O FIOT, elixido o mellor evento cultural de Galicia por diante dos festivais Sinsal San Simón, Cans, Cineuropa e WOS
Dende o 2009 a Fundación Contemporánea leva a cabo unha consulta na que participan centos de axentes culturais de todo o Estado. Galicia aparece como o sexto territorio cunha mellor oferta cultural e, por cidades, A Coruña é a décima urbe, por diante de Santiago (15º), Vigo (26º) e Pontevedra (37º)
O PPdeG equipara a Pedro Sánchez cunha enfermidade para pedir non votar ao PSdeG nas municipais
A 'número dous' dos populares galegos presenta os comicios do 28M como unha loita contra a "síndrome de Sánchez" e os votos ao PP como unha vacina para evitala. Mentres, o secretario xeral dos socialistas, Valentín González Formoso, chama a intensificar a "mobilización social" a prol da sanidade pública
Os eurodeputados de BNG e PSdeG critican xuntos o "uso partidista” da Fundación Galicia-Europa por parte do PP
Ana Miranda e Nicolás González Casares censuran nunha nota de prensa a participación de cargos institucionais e do partido nun acto en Bruxelas mentres a institución que debera representar á Xunta ante a UE non mantén contacto cos outros representantes galegos
- 📺Vídeos
- Cultura
'Axudádeme a cantar': historias dunha literatura oral sostida por mulleres que ficaron invisibilizadas
O Consello da Cultura Galega presenta un proxecto audiovisual composto por seis vídeos que buscan dar valor ao canto acompañado con percusión de man, unha tradición que pasou de xeración en xeración grazas a mulleres "que non aprenderon en ningunha escola e que son as grandes esquecidas da cultura tradicional oral"
🔊Fálase | Un resumo do eólico e unha deliciosa viaxe
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, resumimos e poñemos contexto ás autorizacións ambientais de parques eólicos da Xunta e do Estado das que tanto se leva falado nas últimas semanas e, con VINTE, achegámonos a unha serie de roteiros de turismo próximo pola provincia da Coruña, con moito para descubrir e saborear
Ortiga e Grande Amore poñen música aos medios en galego
A Asociación de Medios en Galego conmemora dende 2018 cada 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego cadrando co aniversario do nacemento en 1876 d'O Tio Marcos d'A Portela. Desta volta a celebración inclúe un concerto gratuíto, o día 9, de dous dos artistas con máis proxección na actual escena musical do país
O BNG acusa a Xunta de "perdoar" compensacións millonarias a promotoras de parques eólicos e esixe unha investigación
Tras as críticas do PP por fotografárense na escalinata do Parlamento, Ana Pontón e outros membros do grupo parlamentario do Bloque levan a súa crítica a xestión eólica do Goberno galego ás portas da Presidencia da Xunta
Os produtores en ecolóxico alertan de que a decisión da Xunta de non rectificar a perda de axudas "é un golpe para todo o rural"
A Plataforma de Produtores de ecolóxico de Galicia esixe ao Goberno galego unha solución para as 300 explotacións que ficaron excluídas por mor dun erro do Executivo. Cualifica de "incomprensible" a actitude da Xunta e apela ás alcaldías do rural, nomeadamente do PP, "para que se poñan a carón dos produtores e veciños"
O 78% das vivendas ocupadas son propiedade de bancos e o resto, sobre todo, inmobles baleiros herdados
Segundo as estimacións da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, o pasado ano houbo 660 usurpacións en Galicia, a inmensa maioría inmobles baleiros en mans de entidades financeiras.
- Vídeos
- Cultura
Youtubeiras 2022 recoñece a canle de Toxío e a Neeumatiko como mellores do ano
O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este sábado a gala de entrega de galardóns, na que o Premio do Público quedou en mans do vídeo Bembibre coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez
María Antonia Dans protagoniza o 'Día da Ilustración', que lembra o nacemento de Castelao
Bibliotecas de todas Galicia organizan actividades este luns en homenaxe á ilustradora nacida en Oza en 1922, nunha nova edición do evento organizado pola Consellaría de Cultura e a AGPI. Nas súas obras, Dans estendeu ao papel impreso o seu característico emprego de cores intensas e o seu estilo neoexpresionista.
Abanca gañou 217 millóns en 2022, un 40% máis, e recorrerá o imposto aos beneficios extraordinarios do Goberno de España
O seu presidente, Juan Carlos Escotet, que hai dez anos se fixo cos restos das caixas galegas por 1.000 millóns tras rescatalas o Estado con 9.000 millóns xa dados por perdidos, considera que o imposto é “claramente inconstitucional”