CC.OO. pide recuperar o Consello Galego das Persoas Maiores, suprimido pola Xunta en 2015
Galicia é o único territorio do Estado, xunto con Baleares, "que non conta cun espazo de participación institucional en que estean representadas as persoas maiores", destaca o sindicato
'Do Des-Equilibrio aos soños compartidos': a necesidade de elaborar relatos utópicos no medio da crise ecolóxica
Esta iniciativa de Educación Ambiental centrada na emerxencia climática terá como peche unhas xornadas que se desenvolverán en Pontevedra entre o 27 e o 29 de abril. Nelas participarán a cantautora Sés, a arquitecta Cristina Botana, a escritora María Reimóndez e a enxeñeira informática Laura M. Castro
Festival do Suído: música e poesía contra o parque eólico Carballoso
O vindeiro sábado 15 de abril A Laxe (Fornelos de Montes) acollerá a primeira edición dun encontro que busca "dar a coñecer o rico patrimonio natural e etnográfico do Suído" e mostrar a súa oposición á "depredación eólica". Su Garrido, Antilia, Tino Baz, Tonhito de Poi, Anxo Angueira, Miriam Ferradáns, Silvia Penas ou Ana Fernández participarán na iniciativa impulsada pola Plataforma Sur Da Dorsal Galega
- Datos Crise de prezos
- Economía
Diminúe por primeira vez dende o 2021 a porcentaxe de familias que toman medidas de aforro ante a crise de prezos
Coincidindo co descenso no IPC, a porcentaxe de familias que din que cambiaron os seus hábitos de compra pasa do 41% ao 31% e a proporción que diminuíu gastos comúns reduciuse do 47% ao 27%. É o primeiro descenso neste indicador dende finais do ano 2021, momento en que a inflación se comezou a disparar
Os premios Follas Novas do libro galego xa teñen finalistas: 39 aspirantes para 13 galardóns
O vindeiro 22 de abril terá lugar no Teatro Principal de Compostela a gala de entrega da oitava edición dos premios, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.
Yolanda Díaz lanza o seu proxecto para "ser a primeira presidenta de España" e rexeita as "tutelas"
A vicepresidenta do Goberno central confirma a súa candidatura e presenta o proxecto Sumar, que define como unha "casa aberta", e reivindica a súa autonomía sen mencionar a Podemos.
Vigo cartografa os lugares da barbarie franquista: "Necesitamos manter viva a lembranza das represaliadas"
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e a Asemblea Republicana de Vigo presentaron o documental Falando de Memoria, composto por 15 reportaxes gravadas noutros tantos espazos clave na represión que seguiu ao Golpe de Estado de 1936. Dende o Calvario ao cemiterio de Pereiró, a Volta da Figueiriña en Lavadores, o frontón de María Berdiales ou o lugar do afundimento do bou Eva.
O arquivo de Lois Tobío bota luz sobre como se organizou o exilio tras o golpe fascista e o celme do Estatuto
O fondo Lois Tobío creado no Consello da Cultura ofrece "unha ollada múltiple, meticulosa e completa sobre múltiples feitos" e axuda a coñecer mellor a historia de Galicia e da España do século XX
Pontón pide unha conexión por tren "do século XXI" para Lugo e culpa a Xunta e Estado de "cortar o seu progreso"
A líder do BNG reivindica a mellora das infraestruturas de comunicación na cidade e na provincia.
Rueda advirte que votar o PSOE o 28 de maio "é dicir que o Goberno de España o fai moi ben"
O presidente da Xunta e Manuel Baltar comparten acto na presentación dos 92 candidatos na provincia de Ourense, onde o líder dos populares da provincia avoga polo "voto de utilidade".
Formoso di que Ourense debe escoller "entre ter de alcalde a Hannibal Lecter" ou a "unha persoa solvente"
Na presentación da candidatura de Francisco Rodríguez á alcaldía, o secretario xeral do PSdeG lembra o "pacto de vergoña" que protagonizaron Jácome Manuel Baltar.
O ourensán Francisco Prieto, novo arcebispo de Santiago de Compostela
O ata o de agora bispo auxiliar substitúe a Julián Barrio, que levaba case 30 anos no cargo.