Sete concertos e museos abertos ata as dúas da madrugada nunha nova noite branca en Vigo
Coincidindo co evento, este venres 14 de agosto inaugúrase unha mostra sobre a carreira do escultor Silverio Rivas
O PP faise coa alcaldía de Castrelo de Miño mediante o voto de dous tránsfugas
O xa ex-alcalde, Esteban Suárez (BNG), atribúe a moción de censura ás "ansias de poder do PP de Ourense" e "ás ansias de cartos dos dous concelleiros tránsfugas". O PP de Ourense ameaza cunha denuncia á agora única concelleira do PSdeG en Castrelo por afirmar que lle "ofreceran" cartos a cambio de apoiar a moción de censura
Metal e ‘indie’ sen levantar do asento: chegan as edicións XS do Resurrection e o Caudal Fest
Angelus Apatrida, Lendakaris Muertos, Izal ou Amaral actuarán en Viveiro e Lugo con medidas de distanciamento e identificación dos asistentes
O BNG reafírmase nas declaracións de Pontón sobre os Borbóns e un colectivo de gardas civís únese á denuncia por "inxurias"
A Fiscalía da Audiencia Nacional estuda as denuncias presentadas por un colectivo monárquico que lle pide actuar contra a portavoz nacional do BNG e mais contra Pere Aragonés (ERC) e Teresa Rodríguez (Adelante Andalucía)
O persoal de Alcoa reclama unha prórroga de seis semanas nas negociacións para favorecer a compra da planta
Os traballadores concentráronse este venres ante o Parlamento coincidindo coa sesión de constitución da cámara. Piden a Xunta e Goberno central que forcen á multinacional estadounidense a volver ás negociacións e a renunciar a parar as cubas
As negociacións sobre o futuro da planta de San Cibrao, bloqueadas tras a negativa de Alcoa a participar en dúas xuntanzas
Alcoa afirma que é "inviable" chegar a unha "solución acordada". O comité de empresa propón que se prorrogue o período de consultas durante seis semanas máis para facilitar a venda a Liberty House
TEMAS 3 | Anatomía do 12X
No número de TEMAS, o monográfico para socias e socios de Praza.gal, percorremos a anatomía dos resultados das eleccións galegas do pasado xullo
A cancelación da feira taurina de Pontevedra leva á suspensión da manifestación contra as touradas na cidade
"Aínda que é unha boa nova a non celebración da feira taurina despois de tantos anos, isto non significa a fin das touradas", advirte a plataforma Touradas fóra de Pontevedra, que mantén a reclamación da fin do convenio municipal coa Praza de Touros e da modificación da Lei de Benestar Animal
O comité de empresa de Alcoa acusa a multinacional de "torpedear" o proceso de venda da planta de San Cibrao
Os representantes do persoal estiveron todo o día reunidos coa compañía, na derradeira xornada de consultas do ERE que afecta a 534 traballadores. O comité defende a "solvencia" da oferta de Liberty House e pídelle ao Goberno central que "lidere" o proceso: "non se pode permitir que veñan uns cuatreros a desfacer a industria deste país"
Sánchez di ignorar onde foi Juan Carlos de Borbón, situado entre Portugal e a República Dominicana
"Non se xulgan institucións, xúlgase ás persoas", di o presidente do Goberno de España, quen considera que a Casa Real "marca distancias sobre unha serie de condutas que poden ser susceptibles de cualificarse como irregulares". Diversas informacións sinalan que o ex-xefe do Estado viaxou dende Galicia a Portugal, onde o sitúan algúns medios, mentres que outros manteñen que marchou á República Dominicana
'O que non arde': prevención e árbores autóctonas contra o lume no medio rural de Lugo
O cineasta Oliver Laxe apadriña o lanzamento de 'O que non arde', o programa da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo para previr os incendios forestais que en vindeiras edicións incluirá tamén o fomento da gandaría extensiva
O emprego 'rebota' no medio da pandemia coa maior creación de postos de traballo en xullo da última década
Galicia incrementou en 19.026 o número de afiliacións á Seguridade Social en xullo, no mellor mes dende o ano 2008, o que axuda a compensar parte da destrución de emprego dos meses anteriores. O paro baixa en 9.343 persoas, pero o número de persoas desempregadas supera en 24.390 o de hai 12 meses. Ademais, máis de 50 mil persoas atópanse nun ERTE en Galicia.