Para Gómez Reino, a mobilización da sociedade galega "marca o camiño" ás forzas de esquerda para "desterrar" a Feijóo
O candidato de Galicia en Común, que ofreceu a PSdeG e BNG un "decálogo" de medidas para conformar un Goberno de progreso, estivo o venres en Pontevedra e o sábado en Ourense acompañado pola ministra de Traballo Yolanda Díaz. Este sábado, en Vigo, Pablo Iglesias participará no mitin central da formación.
Admitidas xa case 77.000 peticións de voto por correo, máximo histórico nunhas autonómicas galegas
Emitíronse xa 40.776 votos por correo para os comicios do vindeiro 12 de xullo.
Gómez Reino advirte do "nerviosismo do PP" e de que a derrota de Feijóo móvese en 15.000 votos
O candidato á presidencia da Xunta por Galicia en Común insiste en que é a coalición “quen vai derrotar o PP”, poñendo o foco nas provincias atlánticas.
O ciclo de FP dual en Ribadeo de traballos forestais ofrece aulas e prácticas remuneradas con 500 euros
O centro Pedro Murias oferta por primeira vez este ciclo de profesional do monte galego con posibilidade de aprendizaxe en FInlandia. O prazo de inscrición remata o vindeiro 8 de xullo.
Tres investigadoras que foron nais durante os seus contratos quedan fóra das prórrogas concedidas pola Xunta
O Goberno galego ofrécelles unha prórroga dun mes, que as deixaría en desigualdade de condicións ante futuras convocatorias competitivas. Denuncian que "estes programas carecen de mecanismos que garantan unha igualdade real para as mulleres que deciden ser nais"
Galicia en Común advirte de que se está a "disputar" escanos co PP na Coruña e en Pontevedra
Gómez Reino chama á mobilización progresista e asegura que o voto á coalición "é dobremente decisivo" porque resta tamén ao PP. Os ministros Pablo Iglesias e Yolanda Díaz únense a fin de semana á campaña galega.
Folga total do persoal de Alcoa na Mariña, que clama por unha "intervención" ante a Xunta
O seguimento do paro é do 100% entre os traballadores, que esixen a Feijóo ante San Caetano que apoie intervir a fábrica para evitar os despedimentos.
A Rede Galega contra a Pobreza pide aos partidos que prioricen a loita contra a exclusión con 15 grandes medidas
As 140 organizacións que integran EAPN-Galicia presentaron as súas demandas ás formacións políticas que concorren ás eleccións, con lemas como "as persoas primeiro" ou “somos persoas, non expedientes”, co que piden reducir a actual burocracia na concesión de axudas.
O BNG evoca o Estatuto do 36 como "celebración da esperanza" de chegar ao Goberno tras o 12X
"Temos na nosa man que unha muller co empuxe necesario para o cambio poida liderar o goberno da Xunta", di 'MIni' Rivas sobre Ana Pontón
Galicia en Común conmemora o Orgullo LGTBI e chama a "pechar a porta da Xunta á represión da extrema dereita"
"Estamos moi preto, a uns poucos miles de votos para acabar co decenio negro", afirma na Coruña Antón Gómez-Reino
Caballero ve máis razóns para o cambio ao constatar que "Casado quere gañar en Galicia para derrocar o Goberno de España"
"Fronte ao relato do PP de que as eleccións están gañadas, a xente quere cambio en Galicia", afirma o líder do PSdeG
O agradecemento de Ana Peleteiro pola Medalla Castelao: "Sobre todo, eu son galega"
A campioa de Europa de triplo salto recibe o recoñecemento que leva o nome de Castelao xunto ao presentador e músico Xosé Manuel Piñeiro, o grupo A Roda e a xornalista Pilar Cernuda