PSdeG e BNG garanten un goberno "progresista" na Coruña pero Jorquera pide a Inés Rey "corrixir cousas"
O Bloque advirte de que a súa actitude será "firme e esixente" porque "non lle vale a experiencia dos últimos catro anos" e lembra os "incumprimentos" do goberno local socialista neste mandato.
Olga Novo, Cristina Morales e Christina Rosenvinge estarán na SELIC de Santiago, que regresa á Quintana
O festival da lectura de Santiago celébrase do 9 ao 18 de xuño na praza da Quintana co propósito de "levar o protagonismo do papel ao directo", a presentación da SELIC Criminal e a participación de escritores como Cristina Morales, Diego Ameixeiras ou Bernardo Zannoni
O BNG inicia negociacións con PSdeG e Compostela Aberta para facer a Goretti Sanmartín alcaldesa cun goberno "amplo e estable"
Sanmartín pide "ter un goberno forte e sólido que comece a traballar" inmediatamente despois da súa investidura como alcaldesa o 17 de xuño. O candidato popular, Borja Verea, insiste en pedir aos socialistas que faciliten coa súa abstención o seu goberno en solitario por ser o PP a forza máis votada
A Xunta volve negarse a negociar a conciliación dun traballador e o TSXG volve condenala, agora con 6.000 euros de indemnización
Son xa varias as sentenzas que veñen censurando o silencio do Goberno galego a sequera estudar, como esixe a lei, posibles cambios na xornada laboral de traballadores para atender das súas familias
A esquerda retén as deputacións da Coruña e Lugo e perde a de Pontevedra mentres Baltar queda sen absoluta en Ourense
O PP volverá o goberno provincial de Pontevedra dous mandatos despois pero non ten asegurado o de Ourense. PSdeG e BNG gobernarían na Coruña e tamén na de Lugo, onde a coalición pendeu dunha estreitísima marxe de votos
Jácome, o máis votado en Ourense: só a unión do resto de partidos contra el evitaría que renove a alcaldía
Democracia Ourensana sobe máis de dez puntos e suma dez edís. O polémico rexedor repetiría á fronte do Concello se non hai un acordo entre PP, PSdeG e BNG.
- Política Ao vivo
28M | A esquerda seguirá imperando no groso da Galicia urbana malia ás vitorias do PP en Ferrol e de Jácome en Ourense
Case 1.200 candidaturas compiten para sumar os arredor de 3.700 edís que comporán as 313 novas corporacións municipais galegas que elixirán cadansúas alcaldías e, por extensión, tamén os gobernos das catro deputacións. Todo, nunha xornada que abre un longo ciclo electoral en Galicia.
- Galería Municipais 28M
- Política
Reflexionando á vista de todos
Candidatos e candidatas e líderes de todas as formacións amósanse en público na xornada previa ás eleccións na que legalmente non poden pedir o voto... pero si evidenciar a súa existencia
Unha ducia de cousas que pasaron á marxe da campaña electoral (e unha que suporá outra campaña electoral)
Recuperamos algúns dos principais temas que publicamos en Praza nas dúas últimas semanas e que se che puideron pasar entre o balbordo dos mitins
Remata a campaña do 28M con chamadas a "non quedar na casa", concentrar apoios e ao "voto útil"
A porcentaxe de votantes indecisos nestes comicios vai ser decisiva nalgúns concellos, polo que o tradicional chamamento a acudir ás urnas este 28M colle forza entre as formacións que aspiran a gobernar. Rueda pediu respaldo para "esas maiorías que permiten gobernos con sentidiño e colaboradores coa Xunta". Ana Pontón apelou á mocidade para sexa "protagonista" do "cambio real" escollendo a papeleta do BNG. E Valentín Formoso asegurou que "ninguén pode quedar na casa cando hai tanto en xogo"
A comunidade 'maker' galega ten unha cita na Cidade da Cultura: chega a 9ª Maker Faire Galicia
Do 1 ao 4 de xuño o Gaiás acolle a novena edición do evento, con xornadas dedicadas á industria e á educación. Haberá espazo para máis de 70 proxectos e 300 makers, máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais.
Pontón apela ao voto "rebelde" e á xente nova "para que sexa motor de cambio" en Galicia
A portavoz nacional do Bloque chama a concentrar o voto "de rebeldía e ilusión" no BNG e fai un chamado expreso á mocidade.