Xinzo de Limia sae á rúa en reclamación dun servizo de pediatría "digno"
"No rural, onde que naza un neno ou unha nena é un acontecemento e unha onda de esperanza, é especialmente doloroso recibir ataques desta agresividade", salientan os convocantes
O ministerio desvela as subas oficiais das peaxes: un 6,55% na AP-9 e un 5,07% na AP-53
As taxas concretas para cada percorrido coñeceranse cando as divulgue cada concesionaria tras facer o habitual redondeo
As bases de Podemos rexeitan o acordo con Sumar para as eleccións galegas
Nunha consulta vinculante na que votaron 2.500 persoas o 62% amosouse contrario á coalición fronte ao 36% partidario dela
O Sergas recomenda o uso xeral de máscara en todos os centros sanitarios ante o pico de gripe
Hai 653 persoas ingresadas por ou con gripe, 27 delas na UCI, fronte a 120 ingresadas por ou con COVID-19, 7 na UCI
Sánchez fai vicepresidenta primeira a María Jesús Montero tras a marcha de Calviño ao Banco Europeo de Investimentos
O novo ministro de Economía será o ata agora secretario xeral do Tesouro, Carlos Cuerpo, que se presenta como continuísta da súa antecesora
Pontón comprométese a impulsar a "intervención pública" de Alcoa se chega á Xunta
A líder do BNG defende a intervención durante unha visita á Mariña como "vía definitiva para rematar coa chantaxe e os continuos incumprimentos da multinacional" e para "garantir a produción e o emprego".
Buscan en Narón restos de medio cento de asasinados polo franquismo nunha das maiores foxas comúns de Galicia
Neste cemiterio, o 26 de decembro de 1936 foron fusilados 32 integrantes da dotación do Acoirazado España e dous do Contramaestre Casado. Ademais, o 30 de novembro de 1936 foron fusilados e soterrados aquí 10 tripulantes do vapor Dómine, e, en distintas datas, outras sete personas
Sumar Galicia irá en coalición con EU e Podemos o 18F, con Marta Lois como candidata á Xunta
As tres formacións pechan un preacordo que deberá ratificar cada un dos partidos para concorrer xuntos ás eleccións galegas. A deputada galega e portavoz de Sumar no Congreso será a aspirante á presidencia.
Cibercarracho, palabra do ano 2023
O termo foi o máis votado na elección popular promovida polo Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, con máis do 40% dos apoios. A segunda voz máis popular foi feitiño, -a, con algo máis do 30 % dos votos, seguida de biodiversidade, dereitos humanos, educación emocional e cooficialidade.
O Goberno de España mantén os descontos en transporte e alimentos e o imposto á banca
O Executivo central elimina as rebaixas para luz ou gas pero mantén as bonificacións aos trens e autobuses e os gravames extraordinarios aos bancos e ás enerxéticas. A xestión do Ingreso Mínimo Vital será cedido ás comunidades que o pidan.
Besteiro anuncia que o Estado desbloqueará xa os parques eólicos pendentes para dar enerxía a Alcoa
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta adianta, tras unha reunión coa ministra Ribera, que o BOE publicará este mércores unha modificación lexislativa para autorizar e pór en funcionamento a principios de 2024 as instalacións pendentes que permitirán continuar coa actividade da factoría da Mariña.
Pontón apela á "maioría que quere cambio" en Galicia: "É posible se hai unha gran participación"
A líder do BNG fai balance do traballo do grupo parlamentario nacionalista, que cre que o grande aval para "gañar un futuro mellor" o próximo 18F.