A Xunta ten seis meses para responder á petición de declarar BIC os murais de Lugrís ameazados de desaparición
A asociación O Mural, que dende hai anos reclama con In Nave Civitas protección para os frescos que o artista pintou nun baixo da rúa Olmos da Coruña, presentou a solicitude ante a Dirección Xeral de Patrimonio. As pinturas sofren un gran deterioro por mor da humidade e as filtracións de augas nun inmoble abandonado dende hai tres anos
O Ministerio de Transportes crea un abono gratuíto para viaxeiros habituais dos autobuses estatais
O funcionamento será similar ao dos abonos para o tren, cun uso mínimo de 12 veces ao trimestre, depósito de fianza e retirada do abono en caso de uso indebido
En decembro choveu un 59% máis que o habitual nas últimas décadas cunha temperatura media 2,3 graos máis alta
No Xurés choveu máis do dobre do habitual mentres en Trives e Valdeorras caeu a metade
- Guía
- Lecer
Os Reis Magos chegan a Galicia en tren, barco... ou tractor
Consulta aquí os horarios e percorrido das cabalgatas nas sete cidades e tamén as sorpresas que se preparan noutras localidades, como a Gran Tractorada de Reis de Mazaricos ou a homenaxe a gandeiros e gandeiras en Santiago, Ames, Melide, Mazaricos, Caldas de Reis e Ribadeo. Na Coruña, Picasso será protagonista e en Lugo Maximus participará na comitiva real
A nova ministra de Cultura do Brasil cantou a "Portugaliza" a través de Ponte nas Ondas
Margareth Menezes colaborou coa entidade e mesmo compuxo e interpretou o tema central do 15º aniversario da asociación, en 2009, visitando Galicia un ano despois para participar na Illa de San Simón no concerto 'Cores do Atlántico'
O paro descende en Galicia menos que no Estado en decembro e no conxunto do ano 2022
Tamén a evolución dos datos de afiliacións á Seguridade Social é máis negativa en Galicia que no resto de España. Os datos de contratación seguen a amosar os efectos da reforma laboral, cun incremento anual do 121% no número de contratos indefinidos asinados
O Prestige foi noticia 20 anos despois: traer a catástrofe ao presente para non esquecer
Este 31 de decembro finalizamos as actualizacións da conta de Twitter Prestige 20 anos, que dende o pasado 13 de novembro vén relatando en falso directo os feitos que no ano 2002 se foron sucedendo dende o accidente do petroleiro, dende a xestión política da crise á reacción social posterior
O desconto do bus interurbano en Galicia en 2023: rebaixa xeral do 50% e case de balde onde compite co tren
Unha vez confirmado o mantemento do desconto xeral do 50% nos autobuses (30% Estado, 20% Xunta), Monbús ratifica que continúa co 45% adicional nos traxectos onde os seus buses compiten co tren, no que o Estado mantén os abonos gratuítos. Lugo continuará sendo a única cidade sen ningunha conexión con outra urbe galega a prezo súper reducido por non existir alternativa ferroviaria ao bus. A seguinte cidade máis prexudicada por esta situación é Ourense
Fálase | Alá vai o 22
No derradeiro episodio do Fálase en 2022 facemos algo que, se cadra é tan pouco orixinal como lanzar un pódcast neste ano que remata... No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, botamos a vista atrás para repasar algo do que nos deixa o ano e tamén para coller folgos para o 23, que disque vai ser intenso… Facémolo coa hemeroteca de Praza, cos sons que pasaron polo Fálase e cos destaques de fin de ano que preparou VINTE
O Álbum de Galicia incorpora a Chichi Campos, o humorista símbolo dos anos 80 que "quería facer un mundo máis interesante"
O espazo do Consello da Cultura Galega inclúe un texto biográfico realizado polo seu fillo Nico, que destaca que "a súa foi unha vida que resume o espírito dos anos oitenta en Galicia, unha época que retratou como ninguén"
- 📺
- Cultura
A defensa e promoción das panxoliñas galegas conseguiu a unanimidade parlamentaria polo Nadal
Unha proposta do BNG, aprobada por todos os grupos, insta a Xunta a crear un "fondo de gravacións de música tradicional galega de Nadal" e a poñelo "a disposición pública para o seu uso e divulgación", incidindo especialmente na súa promoción entre os centros de ensino de Infantil e Primaria
'Comadre', palabra do ano en reivindicación das redes de sororidade
O vocábulo, impulsado por un grupo de mulleres a través dunha iniciativa nacida o pasado ano nuns obradoiros organizados pola AELG, impúxose a través da votación popular aos outros cinco finalistas: autoestima, candorca, ecocidio, inflación e resiliencia