Máis de media Galicia, de troula: o Entroido, festivo local en 189 concellos
Este Martes de Entroido será festa en 173 localidades, incluíndo a maior parte das provincias de Lugo e Ourense e mais a parte norte da da Coruña. Este Luns de Entroido non é laborable e seis concellos e o Mércores de Cinza noutros doce.
'Nós' e os álbums da guerra de Castelao: artes e letras "liberadoras" e "denuncia da barbarie do fascismo"
Akal vén de publicar unha coidada edición facsimilar dos catro álbums que conta co prólogo de Carmen Blanco ("Castelao e Nós. Álbum de artes e letras liberadoras") e Claudio Rodríguez Fer ("O estoupido estampado")
O CCG presenta o Fondo Miguel Gutiérrez de carteis da Transición en Galicia: cando a sociedade loitou por facerse oír
A web do Consello da Cultura Galega ofrece nun especial unha escolma deste patrimonio documental que percorre a actividade social e política dende os últimos anos da ditadura e que conta coa colaboración do grupo HISPONA da USC
- 📺
- Cultura
Maruxa Villanueva revive como avatar para guiar as visitas virtuais á Casa de Rosalía
O avatar en 3D da actriz que durante tres décadas coidou da Casa da Matanza e recibiu a quen a visitaba guía agora os percorridos virtuais pola Casa-Museo nun proxecto encadrado na celebración do Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro
O BNG presenta INNOGAL, proposta de organismo público para potenciar a investigación e dar estabilidade ao persoal
Ana Pontón mantivo este xoves un encontro con representantes da comunidade científica galega para presentarlles a súa proposta de crear un organismo que busca, seguindo o exemplo de Ikerbasque en Euskadi e ICREA en Catalunya, "facer da ciencia un factor estratéxico para o desenvolvemento de Galiza".
O cine galego acada un fito histórico coa estrea de 'Matria' e 'Sica' no Festival de Berlín
As longametraxes de Álvaro Gago e Carla Subirana foron rodadas en galego e nelas as mulleres son as protagonistas das historias. Matria, que compite na sección Panorama, terá a súa estrea mundial este venres e chegará ás salas comerciais en marzo. Sica, na sección Generation 14plus, proxectarase dende o domingo e estará en salas a partir de maio
🔊Fálase | A sanidade pública reborda no Obradoiro e un fito histórico para o cinema galego
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, facemos balance da concorrida manifestación de SOS Sanidade Pública falando co seu voceiro, Manuel Martín, e mais escoitando as impresións do Goberno do PP, do BNG e do PSdeG. Con VINTE, achegámonos á unha ollada 'queer' á cultura de club en Portugal e anticipámonos ao fito histórico que vén na Berlinale con dous filmes galegos
Nace o Rexistro de Medios Dixitais Galegos "para separar o gran da palla" e dignificar a profesión
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia crea esta ferramenta á que os medios existentes se poderán adherir se cumpren unha serie de requisitos de tipo profesional e deontolóxico. O obxectivo é ofrecer a cidadanía unha garantía de que as páxinas que visita realizan un labor xornalístico e "para evitar caer na desinformación que fomentan webs non profesionais"
A inflación estáncase en xaneiro, cun descenso dos alimentos pola rebaixa do IVE e un encarecemento dos combustibles
O dato pon fin ao descenso da inflación iniciado en xullo do pasado ano, cando o IPC acadara un nivel máximo do 11,5%. Os alimentos básicos abaratáronse en xaneiro, pero en porcentaxes inferiores á redución do seu tipo impostivio. Os carburantes, en cambio, aumentaron un 9,5%
Abraham Cupeiro e a Filharmónica de Braga inaugurarán o programa de Lugo como capital cultural do Eixo Atlántico
Feiras gastronómicas, eventos musicais na contorna dos ríos Miño e Rato ou encontros en clave histórica xúntanse na programación da capitalidade cultural con citas consolidadas como o Arde Lucus, o San Froilán ou o Caudal Fest
'Activa o Modo Galego', accións dentro e fóra das aulas para frear a perda de galegofalantes en Ames
RAG e Concello de Ames presentan un proxecto que nos vindeiros meses incluirá iniciativas de inmersión lingüística para 3.000 nenos e nenas da localidade e que abranguerán as actividades extraescolares, de lecer, tempo libre e conciliación familiar. A Academia espera que poida ser "replicable" noutros lugares de Galicia
A Axenda enerxética 2030 da Xunta, lonxe dos obxectivos do Acordo de París para a redución de gases contaminantes
Un informe do Observatorio Galego da Acción Climática denuncia que "a redución do consumo galego de enerxía primaria procurada pola Axenda Enerxética é de só o 19% en 2030, en comparación con 2019". Este recorte equivale á caída forzada en 2020 pola COVID-19. A xuízo do OGACLI, a diminución do consumo debería aproximarse ao 40%