A traxedia do autobús caído ao Lérez tingue de loito o Nadal
O accidente sáldase con sete persoas falecidas e só dúas sobreviventes, unha delas o condutor. Unha persoa que viu a varanda estragada na ponte e unha segunda chamada dende o interior do bus, que cubría a liña Lugo-Vigo, alertaron os servizos de Emerxencias. Foi precisa a intervención de axentes de actividades subacuáticas e dun helicóptero de Gardacostas para recuperar os corpos
O BNG anuncia un "plan de igualdade lingüística para o galego" en 2023 e lamenta que o PP opte pola "imposición da ignorancia"
Mercedes Queixas (BNG) advirte de que os peores datos se rexistran "nas mocidade que empezou os estudos co decreto do timo do plurilingüismo", nacido do "sometemento" do PP ao "xugo negacionista" de movementos como as "infelices manifestacións" que secundara o actual presidente Rueda. A iniciativa do Bloque para deseñar "un plan específico para superar o estancamento no uso do galego" recibiu o apoio do PSdeG, pero o "non" do PP impediu aprobala
Dependentas de Inditex logran unha suba de 4.800 euros brutos ao ano e suspenden a folga previa ao Nadal
As dependentas das tendas de Inditex da provincia da Coruña suspenden a folga tras lograr unha mellora retributiva que "responde ás demandas trasladadas" cun incremento de 322 euros mensuais retroactivo a novembro, cando comezaron as protestas
- Datos
- Política
A Xunta aproba unha oferta de emprego público con 1.124 prazas, o 62% de acceso libre
O maior número de prazas libres serán para orientación laboral, 130, seguidas de 70 prazas para persoal de limpeza e cociña
Espazos de ocio e mobilidade sostible para procurar que a mocidade fique na provincia de Lugo
"As alternativas de ocio contribúen de forma xeral a crear entre a propia mocidade unha imaxe positiva do lugar onde viven", asegura a deputada responsable da área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, que debulla algunhas iniciativas clave do mandato
🔊Fálase | Cautelarísimas antes do Nadal
No novo episodio do Fálase poñemos contexto ao veto do Tribunal Constitucional fronte á reforma para renovalo; con Carlos Amoedo sabemos máis da importancia política e xurídica do veto e da súa posible evolución. Ademais, achegámonos ao Nadal de Vigo e ás súas múltiples facianas
Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas: 22 propostas para un 2022 no que a lingua galega medrou na rede
Os galardóns entregaranse o sábado 28 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo. Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, agás no Premio do Público, que se elixe por votación popular a través da rede
O Ortegal, proposto pola UNESCO para ser o segundo xeoparque galego
O proxecto impulsado polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño e a Deputación da Coruña recibe o informe favorable do organismo dependente da ONU e a súa designación oficial debe ser ratificada o vindeiro mes de maio. Na actualidade hai no planeta 177 parques xeolóxicos de gran valor natural, un deles en Galicia: O Courel.
O BNG reclama intervención pública na enerxía e limitar o custo de alugueiros e hipotecas para loitar contra a crise de prezos
Unha manifestación convocada pola formación nacionalista demanda en Compostela unha "saída xusta e galega" á actual situación de encarecemento da vida, que Pontón cualifica de "estafa á maioría social". O Bloque esixe tamén mellorar a "rede de protección social" e "blindar" a sanidade e todos os servizos públicos
De Cabo Verde a Burela: unha corrente migratoria na que o traballo de coidados sempre depende das mulleres
A vila lucense acolle este domingo, Día Internacional da poboación migrante, a estrea do documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver), elaborado por Agareso, e que retrata a través de catro xeracións a importancia que ten o traballo invisible das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias
- Obituario
- Cultura
Morre Nélida Piñón, a 'brasilega' de Cotobade que sempre gardou Galicia "no nicho da memoria"
A escritora finou este sábado en Lisboa aos 85 anos de idade. Membro de honra da RAG e primeira muller doutora honoris causa da USC, reflectiu en obras coma 'A República dos soños' a epopea da emigración galega a América e reivindicou en todo momento a súa identidade mixta, construída nunha e noutra beira do Atlántico
O PSdeG sitúa as municipais como "o primeiro paso" para gañar as eleccións xerais e gobernar a Xunta
O PSdeG celebrou este sábado o seu Comité Nacional Galego, o principal órgano entre congresos da formación. O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, chamou a "dalo todo" nos comicios locais e fixo tamén fincapé na importancia das eleccións ao Parlamento galego: “aspiramos ao máximo nas autonómicas para representar ao pobo ao que lle debemos todo”.