O TSXG paraliza cautelarmente un terceiro parque eólico de Greenalia en Santa Comba e Coristanco
Como xa fixera hai tres meses cos parques Campelo e Bustelo, o tribunal di que iniciar as obras do Monte Toural pode ser negativo para unha zona húmida alí existente se finalmente constata que a empresa fragmentou ilegalmente o proxecto para facilitar a súa autorización
Dimite o edil de Medio Rural de Santiago polo alugueiro ao Concello dunha nave ligada a unha empresa da súa propiedade
O edil dimisionario cualificou inicialmente como "rotundamente falsa" a acusación de Compostela Aberta e atribuíu á formación, así como ao PP e ao BNG, intencións electorais por compartírena. Este xoves abandonou o posto admitindo o "erro" de "non comunicar ao alcalde que tiven relación accionarial coa empresa propietaria do inmoble"
- Vídeo
- Cultura
A Berlinale fala galego con 'Matria' e 'Sica', seleccionadas para o festival
Matria, de Álvaro Gago, participará na sección Panorama, e Sica, de Carla Subirana, na sección Generation. Son dúas longametraxes rodadas en galego e con gran protagonismo para as mulleres.
A neve cobre o interior do país entre máis dun milleiro de incidencias polo temporal
Emerxencias contabiliza unhas 1.280 incidencias dende o inicio do temporal. A cota de neve caeu ata os 500 metros este 18 de xaneiro, segundo MeteoGalicia. As nevaradas provocaron dificultades para circular en múltiplas vías secundarias e tamén na autovía A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo
As primeiras nevadas do ano levan a alerta laranxa á montaña de Lugo e Ourense
A Xunta activa para a xornada deste martes a alerta laranxa por acumulacións de neve en 24 horas de 20 centímetros por riba dos 800 metros de altitude e de ata cinco centímetros en altitudes entre os 300 e os 500 metros nas zonas de montaña de Lugo e Ourense. Educación suspende o transporte escolar nos centros de ensino das zonas de montaña de Lugo e Ourense durante todo o día.
A Xunta di que as 55 vivendas que merca a Abanca reforzan a oferta pública de alugueiro malia seguiren cos mesmos inquilinos
O Goberno galego destina 3,9 millóns de euros a adquirir inmobles do banco que xa viñan sendo empregados para alugueiro social e así continuarán
- Vídeos
- Cultura
Xosé Ramón Gayoso estrea a segunda tempada de 'Cinema Caníbal' revelando que o seu filme favorito é 'Mary Poppins'
O programa de Youtube no que persoeiros da cultura galega amosan as súas preferencias fílmicas e a súa relación co cine comeza a súa segunda tempada entrevistando o presentador, que confesa o seu amor por títulos como O libro da selva, Cinema Paradiso ou A escopeta nacional
11 afogamentos accidentais nas augas galegas en decembro elevan a 39 as mortes en todo o 2022
Dende o ano 2015 houbo 369 mortes por afogamento accidental nas augas galegas. A maior parte destes falecementos prodúcense en espazos sen vixilancia e o 80% corresponde a homes, sobre todo de máis de 55 anos
35 concellos comprométense na 'Declaración de Pontevedra' á normalización do uso do galego na súa relación coa Xustiza
Este sábado asinouse un documento impulsado pola Deputación, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e a Irmandade Xurídica Galega no que as entidades locais prometen empregar o galego nas súas actividades xurídicas e a incluír cláusulas nos contratos de licitación de servizos xurídicos externos para garantilo.
- Entrevista | Antonio Piñeiro
- Cultura
"A novela policial adoito reflicte con veracidade o seu mundo"
Falamos co autor de ‘Trávelin’ e ‘Celada’ destas dúas novelas protagonizadas por Alaín, un policía da político social reciclado para a democracia, e das súas anteriores obras
A xuíza adxudica de vez El Correo Gallego a Prensa Ibérica, empresa editora de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña
Rexeita o recurso formulado polo grupo de empresarios afíns aos antigos propietarios da Editorial Compostela para manter o control sobre a cabeceira e sinala a carencia de documentación que acredite "a súa solvencia económica. Sinala que a oferta de Prensa Ibérica, de 1,6 millóns, é a que presentou "a maior solvencia económica, a experiencia no sector, o maior prezo ofrecido" e a mellor "forma de pago"
Non só odio: unha investigación analiza como Vox usa o "amor" a "unha España mononacional e excluínte" para mobilizar
Un traballo do investigador galego Alexandre Pichel e a profesora Begonya Enguix da Universitat Oberta de Catalunya afonda nos mecanismos da ultradereita para marcar a diferenza entre o nós (as familias tradicionais, os homes brancos e os nativos españois) e os demais