450 castiñeiros para implicar a veciñanza de Lugo fronte á mudanza climática
As primeiras 450 persoas que se subscriban á 'newsletter' do novo proxecto 'Lugo, cidade viva' recibirán un castiñeiro do "novo bosque urbano", ligado ao barrio multiecolóxico que impulsa o Concello. Faino ao fío dun plan sinalado recentemente pola Comisión Europea como un dos exemplos de "experiencias positivas" desenvolvidas na UE no marco da "recuperación" fronte á crise do coronavirus
"Xeliña fala galego" noutro día da lingua materna para pular pola transmisión interxeracional do idioma de Galicia
A RAG recupera o relato co que o pai de Xela Arias, o mestre e tradutor Valentín Arias, contaba a finais dos anos 60 do século pasado a experiencia de criar en galego á súa filla
Xunta e PP sinalan por non entregar listas de vacinación a varios concellos que xa cumpriran cos trámites
Sanidade sinalou por non enviar a relación de profesionais dos servizos de atención ao fogar a varios municipios que xa os remitiran e logo de que o PP denunciase a situación en varios plenos. A Fegamp denuncia que eses "erros informativos" crearon "confusión e tensións" nas localidades.
- 🔊Podcast 40 anos do Estatuto Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta: un podcast para catro décadas de memoria colectiva
Está a piques de chegar Retrocorenta, un podcast no que imos percorrer algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva.
Os debates de 'As mulleres que opinan son perigosas' regresan para "tomar a palabra nas redes"
A cuarta edición do foro celebrarase de forma online os 5 e 6 de marzo coa participación de 18 xornalistas galegas e do resto do Estado. Destaca a presenza de Almudena Ariza e Esther Palomera ou de dúas premios Pulitzer, e tamén as intervencións de tres directoras de medios galegos.
- Vídeo
- Cultura
Un entroido 'na casiña' con folións virtuais e disfraces para que a COVID non deteña a festa
Concellos de toda Galicia organizan concursos de disfraces online e outras actividades en rede para 'entroidar' dende a casa e substituír unhas celebracións que tiveron que ser suspendidas por mor da pandemia.
O independentismo alarga a maioría en Catalunya co PSC como forza máis votada
O soberanismo supera o 50% dos votos e suma 4 escanos máis nuns comicios nos que os socialistas son primeira forza co mesmo número de escanos (33) que ERC e un máis que JxCAT. A ultradereita de Vox irrompe con 11 escanos e obtén máis do dobre de votos que o PP; Ciudadanos sofre unha desfeita e perde 30 escanos. O bloque independentista contaría con 74 escanos para unha eventual investidura, os mesmos que sumarían os socialistas con Esquerra e En Comú.
O BNG propón mobilizar máis de 14.000 millóns das axudas europeas para "saír da crise por unha porta nova"
O plan do Bloque aposta por un futuro máis "sustentable, social e feminista" e baséase na transición ecolóxica e ambiental e tecnolóxica e dixital, a economía verde, os coidados ou a igualdade.
O PP apoia a alcaldesa de Boimorto malia darse de baixa do partido e evita a súa dimisión tras vacinarse contra a COVID
Os cinco edís populares no Concello votaron en contra da reprobación e renuncia impulsada por PSdeG e BNG e evitaron así a súa marcha da alcaldía.
Un mapa interactivo informa a diario da situación da COVID nos concellos galegos e portugueses das dúas beiras do Miño
A web COVID-Miño está impulsada pola Deputación de Pontevedra e informa na incidencia acumulada en cada localidade e das medidas e restricións en vigor en cada lugar. As localidades dunha e doutra beira da raia demandan a apertura de todos os pasos na fronteira para os e as traballadoras
PSdeG e Ribeiro en Común pactan gobernar Ribadavia en coalición e desbancarán o PP cunha moción de censura
Tras o desacordo que permitiu ao PP gobernar na vila tras as municipais de 2019, socialistas e Ribeiro en Común acordan que Noelia Rodríguez, que fora número catro na candidatura socialista, sexa a nova alcaldesa da vila con Paula Rodríguez, da 'marea' local, como tenente da Alcaldía. Os populares atribúeno á súa "ambición polo poder"
A xustiza reitera a obriga de ENCE de pedir licenza municipal para realizar obras, "como todas as empresas"
O xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra desestima o recurso presentado pola empresa ante a paralización no ano 2018 por parte do Concello dunha actuación que a compañía estaba a realizar sen permiso. O Goberno local insta a ENCE a “que cumpra a normativa como a teñen que cumprir todas as empresas”