A PDRA denuncia a chegada de chapapote á Pobra do Caramiñal e insta a Xunta e Estado a mellorar a loita contra fugas e 'sentinazos'
O fuel procede previsiblemente da fuga de 150 toneladas de hidrocarburos que o pasado domingo se produciu no barco de bandeira chipriota Vermeer. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sinala que "20 anos despois do Prestige non parece razonable que as administracións non poidan atender un aviso por vertidos dun buque e retiralo do mar"
O BNG insta o Estado e á Xunta a trataren os restos de chapapote do Prestige que queden nas Somozas
O deputado Néstor Rego advirte no Congreso de que, segundo cálculos de Adega, quedan sen tratar unhas 10.000 toneladas de refugallos do chapapote mesturado con outros materiais. Na mesma xornada, Ana Pontón chama a manifestarse este domingo co Bloque fronte á crise de prezos e defende como "de sentido común" abordar "o descontrol de prezos" con medidas temporais como "IVE cero para os produtos básicos da cesta da compra"
O 'Manifesto da outra xente' reclama "abrir paso a un decrecemento" en defensa da natureza e dos animais
Manuel Rivas impulsa xunto co ornitólogo Antonio Sandoval un texto que se presenta con máis de 60 apoios de intelectuais e profesionais e que pide "poñer fin á guerra contra a natureza", lembrando que "sen a biodiversidade non haberá lugar para o ser humano".
🔊Fálase | Por que "non hai médicos" e unha peli de terror
No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos como a saturación e a falta de persoal nos centros de saúde do Sergas atrancan a formación de profesionais chamados a paliar, precisamente, esa mesma saturación. Ademais, con VINTE, coñecemos novas músicas e motivos para ver no cinema 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta
Unha tese da USC conclúe que tarifas de recollida do lixo dependentes da cantidade son o camiño para xerar menos residuos
Álvaro Fernández Braña escolleu como obxecto de estudo unha experiencia piloto levada a cabo en Aveiro. "As porcentaxes de recolla selectiva de materiais reciclables tenden a ficar invariables nos últimos anos. Cómpre atopar unha maneira efectiva de responsabilizar a cidadanía dos problemas ambientais derivados dos residuos que producen", di o autor.
O ecoloxismo rexeita o Plan Reitor das Fragas do Eume proposto pola Xunta, sen medidas para frear a eucaliptización do parque
As masas de eucalipto anteriores a 1997 "son amnistiadas pola Xunta para que sigan sendo foco de invasión e degradación", denuncian dez entidades nun documento que critica o "desleixo" do Goberno galego e sinala que o espazo é "o parque natural peor conservado da Europa Atlántica"
Chapapote na Illa de Arousa vinte anos despois do Prestige
Tras unha alerta da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, as autoridades investigan a posible orixe de bólas e galletas de chapapote con forte cheiro a gasoil achadas na praia da Ribeira do Chazo e noutros puntos da ría
Xisco Feijóo, Wilma Vieira, Lúa Mosquetera, Ana Moura e Ponte... nas Ondas! premiados na gala aRi[t]mar de irmandade galego-portuguesa
Os premios aRi[t]mar celebran a súa sétima edición achegando as culturas ás dúas beiras do Miño cuha gala aberta ao público que se celebra o xoves 15 no Teatro Principal de Santiago de Compostela na que actuarán artista setubalense A garota não e a arxentino-galega Catuxa Salom
Pontón reclama unha moratoria á instalación de novas grandes superficies en Galicia para apoiar o comercio local
O BNG presenta a súa campaña para animar ao consumo de produtos galegos e de comercio local cara ao Nadal, propón unha nova lei para o sector e censura que os Orzamentos da Xunta para 2023 lle dediquen 10 millóns menos que nas derradeiras contas do Goberno de coalición
Novo máximo de denuncias por violencia machista mentres a nova lei dispara os vetos das visitas de maltratadores aos fillos
As 1.854 denuncias rexistradas en Galicia no terceiro trimestre do ano supoñen outro máximo da serie histórica e un crecemento interanual do 16,1%
Media ducia de informacións que podes recuperar agora se desconectaches na ponte
Seleccionamos media ducia de temas que tratamos en Praza.gal durante a ponte para que, se queres, poidas poñerlles un ollo agora, sen présa.
Mil cartas polo Nadal para que os maiores dunha residencia "comprendan que a súa vida segue tendo sentido"
O centro de maiores Campolongo de Pontevedra pon en marcha unha campaña para que os seus residentes reciban unhas palabras de agarimo nas festas de Nadal, "o tempo máis triste" para eles, para o que contan coa colaboración do alumnado da UNED