Colectivos investigadores ven insuficientes as melloras que recolle o 'Plan de choque para a ciencia'
Unha ducia de entidades de todo o Estado, entre elas a galega Investigal, celebran algunhas das medidas anunciadas, que supoñen un investimento adicional de 1.056 millóns de euros en I+D+i, pero lembran os efectos dos recortes aplicados nos últimos anos e reclaman accións máis ambiciosas
Unha romaría en liña une este 25 de xullo os galegos e galegas dos cinco continentes
Está confirmada a participación de músicos como Bieito Romero, Carlos Núñez, Belém Tajes, Xabier Díaz, a familia Seivane, Zeltia, os irmáns Carlos e Fran Barcia, Dequenvessendo, David Carril e Son da Illa. O programa completarase coas colaboracións dos actores Touriñán e Diego Freire e do poeta Enrique Gavilanes.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas rexistra 7 casos novos de coronavirus, tres do brote da Mariña
Os "positivos activos" achéganse aos 200 e as cifras das áreas sanitarias da Coruña e Lugo seguen á baixa. Dos 202 casos activos, só sete están hospitalizados
Á praia, en bici: 'Vigo Ciclábel' propón rutas para achegarse aos areais sobre dúas rodas
A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Vigo Histórico, Mulleres Bicivisibeis e Fridays for Future lanzan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta este verán, que se une á proposta de 'Biciminuto' impulsada hai unhas semanas na cidade olívica
Vellez Digna volve sinalar a xestión de DomusVi e reclama unha investigación parlamentaria sobre as mortes nas residencias
Cangas acolleu, como todos os domingos dende hai dous meses, unha manifestación dos familiares das persoas usuarias da residencia de maiores de Aldán, que demandan que "se recupere de inmediato a xestión pública das residencias públicas" e piden transparencia sobre o sucedido na crise da Covid-19
As máscaras de protección, obrigatorias tamén ao aire libre e aínda que se poida manter a distancia de seguridade
O Consello da Xunta acordou este venres novas medidas para o uso deste elemento, que deberá empregarse sempre, tanto en espazos pechados como abertos. Só haberá excepcións para as persoas con problemas respiratorios, no momento de consumir nun establecemento de hostalaría e na praia no momento de bañarse ou cando se permaneza sen desprazarse.
Os sindicatos do ensino alertan de que co protocolo da Xunta "o curso non pode comezar con normalidade"
CIG-Ensino, CCOO, ANPE e UGT convocan concentracións en Compostela os días 22 e 28 de xullo, que se repetirían en setembro se o Goberno galego "non amosa a súa vontade de negociar" o documento, rexeitado "porque non minimiza os riscos de contaxio" do coronavirus
O Vive Nigrán abre unha tempada de festivais atípica na que a música en directo se adapta ao coronavirus
O Rías Baixas Fest reafirmou este xoves a continuidade de PortAmérica, Revenidas, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Sinsal e do propio Vive Nigrán, citas que decidiron "reinventarse" co apoio da Deputación de Pontevedra. En agosto, o Noroeste da Coruña terá 44 concertos, distribuídos en dous escenarios.
Caballero quere dar "nitidez" ao "perfil galeguista" do PSdeG e prevé completar os mandatos no partido e no Parlamento
O secretario xeral do PSdeG, cuxo cargo ten que renovarse o próximo ano, anuncia unha rolda de visita ás agrupacións socialistas para abordar “en primeira persoa os retos de futuro coa militancia”
Volve o Festival de Cans con medidas de seguridade para evitar contaxios e protexer as persoas maiores
Prescindirase das actuacións musicais nocturnas no Torreiro, substituídas por actuacións de tarde nas que o público estará sentado. Evitaranse todos os jalpóns onde vivan persoas maiores e reducirase a súa capacidade a menos da metade. As persoas de máis idade non estarán nos xurados e tampouco conducirán os chimpíns
As Festas do Apóstolo da 'nova normalidade': formatos reducidos e homenaxe ao persoal sanitario no pregón
No pregón deste venres, a cargo de Luís Pardo, haberá un recordo especial ás vítimas do coronavirus e tamén aos colectivos profesionais que tiveron un papel máis destacado na primeira liña de loita contra a pandemia. Os fogos da noite do 24 dividiranse entre oito puntos da cidade para evitar aglomeracións. Haberá que reservar a entrada para todos os concertos, que serán de balde
- Política Ao vivo
12X | O PP repite absoluta co escrutinio por riba do 70%, co BNG liderando a oposición
Nunca en xullo. Nunca tras un adiamento. Nunca condicionadas por unha pandemia. Galicia vota este domingo nuns comicios inéditos.