 anos.
O profesorado mobilízase contra o acordo educativo nunha folga que a Xunta reduce ao mínimo
Os sindicatos cifran o seguimento do paro en máis dun 60% e Educación redúceo a pouco máis do 15%. CIG-Ensino, STEG e CSIF advirten de novas mobilizacións se a Consellería non rectifica e abre negociacións para "superar" o pacto "das renuncias".
- 📺
- Política
España ve "máis cerca" a oficialidade do galego na UE malia o receo de países bálticos
O ministro Albares sostén o "avance" da "proposta adaptada" que fai o Goberno, que "se circunscribe exclusivamente ao caso de España" polo "caso único" do galego, o catalán e o vasco na Unión. Lituania e Letonia amosan o seu escepticismo ante a proposición.
A folga no ensino mide o malestar e a división tras o acordo sen apoio da maioría sindical
CIG-Ensino convoca o profesorado a un paro este martes co apoio de STEG, CSIF e CUT contra o pacto educativo asinado entre a Xunta e os sindicatos CCOO, ANPE e UGT. Cada centro escolar decidirá os servizos mínimos.
A obra "monumental" sobre o golpe e a guerra civil en Galicia que racha tópicos desde a periferia
Un novo traballo no que participan unha vintena de investigadores supón a maior investigación contemporánea sobre o conflito no país, baseada na idea do territorio galego como laboratorio do fascismos para a construción do que logo sería a ditadura. Falamos cun dos coordinadores do libro.
- Análise Escola pública
- Política
Rueda cóase na sinatura dun acordo "histórico" no ensino que a CIG cualifica de "infamia"
O presidente da Xunta acompaña o conselleiro e os sindicatos na firma do documento para a redución de ratios e horario lectivo que asinan tres organizacións pero non a central maioritaria, que chama á folga e advirte dun pacto "supeditado ao calendario electoral do PP".
O Goberno de España recorre a lei galega do litoral e a Xunta acúsao de querer "confrontar"
O Executivo central presenta recurso ante o Constitucional contra a normativa por "invadir competencias estatais" e "incorporar de maneira unilateral o mar" ao seu territorio. Rueda contrapón o trato a unha Galicia "leal e respectuosa" coa Constitución coa "manga ancha" ás demandas do independentismo catalán.
A CIG anuncia folga no ensino contra a proposta da Xunta para reducir 'ratios' que si apoian CCOO, ANPE e UGT
A central nacionalista, sindicato maioritario en educación, convoca paro xeral para o 24 de outubro contra a proposición da Consellería que si aceptan o resto de organizacións na mesa sectorial. O plan prevé unha redución a 20 estudantes como máximo nas aulas de Primaria e Infantil que se completaría dentro de nove anos.