Un home morre na Coruña por disparos da Policía durante unha intervención
A persoa falecida actuou violentamente e a descarga dunha pistola táser non foi suficiente para inmobilizalo, segundo fontes policiais. Na mesma fin de semana, un mozo de 22 anos faleceu acoitelado nunha céntrica rúa da cidade.
Besteiro critica as "tutelas" de Rueda e pídelle que "concrete xa" os debates electorais
O candidato socialista reclama ao presidente da Xunta que "conteste" á súa oferta para a celebración de seis debates.
Pontón chama a "concentrar" o voto do "cambio" no BNG e a evitar as "mensaxes desmobilizadoras"
A candidata do Bloque alerta do traslado das "batallitas madrileñas" á campaña galega por parte das forzas estatais: "As eleccións non van de Sánchez e de Feijóo".
Condenados dous directivos dos hostaleiros de Santiago de hai unha década por estafa e falsidade documental
Tamén son condenados dous empresarios por facilitar a falsificación de facturas para que a asociación de hostalaría obtivese subvencións públicas
Besteiro empraza a Rueda a celebrar seis debates electorais e pide "unha campaña 100% galega"
O candidato socialista propón seis debates, dous de política xeral galega e un máis por cada provincia, para tratar "asuntos 100% galegos" e "deixar a política de moqueta".
Pontón di estar "máis preparada que nunca": "Son a candidata de todos os que queren cambio"
A líder do BNG apunta a posibilidade de "facer historia" o vindeiro 18 de decembro, data na que di saír "a gañar".
Besteiro ve o PSdeG "preparado": "Somos os únicos capaces de liderar o cambio"
O aspirante socialista á Xunta di "alegrarse" de que Rueda lle fixese caso e convocase eleccións e advirte de que "a Galicia quédanlle 59 días para despedirse deste goberno triste e que gañe a esperanza”.
O BNG propón mudar a lei electoral para asegurar dous debates en campaña e o voto desde os 16 anos
O Bloque defenderá no pleno a obrigatoriedade de dous debates nos medios públicos a través da "adaptación da lei electoral galega á realidade social actual" e co obxectivo de "garantir un maior respecto polo pluralismo político".
As traballadoras das escolas infantís van de novo á folga por melloras no convenio dun dos sectores máis precarizados
Este martes están chamadas á folga máis de dúas mil traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta da etapa de 0 a 3 anos. Os sindicatos convocantes critican o "inmobilismo" da patronal. En Galicia hai máis de 200 escolas reguladas por este convenio colectivo, cuxas táboas salariais, conxeladas dende 2021, xa se atopan por debaixo do salario mínimo na maioría das categorías.
Ata 15 horas de traballo diario: detidas catro persoas por explotar estranxeiros en Santiago para repartir paquetería
A Policía Nacional dirixiu desde Compostela unha investigación con 18 vítimas e inspeccións en almacéns desta cidade e Ourense
Os medios en galego renden homenaxe a Lamas Carvajal, promotor de 'O Tío Marcos d'A Portela'
A Asociación de Medios en Galego organiza este luns 18 unha homenaxe ao escritor Valentín Lamas Carvajal, promotor de ‘O Tío Marcos da Portela’, primeira publicación escrita integramente en galego e que viu a luz o 7 de febreiro 1876.
- Galería
- Movementos sociais Santiago
Compostela clama pola “fin do exterminio do pobo palestino"
Milleiros de persoas chegadas de todo o territorio galego agruparon este mediodía as súas forzas en Compostela baixo o lema ‘Paremos o xenocidio. Galicia con Palestina’.