O xulgado arquiva a causa contra as persoas que ocuparon simbolicamente o Pazo de Meirás
Os autodenominados '19 de Meirás' cualifican como "vitoria" o arquivo da causa, que non é firme e pode ser recorrido polos Franco á Audiencia Provincial.
A dirección do PSOE dá o mando do Congreso Nacional do PSdeG ao equipo de Formoso e destitúe o que nomeara Caballero
Ferraz nomea unha comisión organizadora proposta polo novo secretario xeral que se encargará tamén da "xestión ordinaria" do partido ata a celebración do cónclave.
Galicia sae da crise laboral da COVID afondando nun modelo baseado no turismo e o sector servizos
Desde a chegada da pandemia, creáronse 11.000 empregos no sector servizos e perdéronse 1.400 na industria; a hostalaría ten uns 2.000 asalariados máis agora que no mes anterior ao confinamento.
"Sen resposta" da Xunta ás eivas do psiquiátrico de Conxo malia as denuncias do Defensor e o compromiso co Parlamento
O último informe do Alto Comisionado advirte da falta de actuación e volve denunciar as graves irregularidades que xa advertira catro anos antes e que a Cámara instou a arranxar o pasado marzo. O Goberno galego encargou unha auditoría que xa se levou a cabo e o Sergas abordará a situación con familiares de pacientes e profesionais.
O paro sobe en outubro en Galicia, que volve rachar coa evolución positiva do mercado laboral no Estado
As inscricións nas oficinas de emprego aumentan en 991 persoas e a afiliación media á Seguridade Social descende en 1.578. Baixa o persoal en ERTE vinculados á pandemia pero aumentan os expedientes por causas económicas, técnicas, organizativas e de producción.
"O plan da Xunta para a Atención Primaria pode crear máis sobrecarga; hai que buscar solucións, non parches"
Isidro Lago, presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, insiste no rexeitamento á iniciativa da Xunta para que persoal administrativo derive pacientes ou farmacéuticos prescriban medicamentos, e pide ao Sergas que "ofreza contratos de longa duración e decentes".
Valentín González Formoso: o triunfo do pragmatismo discreto
O novo secretario xeral do PSdeG mantén desde hai anos perfil propio, gabado e criticado á vez: o de quen lidera unha marcha contra o peche dun colexio, reivindica a vella política ou vai da man de Feijóo nas demandas por reactivar a central térmica.
Valentín González Formoso, elixido novo secretario xeral do PSdeG con case o 60% dos votos
O presidente da Deputación da Coruña supera en case 1.400 votos a Gonzalo Caballero, impulsado polo importante apoio na maioría das cidades e unha ampla vitoria nas provincias do norte.
Os médicos rebélanse contra o plan do Sergas para retirarlles competencias na Atención Primaria
Os colexios médicos advirten de que recorrerán mesmo "pola vía xudicial" as medidas que prevén que persoal administrativo poida derivar pacientes ou que os farmacéuticos prescriban medicamentos. Acusan a Xunta de querer "transferir" parte das súas competencias para "compensar a falta de profesionais".
O conflito que non cesa na CRTVG: folga, 180 'venres negros' e reivindicación da información local
O persoal mobilizado de TVG e Radio Galega cumpre 180 semanas demandando o cumprimento da lei de medios e denunciando "manipulación". O paro de persoal interino provocou o xoves cambios na programación.
- EPA Coronavirus
- Economía
O emprego volve en Galicia a niveis previos á COVID e o sector servizos segue gañando peso fronte ao devalo industrial
O impulso do verán deixa atrás o impacto da pandemia no mercado laboral galego, que afonda na terciarización: a ocupación aumenta en 44.500 persoas nun ano nos servizos mentres cae en 15.000 no resto de sectores.
A Mariña vai á folga xeral farta do "abandono" e pola "supervivencia" da comarca
CIG, CCOO e UGT convocan o paro o 17 de novembro en demanda de resposta á crise industrial, pero tamén á continua perda de servizos e falta de investimentos e infraestruturas. Falamos coa alcaldesa de Viveiro (PSdeG), a de Barreiros (BNG) e o de Cervo (PP).