O Goberno central anuncia o estatuto electrointensivo para as "vindeiras semanas" e Caballero aposta pola intervención pública en Alcoa
O Executivo aprobou este venres un Fondo de Reserva de 600 millóns para que as empresas subscriban contratos de compravenda de electricidade a medio e longo prazo, abaratando o seu prezo. Ademais, o candidato do PSdeG comprometeuse en Lugo a estudar a intervención pública na factoría de San Cibrao para salvar os postos de traballo
Gonzalo Caballero promete "un escudo protector" para as persoas máis vulnerables
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta aposta por “impulsar as políticas sociais e incrementar o gasto social na defensa dos servizos públicos".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma tres novos diagnósticos de coronavirus, mentres o foco do Barbanza segue controlado
Estes tres novos positivos elevan a 15 a conta de casos detectados na última semana e a 24 os rexistrados nas últimas dúas semanas. O brote do Barbanza mantense con nove persoas infectadas.
Pontón comprométese a impulsar desde a Xunta un plan de industrialización e unha transición enerxética xusta nas Pontes
A candidata do BNG critica que se aluda á falta de fondos para estes plans logo de que se puxesen sobre a mesa 90.000 e 5.000 millóns de euros, respectivamente, "para rescatar a banca e as radiais madrileñas".
O CIS apunta a unha cómoda maioría absoluta do PP, con ascensos para PSdeG e BNG
Os populares obterían entre 40 e 42 escanos, fronte aos 16-18 dos socialistas, os 12-14 do Bloque e os 4-6 de Galicia en Común. A sondaxe asegura que o 69% da poboación irá votar "con toda seguridade", pero detecta escaso interese pola convocatoria. O 46% considera que a situación de Galicia é boa, pero só o 20% cre que é mellor que hai catro anos
Malpica promocionarase como destino turístico para a observación do ceo nocturno
A Costa da Morte é un lugar privilexiado para observar o ceo. Aproveitando estas inmellorables condicións, nos vindeiros meses Malpica impulsará o concello como destino xeoturístico astronómico. En especial, a iniciativa destacará as virtudes de Punta Nariga e Santo Hadrián
Galicia en Común presenta un programa con 500 medidas para un "Goberno de progreso" fronte ás "mentiras" de Feijóo
A coalición aposta por "cambiar en 180 graos o rumbo deste país" para "non volver á vella normalidade de recortes, privatización e corrupción" do PP.
Alcoa teima no ERE tras rexeitar un plan a dez anos do Goberno central que dá esperanza ao persoal
O Ministerio de Industria presenta plan industrial a dez anos no que crea un marco enerxético cun prezo estable do MW/hora de entre 25 e 35 euros que o comité ve positivo de concretarse as propostas. A multinacional non ve "garantías nin certeza".
Unha sentenza avala o illamento obrigatorio dun infectado de coronavirus de Porto do Son que non respectou o confinamento
Trátase dun home duns 35 anos que este domingo foi diagnosticado como enfermo de Covid-19. Cando se realizou unha visita ao seu domicilio para comprobar que estaba respectando a corentena, descubriuse que non se atopaba nel. O auto avala que as autoridades o localicen e o manteñan en illamento
Galicia en Común comprométese a "reverter a década de privatizacións e recortes do PP" desde a Xunta
O candidato á presidencia pola coalición, Antón Gómez Reino, e outros membros da candidatura mantiveron unha xuntanza con representantes de Modepen en Boiro.
Caballero avoga por outra "folla de ruta" para reconstruír Galicia ante a "nula" política económica de Feijóo
O candidato do PSdeG chama a outro "liderado" na Xunta para a reconstrución post-coronavirus e advirte do "proxecto esgotado" do PP.
O Ministerio deixa en mans da Xunta o número máximo de alumnado por aula para o vindeiro curso
O Goberno central asegura que se "pode optar pola alternativa de establecer grupos de convivencia estables de entre 15 e 20 alumnos" en Infantil e Primaria, pero permite ás comunidades elevar o número se así o decide.