- Enquisas Municipais 28M
- Política
As últimas enquisas 'legais' manteñen o poder urbano da esquerda agás en Ferrol
Na véspera da fin do prazo legal para publicalos, os inquéritos divulgados polos principais grupos de comunicación que operan en Galicia proxectan unha nova 'absolutísima' de Caballero en Vigo, consolidan na alcaldía da Coruña ao PSdeG con Inés Rey e revalidan outro mandato do BNG de Lores en Pontevedra. As alianzas da esquerda, co Bloque á alza, tamén serían dabondo en Santiago e Lugo malia aos ascensos do PP, mentres Ourense segue sumido nun incerto panorama
Rueda formula as municipais como unha disxuntiva entre "sentidiño do PP" ou Pedro Sánchez
Rueda desenvolve unha intensa axenda de campaña, con ata doce actos na fin de semana previa ás súas primeiras eleccións como líder do PPdeG e entre ecos do paso por Galicia do seu antecesor e xefe de filas
Pontón augura un resultado municipal "espectacular "do BNG fronte ao PP do "imitador cutre de Ayuso"
A líder do Bloque sinala Moaña, onde a nacionalista Leticia Santos aspira á reeleción, como exemplo de "transformación en positivo" contraposta ás "políticas do PP que fan Galiza máis pequena". A "xira electoral" de Feijóo por Galicia o pasado venres, coida, acredita que veu limitarse a "enlamar o debate" e acreditar que "non ten nada que ofrecer" ao "prometer o que non fixo en catorce anos de maioría absoluta"
O PSdeG pide confiar en Paco Rodríguez para que Ourense cambie "esperpentos" por "logros"
Nas urnas ourensás examínase o resultado dos bipartitos do PP con Jácome que agora desemboca no xulgado, pero tamén a súa alternativa. O candidato socialista pide "reflexión" á veciñanza e ínstaa a lembrar que Jácome estivo catro anos "apuntalado" polo PP: "Que isto remate e empece un futuro de esperanza"
O PSdeG lucense pide contas ao PP por "positivos en alcohol" ao volante dun alcalde e dun candidato
Os socialistas aseguran que o rexedor de Antas deu positivo cando conducía de volta da Festa da Cervexa de Portomarín e afirman que o condutor que bateu contra un camión de recollida do lixo en Lugo, marchou do lugar e foi detectado no hospital cunha alcoholemia de 0,52 é o cabeza de cartel do PP en Castroverde. O PSdeG insta a Candia a "aclarar se é coñecedora ou encubridora destes feitos" e o PP de Lugo di que os cargos sinalados "iniciarán accións legais por inxurias e calumnias", se ben evita especificar se as acusacións se corresponden ou non coa realidade
Besteiro intensifica a campaña e apunta a Feijóo: "Non é o superheroe que mostraba a TVG"
O delegado do Goberno visitou case trinta municipios en actos do partido desde que comezou a campaña. "Cos cartos de todos, o PP malvendeu as caixas galegas e privatizou a sanidade pública", dixo este venres en Mos tras as críticas de Rueda aos anuncios do Executivo de Sánchez.
Debate electoral da CRTVG en 'venres negro': Lara Méndez e Rubén Arroxo súmanse ás demandas do persoal mobilizado
A alcaldesa lucense e candidata á reelección polo PSdeG transmite a súa "solidariedade cos traballadores na defensa dun medio público diverso e plural" e agradece o convite a intervir na TVG "catro anos despois" da anterior ocasión en que puido facelo. Arroxo, actual tenente da Alcaldía e cabeza de cartel do BNG, transmite o "apoio ao persoal" mobilizado por unha "televisión plural e democrática que non estea ao servizo do PP". "Vivímolo en carne propia", afirma
Díaz, Sémper, Pontón ou Formoso, nas festas da Ascensión, que viran os focos do 28M a Santiago
A ministra de Traballo, o portavoz de campaña do PP, o líder do PSdeG e a portavoz nacional do BNG coinciden na celebración compostelá apoiando os candidatos dos seus partidos. A vicepresidenta do Goberno de España implícase con Compostela Aberta, confluencia que mantén unidas as formacións que a puxeron en marcha.
Audasa ameaza con reclamar máis de 1.000 millóns se a UE declara ilegal a prórroga da concesión da AP-9 ata 2048
A Comisión Europea iniciou hai ano e medio un procedemento de infracción contra o Estado español ao considerar que se quebrantaron as leis da UE ao prorrogar a concesión da autoestrada no ano 2000.
A cooperación descentralizada galega, ante o 28M: concellos e deputacións solidarias co Sur global
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento fai fincapé na importancia do apoio emprestado por algunhas administracións locais galegas, destacando particularmente o esforzo de concellos como Vigo, Santiago ou Lugo e deputacións como a da Coruña ou Pontevedra
"En galego, aquí e agora": Queremos Galego pide que a defensa da lingua comece nos concellos
Nove cidades e vilas acollen manifestacións da plataforma cidadá Queremos Galego que reivindica acadar unha "vida en galego" e pide a colaboración dos concellos para logralo
A Academia reivindica a Del Riego, a "resistencia" e "a luz" que foi quen de "fender as tebras"
A Real Academia Galega reivindicou a don Paco, "a luz nas tebras do franquismo". No pleno extraordinario co gallo do Día das Letras Galegas celebrado en Lourenzá, localidade natal do seu protagonista, Francisco Fernández del Riego. Víctor F. Freixanes reivindicou a "resistencia non menos heroica" de Del Riego e os que quedaron en Galicia durante o franquismo: "Gañaron un futuro para todos nós"