O PP négase a consensuar un novo decreto do galego no ensino malia os datos que advirten do seu devalo
Os populares rexeitan a iniciativa do BNG para impulsar un novo plan de normalización do galego nas aulas e acusan a formación nacionalista de "non deixar á marxe a súa visión pesimista sobre a lingua".
Máis da metade dos médicos de familia que remataron o MIR en Galicia desde 2017 rexeitaron traballar na Atención Primaria
Segundo datos recompilados por profesionais do propio Sergas, en 2021 só arredor do 40% do persoal que finalizou a residencia quedou nos centros de saúde, que seguen sufrindo a escaseza de recursos. "Este é o gran problema da sanidade pública galega", din desde o Consello Galego de Colexios Médicos
"A maioría da rapazada sorpréndese ao escoitar certos estilos musicais en galego; non os asocian á nosa lingua"
Manuel Maseda é un dos impulsores de Ao Son da Nosa Música, proxecto socio-educativo que trata de conectar e difundir as actividades nas aulas arredor da música en galego e achegar ao alumnado unha "importante produción artística de calidade" que é "maioritariamente descoñecida" nos centros educativos.
- Datos
- Economía
O paro cae en Galicia tras dous meses de suba, pero por baixo da media estatal
O número de parados rexistrados baixou en 1.298 persoas en novembro, un descenso do 0,48% inferior ao do 2,28% no conxunto do Estado.
O rescate a autónomos e empresas da Xunta pola COVID: catro plans, 134 millóns sen repartir e o 56% de fondos estatais
O Goberno galego impulsou o último plan coa dotación do Estado que quedara sen executar no anterior, case o 60%, por mor das "condicións ríxidas e restritivas impostas do Executivo central", segundo a Consellería de Emprego. Persoal autónomo admite que "houbo moita xente que quedou fóra", pero tamén que son "axudas boas e rápidas"
Un estudo sobre hábitos musicais alerta de que o 40% da rapazada non coñece artista ou grupo ningún que cante en galego
O proxecto socio-educativo Ao Son da Nosa Música elabora unha enquisa entre máis dun milleiro de escolares de entre 10 e 18 anos que revela que o 80% non escoita nunca ou case nunca música en galego.
A contratación de seguros de saúde suma xa cinco anos de incremento en Galicia, aínda por baixo da media estatal
Máis do 16% da poboación galega ten póliza privada, case 440.000 persoas, tras un incremento continuo do número de persoas aseguradas desde 2015.
Muller, hostaleira e temporal: a precariedade marca os 200.000 empregos protexidos por ERTE en Galicia
Case a metade do persoal de restauración e ocio pasou en 2020 por un expediente temporal, mecanismo que amparou tamén sobre unha cuarta parte do traballo na industria e no comercio no país.
O oriente ourensán sae tamén á rúa por unha "sanidade digna" ante a falta de recursos no hospital comarcal
A xunta de persoal do distrito sanitario de Valdeorras convoca unha marcha este domingo logo de mes e medio de concentracións para denunciar a "carencia" de persoal e o masivo traslado de pacientes a Ourense: 80 ao mes.
Enel ratifica o peche inmediato da central das Pontes e adianta a fin do negocio do gas a 2040
A firma propietaria de Endesa aclara que a reactivación da térmica débese á situación "anormal" do mercado e que "non hai ningún paso atrás" respecto da previsión de clausura.
Cota nas plataformas audiovisuais ou fondos para a dobraxe: o pulo ao galego do pacto ERC-Goberno central
O pacto entre Esquerra e o Executivo para os Orzamentos establece un 6% do contido en linguas cooficiais, un fondo para tradución e subtítulos ou que o 10% dos impostos ao 'streaming' se destine á produción en linguas cooficiais.
Movistar suprime o teléfono fixo no Courel sen alternativas con cobertura ou acceso para todos os núcleos
A empresa de Telefónica ergue as protestas de Concello e veciñanza tras advertir aos seus clientes de Folgoso que deixará de prestar servizo fixo sobre rede de cobre e ofrecer fibra óptica, que non chega a moitos lugares, ou vía móbil, con moitas áreas sen cobertura.