Bará, Rodil, Presas e Queixas acompañan a Pontón nunhas listas nas que repiten 16 dos 19 parlamentarios do BNG
"O que funciona, non se cambia", destaca a líder nacionalista na presentación das candidaturas no Consello Nacional. O BNG pide o voto daqueles que optaron por outras forzas en anteriores citas electorais e destaca que “hai moitas formas de sentirse galego e galega e todas son necesarias"
"Se ti votas, eles marchan”: Besteiro pide "mobilización social" fronte a un PP que "quere que a campaña pase desapercibida"
Patricia Iglesias (A Coruña), Lara Méndez (número 2 por Lugo), Carmen Dacosta (Ourense) e Elena Espinosa (Pontevedra) acompañan o candidato socialista á Presidencia da Xunta. Apoiado no lema Desta vai, Gómez Besteiro destaca que "a alternativa de goberno liderada polo PSdeG" está centrada "na blindaxe dos servizos públicos e a reactivación económica de Galicia en base ao emprego de calidade"
O Foro Económico calcula que haberá que multiplicar por seis a xeración eólica en 2050 e reclama "socializar os beneficios"
Este xoves presentouse en Santiago o último Informe de conxuntura socioeconómica, que inclúe un apartado de análise do sistema enerxético e as necesidades que se derivarán da descarbonización, que se debe completar en 25 anos. "É posible deseñar regulacións e políticas públicas que incrementen a aceptación social", sinala o documento.
Pontón compromete que os premios deportivos con cartos públicos serán iguais para mulleres e homes
O BNG impulsará unha lei de igualdade no deporte cunha partida orzamentaria para combater a fenda de xénero e con plans de conciliación para que as mulleres non teñan que abandonar a súa carreira deportiva para ser nais
O festival Norte Cinema Diverso esténdese: máis días, curtas en galego e debates nas aulas
O certame de cinema LGTBIQ+ celebrará os días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo a súa segunda edición con cinco sesións no Teatro Colón da Coruña. A iniciativa NCD Educa levará as curtametraxes aos institutos.
O persoal de oficinas de Abanca secunda en masa unha folga para reclamar melloras laborais
Máis dun milleiro de traballadores e traballadoras manifestáronse na Coruña nunha xornada de paro secundada polo 90% dos empregados das oficinas en protesta pola perda de poder adquisitivo ou a "presión comercial".
Un xulgado de Noia abre dilixencias por un posible delito contra o medio ambiente pola vertedura de 'pellets'
A causa iníciase tras a denuncia presentada por Podemos, á que se acumula a interposta conxuntamente pola Fundación Montescola, Ecoloxistas en Acción e a Plataforma pola Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia
O BNG mobiliza os seus cargos municipais para "desterrar a mentira" o 18F
"Sempre vou dicir a verdade aos galegos e ás galegas", promete Pontón, que reclama que Rueda compareza no Parlamento para dar explicacións da súa xestión da crise dos 'pellets'
- Vídeos
- Cultura
Orzán, "auga que flúe" ou Balaídos, "bosque de abeleiras": novas dúbidas de onomástica resoltas pola RAG
A Academia ofrece na súa canle de Youtube unha nova tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde, na que expertos explican o significado de distintos topónimos do país, comezando polos destes lugares clave na Coruña e Vigo. Os outros capítulos afondan na orixe de Agolada, Cereixo (Vimianzo), Chamoso (O Corgo), Eiré (Pantón), Moeche, Palas de Rei e Vilariño de Conso
Besteiro ofrece as renovadas listas electorais do PSdeG ao "galeguismo útil" para "concentrar o voto na candidatura gañadora"
Só repiten catro deputadas ou deputados dos 14 que compoñen o actual grupo parlamentario
Non só Mickey Mouse: pasan a dominio público as obras de Basilio Álvarez, Federico Maciñeira ou Lisardo Barreiro
Pasan ao dominio público as obras dos autores e autoras falecidas ao longo do ano 1943, entre eles varios galegos e galegas. Entre eles está o cura agrarista Basilio Álvarez, o historiador Federico Maciñeira, o xornalista Lisardo Rodríguez Barreiro, o escritor Lois Tobío Campos, o relixioso César Abellá, o militar Valeriano Villanueva, o sindicalista Manuel Nores e a pintora Jesusa Alfáu
Comeza o Ano Luísa Villalta: poesía e música unidas nunha autora "única" e "inconformista"
A Real Academia Galega vén de inaugurar na súa web un especial dedicado á poeta, que se abre cunha ampla biografía asinada pola xornalista e académica Ana Romaní. No espazo irán incorporándose novos contidos divulgativos ao longo do ano concibidos para públicos de distintas idades.