Caballero apóiase no "poder municipal socialista" de Galicia para chegar á Xunta tras o 12X
O candidato do PSdeG comprométese a implicar o "poder municipal" no "plan de reconstrución" que prevé impulsar desde a presidencia da Xunta.
Pontón reivindica o "modelo de éxito" municipal dos alcaldes do BNG para trasladalo á Xunta
A candidata do Bloque presume de concellos gobernados pola súa formación por conseguir "situar as persoas no centro" e seren "unha referencia a nivel internacional".
O PSdeG reivindica a Touriño e o bipartito: "Galicia necesita outra rexeneración"
"Se o cambio foi posible en 2005, será posible en 2020", di Caballero no acto de celebración do 15º aniversario da vitoria progresista, no que define o ex-presidente como "o mellor da historia democrática de Galicia".
O destino do groso dos fondos do Estado para Galicia polo coronavirus dependerá do Goberno que saia do 12X
O decreto-lei aclara que as transferencias do fondo "non terán carácter condicionado" e que "será responsabilidade das comunidades" destinalas á finalidade prevista
Alcoa anuncia que iniciará o 25 de xuño o proceso formal para o despedimento colectivo na Mariña
A multinacional prevé despedir uns 530 traballadores da planta de aluminio de San Cibrao, o que provocaría a perda duns 400 empregos máis nas auxiliares. O comité cualifica de "vergoñenta" a actitude da empresa, á que acusa de "mala fe".
A Fegamp critica á Xunta a "imposición" aos Concellos "de medidas inasumibles" para previr contaxios nos parques infantís
En boa parte de Galicia estes espazos continúan pechados, mentres as localidades traballan para cumprir coa normativa de seguridade esixida pola Xunta. Os concellos consideran que o Goberno galego non ten en conta as súas necesidades económicas e de recursos humanos e reclaman un apoio ata agora inexistente.
A Xunta prevé iniciar o curso escolar o 10 de setembro e o profesorado critica que "non teña en conta" o coronavirus
O curso 2020/21 en Galicia terá un día lectivo máis do habitual e as vacacións de Nadal rematarán o 8 de xaneiro. Os sindicatos educativos critican que a Consellería opte por un "calendario normal, como se non pasase nada".
O PSdeG asegura que creará 2.000 prazas de residencias públicas de maiores se chega á Xunta tras o 12X
Gonzalo Caballero afirma que, nunha lexislatura, o PSdeG se propón abrir 2.000 prazas novas en residencias de maiores no marco dun plan a dez anos con "10.000 prazas, situando a Galicia na senda de recortar o déficit que sinala a Organización Mundial da Saúde"
Galicia en Común chama á mobilización e augura a derrota de Feijóo "se a xente vai votar"
A formación presenta o seu lema de campaña de cara ao 12X: "É o momento! Construírmos o futuro".
A Xunta Electoral cre que Vox incumpriu a lei electoral ao despregar globos verdes en cidades galegas, pero non o sanciona
Fronte á denuncia, formulada polo PSdeG, o partido de extrema dereita alegou que non existía “proba algunha” contra el, pero o órgano electoral lembra que así se recolleu “nas redes sociais desa formación”
Caballero evoca o éxito do PSdeG nos gobernos locais formados hai un ano como "antesala do cambio político en Galicia"
O candidato do PSdeG á Xunta sinala "a xestión das máis de cen alcaldesas e alcaldes socialistas" como "a mellor proba de que sabemos gobernar" e da necesidade dun Goberno galego "en sintonía" co do Estado e os dos municipios
O galego Xosé Bustelo, premiado polos seus avances na investigación do cancro
O Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal deu a coñecer este luns os seus gañadores, recoñecendo na súa novena edición a Xosé Bustelo (Padrón, 1962), "pola súa brillante carreira investigadora e académica con liñas de investigación sólidas que deron lugar a avances importantes no campo das bases moleculares do cancro"