Galicia multará os menores que consuman bebidas enerxéticas e prohíbeas en máquinas expendedoras
Prohibe a publicidade destes refrescos a menos de 200 metros dos centros de ensino e impón elevadas sancións a quen as venda á rapazada. Tamén prohibirá fumar preto dos colexios e dos recintos sanitarios e multará os concellos que permitan o botellón con ata 15.000 euros.
Inspección de Traballo sanciona a CRTVG por contratar persoal "en fraude" para as vacacións
Condena a Corporación por facer un contrato artístico a un locutor de radio e por non ter acudido ás listas de contratación. O comité denuncia que "fraudes" coma esta xeraron "máis de 400 condenas por cesión ilegal ou uso abusivo e fraudulento da contratación temporal" na empresa.
- Análise Xerais 23X
- Política
De 2020 a 2023: o acordo BNG-PSOE, máis ambicioso en infraestruturas pero sen transición verde
O pacto asinado entre nacionalistas e socialistas para a investidura de Sánchez é máis amplo e concreto en canto ás melloras na rede viaria e ferroviaria e ás medidas sociais que o acordado hai case catro anos, do que se repiten unha decena de puntos.
PSOE e BNG asinan un acordo para Galicia con arrecendo electoral
Socialistas e nacionalistas firman o documento coa presenza dos seus candidatos á Xunta. Besteiro lembra que "a investidura non precisa do pacto pero Galicia si" e sinálao como o inicio dun "tempo novo" no país. Pontón cre que o acordado "demostra que o Bloque fai a política útil que mellora as condicións de vida da cidadanía”.
A Xunta privatizará a xestión da residencia que Amancio Ortega doou en Santiago
Política Social encomendará a xestión a unha entidade social sen ánimo de lucro, segundo adiantou a conselleira Fabiola García.
As traballadoras da limpeza en Galicia rebélanse contra a súa precariedade
A folga en Lugo, as protestas en Ourense e Pontevedra, o paro do persoal en Correos ou as mobilizacións entre as limpadoras da Xunta e dos hospitais deitan luz sobre un sector feminizado e precarizado onde, en moitos casos, os soldos non alcanzan o salario mínimo.
Outra declaración institucional en outono: a Xunta volve tirar de aldraxe e Catalunya a pouco das eleccións
O Goberno galego volve emitir unha mensaxe oficial na que denuncia supostos "agravios" a Galicia en favor de Catalunya, ao igual que fixera hai oito e catro anos, a escasos meses dunha nova cita coas urnas.
- Datos
- Economía
Galicia pecha outubro con 2.700 persoas paradas máis tras destruír case 3.300 empregos
A cifra total de persoas desempregadas (133.348) é, no entanto, a máis baixa nun mes de outono en 27 anos e supón que hai 10.372 menos que hai un ano.
A Xunta pretende vetar as bebidas enerxéticas a menores, reducir espazo ao tabaco e acurralar o botellón
Comeza a tramitación da lei que veta estes refrescos —que consomen acotío 16.000 mozos en Galicia—, que prohibe fumar a menos de 50 metros de centros escolares e sanitarios e que permite á Administración multar Concellos que permitan o botellón.
Un de cada cinco escolares en Galicia sufriu acoso e o 85% dos pais non cre que os seus fillos o provoquen
O 20% da rapazada di ter sufrido bullying e o 23% das familias considera que os seus pequenos sufrírono algunha vez, segundo un estudo publicado con motivo do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar.
O conflito dos bombeiros recrúa: Xunta e deputacións cargan contra unhas demandas "inviables"
José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, cualifica de "inadmisible" a petición de suba salarial, acusa os traballadores de "mentir" e advirte dun acordo "complicado". O persoal contra incendios volveuse manifestar por un convenio digno na capital lucense.
O Estado recoñece e repara a Castelao na homenaxe ás vítimas da represión á que rexeita ir Feijóo
O escritor e político galego foi un dos 18 persoeiros recoñecidos este luns polo Goberno de España no 'Día de Recordo e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura' ao que non acudiu o ex-presidente da Xunta e líder do PP.