Os prezos aumentaron un 11,5% en Galicia no último ano, sete décimas máis que no conxunto do Estado
A variación interanual no transporte baixa no último mes coincidindo coa baixada dos combustibles, pero na alimentación segue medrando
13 bibliotecas municipais galegas, premiadas polo Goberno central polos seus proxectos de animación á lectura
O Executivo recoñeceu as propostas presentadas polos concellos de Ares, Ortigueira, Mañón, Oleiros, Sober, Ribadavia, Verín, Esgos, O Pereiro de Aguiar, Campo Lameiro, O Grove, Pazos de Borbén e Soutomaior.
Música da mañá á noite nas Festas da Peregrina, que volven tomar as rúas de Pontevedra
Zahara, Los Planetas, Treixadura, Coque Malla, Ilegales e Juancho Marqués, entre outros, actúan nesta volta á normalidade das Festas da Peregrina, con charangas, pasarrúas e bandas de gaiteiros do 12 ao 22 de agosto
A Xunta quere crear un observatorio de olores e pide ideas á cidadanía
“O cheiro é a segunda causa de queixa ambiental despois do ruído en Europa”, di o Goberno galego, que matiza que non sempre a contaminación odorífera ten toxicidade
MeteoGalicia certifica a “vaga de calor histórica” dos días 11 a 15 de xullo, con ata 44 graos en Ourense na tarde do día 14
Aquela xornada unha tormenta inusual deixou “máis de 6.000 raios en menos de catro horas”
O Marisquiño chega á súa XXII edición cun día das familias e catro localizacións por todo Vigo como principais novidades
De xoves a domingo deportes e cultura urbana volverán encher as rúas da cidade con actuacións de grupos como Wöyza, Boyanka Kostova, Eternal Entropy, Bflecha ou Mwëslee
Galicia rolda as 2.000 hectáreas ardidas en incendios forestais no que vai de agosto
O incendio no que arderon 600 hectáreas en Verín camiña cara á estabilización grazas ao traballo dos equipos de extinción. En Boiro e Caldas de Reis hai dous incendios activos cunha alarma pola proximidade das lapas ás vivendas
BNG e PSdeG advirten de que o "cambio de caras" na xerencia do Sergas non solucionará o "colapso" sanitario
O ata agora responsable do Sergas asume o posto do xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, quen segundo Alfonso Rueda marcha por decisión persoal
"O mellor imposto á banca é recuperar a Caixa Postal"
CIG-Correos reclama recuperar a banca pública para "dotar a cidadanía dun servizo esencial" e tamén para "parar os pés con feitos reais" ás grandes entidades bancarias. A 'Caja Postal de Ahorros' existiu como tal de 1916 a 1991, cando o Estado a integrou en Argentaria, pouco despois privatizada e diluída no BBV
'Vacacións en paz' en Galicia para máis dun cento de nenas e nenos saharauís malia á convulsión política
Máis de 7.000 nenas e nenos viaxaron a Galicia ao abeiro deste programa impulsado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí nas súas tres décadas de historia. Vacacións en paz volve contar, outra volta e tras o atranco da pandemia, coa colaboración de institucións públicas con gobernos de diferentes signos políticos
Un instrumento que vai da música clásica ao folk, pasando polo jazz: arpistas de todo o mundo danse cita no Noia Harp Fest
Rodrigo Romaní, director artístico do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, sinalou que a novena edición ten unha proposta ecléctica cunha ampla diversidade estilística con actuacións gratuítas a ceo aberto e en espazos culturais da vila
Caballero anuncia que o alumeado de Nadal de Vigo reducirase de 7 a 6 horas para aforrar "o dobre" do que esixe o Goberno de España
O alcalde vigués di que consume máis “un campo de fútbol de 30.000 espectadores cos partidos habituais dun mes de xaneiro” que a decoración festiva, cuxo custo cifrou en 30.000 euros o pasado ano