Case unha de cada dez estudantes da UVigo sofre acoso sexual frecuente polo Instagram
Preto do 30% das alumnas recibe tamén habitualmente imaxes sexuais, segundo un estudo sobre a toxicidade e as violencias dixitais a través desta rede social.
BNG e PSdeG ven o Goberno de Rueda no "tempo de desconto" e aferrado ao "Feijóocentrismo"
O presidente da Xunta e do PPdeG presentou a fin de semana as municipais como "antesala" da campaña de Feijóo, afondando na idea de ligar o futuro dos populares galego na Xunta a que o seu antecesor chegue a gobernar no Estado
"As mulleres que opinan" seguen sendo "perigosas": nova cita en Pontevedra e novo premio xornalístico
As xornadas volven xuntar xornalistas de medios e xeracións diversas. Aida Pena, Rosa María Calaf, Marta Peirano, Antía Paz ou Mara Torres, entre as relatoras do encontro que se celebrará o 17 e 18 de marzo no Teatro Principal pontevedrés
Músicas do instrumento que non se toca para saber máis do LSD do centeo do que non se falaba
Santiago, Vilar de Santos e Vigo acollen durante o mes de marzo as presentacións da banda sonora de 'Negro púrpura' en formato vinilo, un compendio de sons contemporáneos e psicodélicos co theremín de Paulo Pascual
A moza coruñesa detida por Irán, liberada tras máis de tres meses de cativerio
Tras meses de discretas e intensas negociacións diplomáticas, Ana Baneira puido emprender este sábado o retorno a través de Dubai tras a súa liberación. A súa chegada prevese para este luns
Formoso reivindica o PSdeG cara ás municipais por "mirar polo ben da xente" mentres o PP protexe a súa "xente de ben"
O secretario xeral do PSdeG subliña medidas do Goberno de España como a suba das pensións ou das bolsas de estudo na presentación do candidato socialista da Estrada, que contrapón a ansia do aspirante do PP á reelección por lograr unha cuarta maioría absoluta coa súa aposta, di, por "saír da crise demográfica" nun concello a piques de baixar dos 20.000 habitantes
Pontón augura "sorpresa" do BNG nas municipais: "Imos ser a forza que máis suba e afianzar o cambio político"
Na presentación dos candidatos do Bloque no Porriño e Mondariz, Pontón reivindica o "modelo municipal" da formación como "referencia en Galiza e a nivel internacional" porque "mellora a vida da xente" con "apostas polas persoas, urbanismo sustentable e espazos públicos ao servizo da xente"
'Medrar en galego': un día en Allariz para impulsar a crianza na lingua propia de Galicia
A xornada procura "contribuír a mellorar as ferramentas que xa están a empregar as familias para fortalecer o uso do galego entre as crianzas mesmo en contornas adversas" cun programa que combina espazos lúdicos coa formación
Persoal da CRTVG volve á folga o 6 de marzo e advirte o consello de administración: "Non podemos máis"
Persoal dos medios públicos interpelou directamente a membros do consello de administración na sede central de San Marcos para esixir que "garantan o respecto á profesionalidade" e "a fin das prácticas de manipulación e das represalias", que a dirección nega
O Parlamento reclama un protocolo de "prevención e intervención" en casos de agresións sexuais no ocio nocturno
Unha proposición do BNG logra a unanimidade da Cámara para instar a Xunta a que elabore co sector do ocio nocturno un protocolo para "blindar os dereitos das mulleres agredidas" e que inclúa "actuacións en todos os ámbitos"
Retido un barco maltés cunha fianza de 100.000 euros por verter hidrocarburos en 12 quilómetros cadrados fronte a Fisterra
O buque ‘Lagertha’ foi inmobilizado en Tarragona, primeiro porto español no que recalou, e a Mariña Mercante abriulle un expediente sancionador
Ovacións para 'Matria' e grandes aplausos para 'Sica' nas súas estreas mundiais no Festival de Berlín
A longametraxe de Álvaro Gago, que compite na sección Panorama, foi vista por 800 persoas no seu primeiro pase o pasado venres. Dous días máis tarde chegou a premier da co-produción galego-catalá da directora Carla Subirana, tamén rodada en galego