Correos admite o risco por falta de hixiene nas súas oficinas e as limpadoras manteñen a folga
As traballadoras, ás que a concesionaria debe dous meses de soldo, deciden seguir co paro indefinido iniciado hai máis dun mes. Sindicatos acusan a empresa estatal de "ocultar" á Inspección a situación de insalubridade dos seus centros.
Pontón augura un "cambio imparable" e presenta o seu programa de goberno para "un tempo novo"
A líder do BNG contrapuxo o modelo "de esperanza" do BNG a unha Xunta do PP "trituradora do presente e do futuro dun país".
- Debate 2023
- Política Ao vivo
Un debate de política xeral como anticipo da campaña que vén
O Goberno de Rueda e a oposición de BNG e PSdeG expoñen as súas alternativas políticas coa vista xa posta nas próximas eleccións galegas
- Análise A fin do carbón
- Economía
A fin da térmica das Pontes, o gran foco de impacto climático: 17 veces as emisións de Galicia
A central foi durante anos unha das factorías máis contaminantes de Europa e a que emitía máis gases de efecto invernadoiro no Estado. As emisións durante o seu medio século de vida supoñen 17 veces as de toda Galicia en 2021 e, ata o declive do carbón, supoñían case un terzo das de todo o país.
Oito de cada dez colexios concertados en Galicia cobra ás familias cotas prohibidas por lei
A metade destes centros impón pagos obrigatorios que están vetados pola lexislación ou exclúe o alumnado que non os abona, segundo un informe sobre a escola privada con concertos, aos que a Xunta destina 317 millóns de euros ao ano.
Impagos, folga e lixo acumulado nas oficinas: o novo contrato de limpeza provoca o caos en Correos
Limpadoras e empregados de Correos sinalan a compañía estatal por contratar para o servizo unha "empresa pirata" que debe varios salarios a máis de 300 traballadoras en Galicia que seguen en folga indefinida. O paro provoca a falta de hixiene e insalubridade en varios centros que xa foi denunciada en Inspección de Traballo.
Política Social abre expediente ao persoal que denunciou a filtración das datas de inspección ás residencias
A Consellería chama a declarar aos inspectores na súa sede para "determinar as posibles responsabilidades que xustifiquen a iniciación dun procedemento disciplinario" contra eles.
Adeus ao carbón nas Pontes: Galicia apaga un símbolo industrial e a central de maior impacto climático
A térmica de Endesa deixa de operar logo de case medio século de actividade e catro anos despois de que a empresa solicitase o seu peche.
"Todo o que ocorreu coas '15' na selección española pasou antes no Deportivo"
O diario 'Relevo' debulla o motín no vestiario na tempada 21-22 contra un técnico ao que membros do equipo acusan de trato discriminatorio e comentarios despectivos. A segunda adestradora denuncia graves consecuencias: "Tiña medo de saír á rúa". Falamos con outra testemuña daquela situación que sae á luz con detalle dous anos despois.
- Datos
- Economía
A fin do verán destrúe 6.800 empregos en Galicia e fai subir o paro en case 3.000 persoas
O ritmo de crecemento do desemprego foi tres veces maior ao da media estatal, sendo a galega a terceira comunidade autónoma na que máis creceu en cifras totais.
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
A semana en que Feijóo pediu ser investido líder da oposición
Tras constatar hai dous meses que non tiña apoios para ser elixido presidente, o popular deu nos últimos días, na rúa e no Congreso, os primeiros mitins das próximas eleccións xerais para chegar á Moncloa "se non agora, pronto"
Feijóo repite fracaso na investidura mantendo o idilio con Vox e compracendo a ala dura do PP
A maioría absoluta do Congreso volveu rexeitar a candidatura á presidencia do líder do PP, que pediu unha repetición electoral e tirou do seu discurso máis duro para certificar a súa alianza coa ultradereita e un menor apoio aínda entre o resto da Cámara.