Feijóo asiste aos Goya tras obviar 14 galas dos Mestre Mateo como presidente da Xunta
O último presidente da Xunta que acudiu á gala dos premios do audiovisual galego foi Emilio Pérez Touriño en 2008. O agora líder do PP explica a súa presenza na gala do cinema español en Sevilla como mostra de apoio á cultura
'As Bestas' arrasa na noite dos Goya na que Luís Zahera e Alberto Vázquez gañaron cadanseu premio para o cine galego
O filme dirixido por Rodrigo Sorogoyen obtivo nove galardóns, entre eles o de mellor película, dirección e guion. Zahera fíxose co segundo recoñecemento como mellor actor de reparto e Unicorn Wars foi elixido mellor filme de animación. Tamén triunfou o vigués Fran Araújo polo guión adaptado de Un año, una noche
"Balbino. A village boy. In other words a nobody". Nace 'Galician Reader' para visibilizar a literatura galega no mundo anglosaxón
Nos últimos 14 anos Small Stations Press, baixo a dirección de Jonathan Dunne, publicou 72 títulos galegos traducidos ao inglés escritos por 45 autores e autoras. Agora lanza unha nova web con fragmentos de varios das obras editadas.
Galicia dispón de menos de 500 estacións de recarga de vehículos eléctricos, 200 máis que hai un ano
A provincia de Pontevedra ten a mellor cobertura deste tipo de estacións de carga, con 196, seguida da Coruña con 153 e de Lugo con 87 e Ourense con 57, sendo a provincia ourensá a que presenta un crecemento máis lento, segundo os datos de electromaps. No ano 2035 deixarán de venderse vehículos de gasolina e híbridos en Europa e espérase que no 2050 deixen de circular a maioría deles.
- Vídeo
- Cultura
Artistas da lusofonía celebran nun videoclip o recoñecemento de Ponte nas Ondas pola UNESCO
A canción "A Ponte", gravada por Uxía, Chico César, Celina da Piedade ou Cheny Wa Gune, estrearase este luns 13 de febreiro co gallo do Día Mundial da Radio, unha celebración na que máis de dous mil estudantes de 40 centros educativos de toda a Eurorrexión-Galicia norte de Portugal realizarán de forma simultánea os seus programas
Fálase | Así nos movemos e sanidade na rúa
No Fálase coñecemos os datos que trazan a radiografía da mobilidade en Galicia e os motivos que levan a plataforma SOS Sanidade Pública a volver manifestarse este 12 de febreiro e mais as posturas ao respecto do Goberno galego do PP, do BNG e do PSdeG
'Rapa' e 'O corpo aberto' dominan as candidaturas finalistas dos Mestre Mateo
A serie dirixida por Jorge Coira opta a 19 galardóns e o filme de Ángeles Huerta pode obter 16 premios. Código Emperador, con 8 e Unicorn Wars, con 6 son as seguintes producións con máis candidaturas. A gran noite no audiovisual galego celebrarase o vindeiro 11 de marzo en Ourense.
Ence e o PP celebran a permanencia da pasteira na ría ata 2073
A empresa di que a decisión xudicial "terá un impacto positivo estimado de 169 millóns de euros no beneficio de 2022", mentres que Greenpeace lamenta que "o medio ambiente sae perdendo"
O Supremo avala a prórroga da concesión de Ence na ría de Pontevedra
Fronte á decisión contraria da Audiencia Nacional que consideraba que o Goberno de Rajoy non xustificara o emprazamento da fábrica en terreos públicos do litoral agora o alto tribunal acepta a prórroga porque contou con informes ambientais favorables
Galicia acolle 11 dos 370 osos pardos detectados no último censo, que confirma a conexión entre Ancares e Courel
O censo elaborado polas comunidades da cordilleira Cantábrica, o ministerio e o CSIC constata un crecemento significativo na poboación máis oriental e unha consolidación da occidental
A pandemia mudou de vez os hábitos culturais en Galicia: menos eventos en vivo pero máis lectura e consumo dixital
As persoas que en Galicia pagan polo acceso a plataformas de música (o 19%) ou de distribución de películas e series (48%) duplican os datos de tres anos antes. Pola contra, a asistencia ao cine, a concertos, ao teatro, a museos ou bibliotecas caeu de forma importante entre 2019 e 2022.
Asasinada unha muller de 47 anos en Baiona e detido un home do que fora parella acusado do crime machista
A súa ex parella foi detido en Ourense horas máis tarde, despois de que se presentase na comisaría. A vítima, que foi atopada na porta da súa vivenda no barrio da Percibilleira este domingo pola noite, recibiu un forte golpe na caluga. O home levou da casa os fillos do matrimonio e deixounos cos avós paternos