O Colexio de Psicoloxía reclama máis recursos de saúde mental no Sergas no Día Mundial da Depresión
Este 13 de xaneiro celébrase o Día mundial de loita contra a depresión. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pide á Xunta triplicar as prazas de Psicoloxía Clínica e reforzar a atención á infancia e adolescencia. Ademais, demanda incrementar a atención psicolóxica en Atención Primaria
O 'Día da Morte Digna' lembra os 25 anos do pasamento de Ramón Sampedro e reclama a defensa deste dereito
Dereito a Morrer Dignamente concéntrase na Praza do Obradoiro e pide a institucionalización desta data en Galicia, ao tempo que demanda que a Xunta e as restantes administracións "desenvolvan as actuacións necesarias para progresar na dignificación da morte na nosa sociedade"
🔊 Fálase | Esta calor non é normal
Coñecemos como durante case 300 días do pasado 2022 as temperaturas foron máis altas do normal en cidades galegas como Vigo, Santiago ou Ourense e analizamos como a seca foi un dos factores que provocou unha maior dependencia do gas na produción enerxética. Ademais, con VINTE, escoitamos a versión máis tropical de Projecto Mourente
Aberta unha investigación penal polo incendio nunha nave en Ponte Sampaio hai dous meses no que morreu un operario
A antiga fábrica de Pontesa estaba a ser empregada como almacén polo Grupo Nogar, segundo o Concello de Pontevedra sen licenza
SOS Sanidade Pública fai confluír as protestas pola "grave situación" do Sergas noutra mobilización unitaria
A cita será desta volta o vindeiro 12 de febreiro e o punto final de confluencia, a compostelá praza do Obradoiro. Tras meses de abondosas mobilizacións locais, a plataforma busca poñer o foco en aspectos como as listas de espera en Atención Primaria ou as "restricións ás consultas presenciais"
A RAG engade 400 novas palabras ao dicionario: 'aeroxerador', 'trans' ou 'alfábega'
As incorporacións inclúen neoloxismos como idadismo, estranxeirismos como zápping ou jacuzzi, termos que dan conta de novas realidades, coma deporte electrónico, ou novas acepcións para voces xa existentes, como crocante ou compoñedor.
A USC lidera un proxecto que emprega nanopartículas como 'cabalo de Troia' para combater tumores sólidos
A creación de cápsulas capaces de liberar células CAR-T en tumores sólidos para destruílos de forma efectiva permitirá crear alternativas máis eficientes na loita contra o cancro. A Universidade de Santiago coordina o proxecto CARTsol, no que participan investigadores de distintos centros e institutos
Ecoloxistas denuncian o "maltrato" de animais nas cabalgatas de Reis en Ourense, Moaña e O Porriño
Dromedarios, cabalos ou asnos foron usados nos desfiles do pasado 5 de xaneiro nestas tres localidades, unha práctica que foi desparecendo nos últimos anos da maior parte dos eventos. Ecoloxistas en Acción reclama á Xunta que modifique a súa Lei de Benestar Animal para prohibir estas situacións
Lula frea o asalto bolsonarista aos poderes do Brasil: "Todos eles pagarão com a força da lei"
Ante a aparente pasividade das forzas policiais dependentes de autoridades bolsonaristas, os asaltantes irromperon nas sedes dos tres poderes do Estado en Brasília. O presidente Lula da Silva, que tomou posesión o pasado 1 de xaneiro tras vencer a Bolsonaro por máis de 6 millóns de votos o pasado outono, decretou a intervención da seguridade no distrito federal
Unha iniciativa de ciencia cidadá para seguir as bolboretas e detectar cambios nos ecosistemas
Unha "rede de voluntarios ambientais" percorrerá uns itinerarios marcados nos parques naturais Monte Aloia, complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e Baixa Limia-Serra do Xurés para tomar notas sobre os exemplares e especies presentes
O ano Fernández del Riego comeza coa celebración en Lourenzá do seu 110 aniversario
Presentarase tamén o espazo web dedicado ao intelectual na web da Academia, encabezado pola biografía realizada pora Ramón Nicolás. A RAG publicará as cartas que intercambiaron Fernández del Riego e Otero Pedrayo, unha edición a cargo da investigadora Patricia Arias Chachero
- Galería de imaxes
- Lecer
Milleiros de persoas saen á rúa para ver de preto os Reis Magos en Galicia
Os Reis Magos percorreron Galicia na tarde e na noite de onte. As Cabalgatas recuperaron a normalidade que perderan nos dous últimos anos, marcados pola pandemia de COVID e milleiros de persoas saíron ás rúas para ver de preto as Maxestades de Oriente e as súas carrozas.