A Coruña conmemora o centenario do pasamento de Murguía, "figura central da cultura galega contemporánea"
O intelectual finou na cidade herculina en 1923. Este 1 de febreiro celebrarase un acto institucional no pazo municipal de María Pita na súa honra tras descubrir unha placa conmemorativa no cemiterio de Santo Amaro. Así mesmo A Coruña, Santiago e Padrón acollerán ao longo do mes actos que revisitarán a súa figura
Galicia remata o ano con 13 mil postos de traballo máis pero amosa signos de estancamento na mellora do emprego
Os datos positivos no conxunto do ano quedan matizados por un cuarto trimestre no que o número de persoas ocupadas diminuíu en nove mil, especialmente no sector industrial. A poboación en situación de desemprego quedou en 131.400 persoas, 3.700 menos que no remate de 2021. No 2022 descendeu notablemente a temporalidade, grazas á reforma laboral.
Fálase | Unha derruba na Mariña e un 'milagre' en Fitur
Neste episodio do podcast informativo de Praza sabemos máis dos problemas de mobilidade na Mariña, que volveron quedar ao descuberto coa caída dun tramo de estrada entre Foz e Burela, e das eternas promesas para mellorala. Tamén nos achegamos á Feira Internacional de Turismo, onde falamos con Xosé Regueira, responsable desta área na Deputación da Coruña, e escoitamos a Rebeca Baceiredo reflexionar ao fío do autotune na cultura galega
'Pánico no museo': a autoconsciencia desde a sensualidade de María Meijide
A artista plástica María Meijide mostra o seu "diario expandido" na Fundación Eugenio Granell baixo o epígrafe 'Pánico no museo', vencellada ao ano de residencia artística que ofrece a entidade e do que foi beneficiaria en 2022. Unha vintena de pezas que conforman "unha colección que parece conectar coa realidade a través dunha mirada hedonista e íntima", que se pode visitar ata o día 29.
Puertas Betanzos despide os dous homes que auxiliaron a Samuel Luiz fronte aos agresores que o mataron
A CIG asegura que Ibrahima e Magatte foron despedidos por acollérense ao seu dereito de coller vacacións. A empresa esgrime "causas económicas e produtivas" e necesidade de persoal "máis cualificado" e anuncia a intención de emprender accións legais contra o sindicato por atribuírlle "falsidades"
Entidades viguesas de moi diversa orixe únense nunha manifestación para pedir que o Concello as "escoite"
Afectados Vial de Beade, Vigo Centro, Bembrive en Pé, Vigo Histórico, Grupos en Loita, Os Ninguéns e Defensa do Parque García Picher, que acusan o Goberno local de rexeitar as "discrepancias", convocan o 5 de febreiro unha manifestación que demanda “unha cidade máis habitable e sustentable, que nos teña en conta a todos e todas"
O PP esixe a fin da "colocación de afíns" e a "independencia de RTVE" tras unha década a incumprir a lei da CRTVG
O ex-presidente esixe como líder do PP "asegurar a independencia e a liberdade de expresión" nos medios públicos estatais e poñer fin á "colocación de afíns" neles mentres, na CRTVG, o director xeral conta con mandato indefinido grazas a unha reforma promovida polos populares e os 'venres negros' de Defende a Galega acumulan xa 245 semanas
'Sempre Máis': a mostra que busca "dignificar a desbordante creatividade popular" que protestou contra a xestión do Prestige
Este martes inaugúrase no Auditorio de Galicia a exposición 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige', realizada por Unha Gran Burla Negra e comisariada por Germán Labrador. A mostra "non quere nostalxia nin celebración. Non quere dicir 'contra Fraga protestabamos mellor'" senón "resintonizar coas potencias dunha Galicia creadora", destacan
A chuvia esborralla a estrada da costa entre Foz e Burela e o corte obriga a un desvío quilométrico no tráfico da Mariña
O treito derrubado, entre Cangas (Foz) e Burela, é clave no acceso ao Hospital da Costa. Transportes desprazou operarios e maquinaria á zona e afirma que traballa para que "as afeccións sexan as mínimas posibles" na principal vía de comunicación terrestre na comarca
A Audiencia da Coruña rexeita que os Franco poidan retirar de Meirás a maioría dos bens que reclamaban
O tribunal entende que todas as pezas dos xardíns e a maioría do interior teñen natureza de bens inmobles porque foron colocadas alí con vontade de permanencia
O impacto ambiental tomba outros catro parques eólicos con 23 aeroxeradores en Maceda, Mazaricos, A Baña e A Estrada
A Xunta publica no DOG no mesmo día as avaliacións ambientais favorables doutros 11 proxectos, dentro da aceleración da tramitación de parques eólicos en múltiples puntos do país
🔊Fálase | Sen cartos para o agro ecolóxico e o asalto á fama de Feijóo
No novo episodio do Fálase coñecemos o problema creado pola Xunta ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas ao non orzamentar fondos dabondo nas axudas xa previstas para o sector, do que sabemos máis coa gandeira Ana Corredoira. Ademais, lembramos o tempo en que Feijóo se sumou aos manifestantes do PP que irromperon no recinto do Parlamento galego e, con Rebeca Baceiredo, reflexionamos sobre arte, moral e xénero ao fío dunha das grandes controversias musicais e sentimentais dos últimos tempos