Pontón salienta a potencialidade que para o sistema urbano galego ten a conexión co Porto fronte ás grandes cidades e o centralismo
A portavoz do BNG participa en Madrid na presentación do libro 'Unha nova Olanda', de Antón Baamonde, no que se analizan as vantaxes da configuración territorial galega
As celebracións das Letras ao redor de Florencio Delgado Gurriarán botan a andar con Valdeorras e o exilio mexicano como centro
O colexio de Vilamartín de Valdeorras, onde naceu o poeta, acolleu esta semana a presentación do proxecto Primavera das Letras, que achega a figura do homenaxeado á comunidade educativa. Ademais, Galaxia completa cunha 'Antoloxía Poética' as súas publicacións sobre o autor.
🔊Fálase | Emerxencia no campo e o que quedou da Pokémon
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos á crise que abafa o sector agrogandeiro por mor da pronunciada suba dos custos de produción e, ao fío do arquivo da última causa xudicial que atinxía o ex-alcalde lucense López Orozco, lembramos o que foi a operación Pokémon e o que queda dela máis dunha década despois
Formoso insta a Xunta a bonificar o gasoil a empresas galegas coa metade do que recibe polo imposto do combustible
O líder do PSdeG reclama á Administración galega que entregue a metade dos 557 millóns que recibe do Estado polos tributos aos combustibles a 9.700 empresas galegas que sofren a alza dos prezos dos carburantes.
O Concello de Lugo inicia un programa de actividades con familias para a prevención de adiccións na mocidade
Os encontros, que xa contan con trinta participantes de sete nacionalidades distintas, buscan promover a integración cunha ollada intercultural e interxeracional. As xornadas terán lugar os domingos, en diferentes puntos da cidade, con propostas de folclore, gastronómicas ou culturais.
- Vídeos
- Cultura
'Aquí medra a lingua': os centros de ensino como "cómplice indispensable" para a transmisión do idioma
O Consello da Cultura Galega estreou este luns con "Modelo Burela" un proxecto audiovisual que amosa en seis vídeos iniciativas de dinamización lingüística desenvolvidas en escolas e institutos de Burela, Cea, Rianxo, Ames, Ponteceso e Moaña. Todas as semanas poderá verse unha nova peza.
A comisaria cesada por dicir que a "algunhas lles gustaría que as violase" un antidisturbios prometeu "impulsar a igualdade" no cargo
"Impulsar a igualdade, apoderar á muller é un dos nosos obxectivos", afirmou a comisaria agora destituída en vésperas do 8M do pasado ano. No mesmo discurso revelado por elDiario.es, a comisaria explica que o seu anterior destino foi o municipio madrileño de Pozuelo de Alarcón, "unha praza nacional, non republicana"
O afundimento dunha estrada no Courel deixa Folgoso sen internet e engádese a anteriores carencias de servizos na comarca
O pasado domingo derrubouse un treito da LU-651 que une o centro de Folgoso do Courel coa parroquia de Santa Eufemia e todo o sur do termo municipal. O corte dificulta o acceso de camións e autobuses e deixou o concello sen conexión de fibra óptica, o que afecta de forma importante a caixeiros automáticos e ao Centro de Saúde.
Alfonso Zarauza estrea 'Malencolía', mestura do cinema de terror co humor galego nunha aldea que semella abandonada
'Malencolía', a sexta longametraxe de Alfonso Zarauza, chega a 23 salas de cine de 17 localidades galegas este venres, día 25. Melania Cruz e Xúlio Abonjo interpretan aos protagonistas do filme, que regresan a Galicia despois dunha década en Berlín.
- 📺 Con vídeo
- Política
Dezaoito concellos únense en Alingua para "proxectar o galego con fachenda"
A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega nace co impulso de concellos que xa viñan colaborando en iniciativas como Apego, Youtubeir@s ou Enreguéifate. A súa primeira campaña, 'Alingua aí', conta coa colaboración de múltiples rostros coñecidos que animan ao uso normal do galego e, ao tempo, convidan a que se sumen máis institucións
“Peixe” de Xisco Feijóo e “Andorinhas” de Ana Moura, mellores cancións galega e portuguesa nos premios aRi[t]mar
5.500 votos emitidos a través da rede escolleron os temas gañadores, seleccionados entre 10 finalistas de Galicia e outras tantas de Portugal. O certame organizado pola Escola de Idioma de Santiago busca divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países
Así traballan en Ucraína as entidades galegas de axuda ás persoas refuxiadas
A Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento cre que é importante que a cidadanía coñeza como traballan esas organizacións, entre as que destacan Médicos do Mundo, Axuda en Acción, Farmamundi, Terra de Homes, Educo e Entreculturas. Rrecomenda que a axuda se canalice a través delas e pide que as achegas sexan económicas e non en especie