O centro de maiores da Deputación de Lugo en Becerreá apostará polo "arraigo" dos residentes na vila
O modelo de residencias da Deputación de Lugo "con prazas 100% públicas" que non buscan "o negocio nin a rendibilidade económica" aumentará ata os nove centros en funcionamento para cando remate este mandato. O Centro de Atención a Maiores de Becerreá destaca por promover o "arraigo", ao priorizar o acceso da xente da contorna tanto á residencia como ao centro de día.
🔊Fálase | O que cobra un médico e músicas para o verán
No episodio final da primeira temporada do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, contrastamos as afirmacións do presidente da Xunta sobre o salario do persoal médico de familia no Sergas e, con VINTE, percorremos unha manchea de músicas para este verán
Milleiros de persoas lembraron a Samuel Luiz nas cidades galegas nun Día do Orgullo LGBTI de reivindicación
A marcha máis importante tivo lugar na Coruña, onde este domingo se conmemora o primeiro aniversario do asasinato. "Por isto é necesario o Orgullo. Por isto é necesario que sigamos saíndo ás rúas a reivindicar os nosos dereitos. O dereito a ser quen somos, sen medo", concluíu o manifesto lido na cidade herculina
Baltar desmárcase do argumentario da dirección do PP galego sobre o AVE: "Ourense é Galicia"
"Seguimos agardando a chegada do AVE a Galicia. O AVE chegou a Ourense, pero non chegou a Galicia", sostivo Prado, 'número dous' do PPdeG. "Eu considero que o AVE chegou a Galicia, ninguén pode dicir que non porque Ourense é Galicia", retruca o barón ourensán
Oito lecturas para o Día do Orgullo
No Día do Orgullo recompilamos os temas publicados en Praza.gal e na revista VINTE que cómpre ter presentes. A celebración do Orgullo do ano pasado estivo marcada polas reclamacións para a aprobación da lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e a garantía dos derechos das personas LGBTIQ+, que este ano volven á rúa coa lei camiño do Congreso.
Un xuíz de Ourense concede o cambio de sexo a un neno de nove anos
O Rexistro Civil accede á mudanza e o maxistrado explica que, tal e como indicou o Supremo, a minoría de idade do inscrito "non pode ser motivo para desposuílo dos dereitos que o asisten".
Volve o Asalto ao Castelo de Vimianzo, a gran festa irmandiña da Costa da Morte
Na vila comezaron xa as actividades dunha celebración que non se organizaba dende o ano 2019. Con todo, o groso da programación terá lugar este venres e sábado cos concertos de Sés ou Talco, actividades infantís, representacións teatrais e, por suposto, co Asaltiño e co Asalto, no que os irmandiños e irmandiñas tentarán tomar a fortaleza armados con fachos e globos de auga.
Volven as verbenas masivas co duelo de París de Noia e a Panorama na aldea de Vilamaior, en Verín
Esta parroquia de 300 habitantes recibirá este mércores milleiros de seguidores das dúas meirandes orquestras galegas para un concerto conxunto. A primavera está a ser moi intensa para as agrupacións musicais e o verán preséntase cunha programación aínda máis cargada de eventos.
Martín Códax, "referencia da esencia da música popular e culta de Galicia", protagoniza o Día das Artes Galegas en 2023
O Día das Artes Galegas, que se celebrará o 1 de abril de 2023, céntrase por primeira vez na música, a través do trobador da ría de Vigo, do que coñecemos como soaban as súas composicións grazas ao Pergamiño Vindel, achado a comezos do século XX
O Foro Galego da Inmigración pide "depurar responsabilidades" pola morte masiva de migrantes na fronteira de Melilla
A entidade lembra que unha parte importante dos 27 falecidos pola acción da Policía marroquí procedía de Sudán e polo tanto tiña dereito de asilo no Estado Español. Esixe unha investigación "urxente e independente" e reclama cambios nas políticas migratorias.
Axudas a parados e autónomos e redución do prezo do transporte público, entre as novas medidas anticrise do Goberno central
Un Consello de Ministros extraordinario aprobou un novo paquete de accións para combater os efectos do aumento de prezos, que inclúe tamén a redución do IVE da factura da luz e a prórroga ata final de ano da bonificación de 20 céntimos por litro de combustible. Así mesmo, anúnciase un novo imposto aos beneficios extraordinarios das eléctricas a partir do ano 2023.
- Vídeo
- Acontece
Un ano sen Xaquín Álvarez Corbacho: o economista, o alcalde, o loitador
O pasado mes de abril Álvarez Corbacho recibiu no Grove unha homenaxe -organizada pola Asociación Cívico-Cultural Barlovento, o Concello e a Deputación de Pontevedra- na que se proxectou un vídeo que repasa a súa traxectoria. Coincidindo co primeiro cabodano do seu pasamento, publícase na rede esa peza audiovisual, realizada por Xarda.