O ministerio reduce de 10 a 4 quilómetros o desvío da A-6 en Pedrafita e propón a A-8 ou a A-52 para os transportes especiais
Traballa para que “en outono” o tráfico en sentido Castela e León non teña que pasar polo centro da vila, como si o terá que seguir facendo o que circule cara a Galicia, segundo a súa previsión, criticada pola Xunta
Santiago celebra "con forza" as Festas do Apóstolo con moita música, cabezudos, cine ao aire libre e espectáculos pirotécnicos
Dez días para celebrar o Apóstolo en Santiago cos concertos de Rocío Márquez e Bronquio, Xisco Feijóo, Grande Amore, Rufus T. Firefly, New York Ska-Jazz Ensemble, Herdeiros da Crus ou a Banda Municipal de Música de Santiago con convidados ilustres
O Festival Titiriberia de Rianxo proponse recuperar os títeres e captar novos públicos a través dos espectáculos de rúa
O festival de títeres tradicionais de Rianxo Titiribeira chega á súa sétima edición ampliando o seu programa polas parroquias con compañías galegas, portuguesas e italianas
Once incendios activos en Galicia deixan case 4.000 hectáreas ardidas de momento con Lugo e Ourense en alerta laranxa por calor
Medio Rural salienta que "a gran maioría dos lumes” se iniciaron polos raios das treboadas nun contexto no que a vaga de calor segue afectando a Galicia
Un xogo de espellos entre amigas, un crime que non se cometeu e poesías cunha dimensión propia reciben os Premios Xerais 2022
María Solar gaña o Premio Xerais de Novela coa obra 'A culpa', Rocío Leira faise co Premio Jules Verne de literatura xuvenil con 'Cicuta para dous' e Anxo Iglesias recibe o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil por 'Unha nova dimensión'
Varios incendios tras unha noite de raios queiman 1.300 hectáreas por toda Galicia
Na tarde do xoves só había dous incendios de relevancia e medio día despois a Xunta informa doutros nove nun contexto de alerta por altas temperaturas e cos encoros coas reservas máis baixas da última década
'Versos na barraca': poesía, música e artes visuais na nova praza pública á beira da Muralla de Lugo
Co poeta Lois Pérez na dirección artística, a nova praza lucense da Mosqueira acolle un ciclo de catro noites de recitais durante o mes de xullo nas que a poesía e a música contemporánea dialogan con outras disciplinas artísticas. Tras comezar con Manuel Rivas e Dores Tembrás, continúa con Antón Reixa e Malandrómeda; Antía Otero e Berta Dávila e mais Lucía Aldao e María Lado
Ourense, Valdeorras e Baixo Miño, en alerta vermella por temperaturas que poden superar os 42 graos
O martes a temperatura máxima en Galicia acadouse en Arnoia, con 43,7 graos e este mércores os termómetros volverán roldar os 43 graos en Ourense e superarán os 40 en Monforte, Verín e O Barco. Lugo chegará aos 39 graos, Compostela, Pontevedra e Vilagarcía os 38 e Vigo os 37.
Os prezos seguen a subir en Galicia cun aumento interanual do 11,1%, un punto por riba da media española
Combustibles e electricidade (+45,6%), alimentos (+12,9%) e os servizos de aloxamento (+20,5%) empurran á alza o IPC ao seu nivel máis elevado dende setembro de 1984.
"Repudio" no Colexio de Xornalistas ante as novas probas de ligazóns entre medios e 'cloacas do Estado'
O CPXG subliña que "non por obvio debe ser ignorado" que "os xornalistas deben contrastar a información" e cre "imperativo que o conxunto do xornalismo exprese con rotundidade a súa repulsa cara a estes comportamentos afastados da ética profesional"
Castelao, punto de unión entre Galicia e Cuba nunha exposición da Universidade da Habana
A mostra, inaugurada o pasado 28 de xuño na capital cubana, afonda na relación entre os dous países a través das obras, da figura e do pensamento de Castelao, recollendo especialmente as impresións que no intelectual deixou a visita realizada á illa no ano 1938 e os Debuxos de Negros que realizou nese momento
Ribadeo Indiano: a vila viaxa no tempo cunha festa que encheu de cor e música as rúas
Durante tres días a vila acolleu milleiros de visitantes nunha celebración que trasladou o público asistente aos primeiros anos do século XX e ao tempo da emigración a América e do retorno dos indianos. Lila Downs puxo a música, con múltiples actividades nas rúas e prazas da localidade, engalanadas para a ocasión.