A CRTVG recomenda ao persoal "revisar movementos non consentidos" nas súas contas tras o ciberataque que filtrou datos persoais
Confirma que o ataque provocou a exposición a redes criminais de datos de persoas que mantiveron unha relación contractual coa Corporación e pide aos profesionais que comproben os correos electrónicos, as redes sociais e as contas bancarias.
- Datos
- Economía
A fin da temporada alta do verán apenas destrúe emprego en Galicia
O paro rexistrado subiu en 280 persoas en agosto, mes no que a Seguridade Social perdeu 217 afiliadas. O desemprego increméntase só no sector servizos, con lixeiros descensos na agricultura, a industria e a construción.
Parto acompañada e sen separación do bebé malia a cesárea: a loita das nais xa fai mudar os protocolos no Sergas
A "presión social" leva varias áreas sanitarias a mudar a forma de atender os nacementos logo de múltiples queixas de mulleres que cambian de hospital para evitar ser separadas do seu fillo tras unha cesárea, incumprindo as recomendacións de organizacións médicas e da propia Consellería de Sanidade.
O ciberataque á CRTVG expón datos sensibles a redes criminais globais
Un ataque informático inhabilitou boa parte dos servizos dos medios públicos durante días e 'secuestrou' información persoal de traballadores agora exposta.
- ⚽️
- Deportes
Teresa Abelleira, a galega precoz que xa brilla no Mundial de fútbol
A pontevedresa dirixe o xogo da selección española que vén de facer historia ao conseguir o pase ás semifinais da Copa do Mundo. Filla de adestrador, con 16 anos xa levaba o brazalete no Deportivo, onde foi estrela ata acabar no Real Madrid.
- Crónica #DefendeAGalega
- Política
A noticia reescrita que fixo estoupar o enésimo conflito na CRTVG
Os procesos xudiciais contra a Corporación deitan luz sobre o que comité e persoal mobilizado cualifican de "manipulación informativa". Un xornalista denunciou a modificación dunha peza para agochar a suba do IPC en Galicia, caso que foi analizado con detalle na súa demanda e na vista oral. O comité denunciou o "traslado forzoso" do xornalista e a corporación pública nega que aplicase represalia ningunha
O BNG esixe á Xunta que investigue xa as posibles filtracións a centros de maiores das datas das inspeccións
A deputada Olalla Rodil esixe que se abra de maneira "inmediata e coa máxima dilixencia" unha investigación sobre a denuncia da Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais, cuxos feitos relatados considera "escandalosos".
Inspectores acusan a Política Social de "filtrar" a centros de maiores a data das visitas e a Xunta di que menten
A Asociación Galega de Inspectores e Inspectoras de Servizos Sociais acusan a Consellería de "obstaculizar a eficacia" do seu labor e denuncia "filtracións" ás residencias para "tapar só durante a visita as irregularidades e ilegalidades nas que están incorrendo".
- 📺 Entrevista | Lucía Casal Mans da Galicia que vén
- Acontece
Moza, gandeira, 'tiktoker' e premiada polo ministerio: "O futuro do rural está nas nosas mans"
Esta gandeira melidense de 20 anos é Premio Nacional de Mocidade 2023 por reivindicar nas redes o seu traballo nunha granxa semi-extensiva, orientar a xente nova e apostar polo desenvolvemento sostible, o benestar animal e o respecto ao medio ambiente.
A amplificación do negacionismo engádese ao verán como risco para o aumento da violencia machista
Os oito asasinatos machistas no Estado en xullo corroboran a tese das expertas, que alertan do maior risco de violencia contra as mulleres durante as vacacións e sinalan que a difusión de proclamas contra o feminismo e as políticas de igualdade no contexto electoral "reforza o agresor"
A conselleira de Política Social percorre América asinando convenios mentres o voto exterior se revela crucial
Fabiola García visitou nunha semana tres países, varias cidades e nove entidades galegas, ademais de asinar seis protocolos de colaboración por 80.000 euros
Sanidade pacta pagar xa en 2024 ao persoal que tamén traballa na privada o plus de quen exerce só na pública
A Consellería asina un preacordo co CESM para concretar unha promesa que fora clave para pór fin á polémica folga convocada en exclusiva por este sindicato o pasado abril. Os profesionais médicos que exerzan tamén na privada percibirán un complemento de 720 euros mensuais, fronte aos 900 dos que só o fan no Sergas.