- Política Ao vivo
12X | O PP repite absoluta co escrutinio por riba do 70%, co BNG liderando a oposición
Nunca en xullo. Nunca tras un adiamento. Nunca condicionadas por unha pandemia. Galicia vota este domingo nuns comicios inéditos.
- Galería Galegas 2020
- Política
Así se deixan ver candidatos e candidatas no día de reflexión
Paseos en lugares concorridos e imaxes de vida en familia predominan entre as estampas preparadas polos partidos para que a cidadanía non esqueza a votación deste domingo
- Documento Coronavirus Galegas 2020
- Política Lugo
O Supremo non entra a valorar as eleccións na Mariña porque di que non lle pediron ningunha medida concreta
O alto tribunal desestima por “xenérico” o recurso que Galicia en Común lle presentou contra a resolución da Xunta Electoral Central que “entende” que as autoridades sanitarias garanten a saúde dos votantes
Caballero reivindica o voto ao PSdeG como "a mellor vacina contra os recortes e a irresponsabilidade do PP"
O candidato do PSdeG celebra un acto co ministro Ábalos, que acusa a Feijóo de utilizar Galicia "como trincheira fronte ao goberno de coalición". Pedro Sánchez non acode ao peche de campaña en Vigo por unha avaría no avión.
A Xunta Electoral Central cre que na Mariña está garantida a circulación para votar agás "segmentos reducidos de poboación"
O órgano de control di que “debe entenderse que a autoridade sanitaria estableceu unhas condicións adecuadas para garantir o dereito á saúde dos votantes”
Unha aula con distancias de seguridade ante a Xunta para evidenciar a "falta de planificación" do vindeiro curso
CIG-Ensino simula unha aplicando o distanciamento social ante a Consellería de Educación, á que reclama que negocie con urxencia un plan para o vindeiro curso adaptado á situación sanitaria provocada pola covid.
Abanqueiro volve ao Caribe
Unha tartaruga mariña recuperada en maio na praia dese nome en Boiro volve ao mar tras recuperarse de inxerir plástico
Gonzalo Caballero destaca o elevado nivel de indecisos e di que o electorado progresista está comezando a mobilizarse
O líder do PSdeG asegura que a última semana de campaña será decisiva, “na medida en que se vaia mobilizando o electorado progresista que está quentándose, que está motivándose e mobilizándose".
O BNG pide suspender as eleccións na Mariña para votar "coas máximas garantías sanitarias"
"Ante a dimensión do rebrote, débense concentrar todos os esforzos en atallalo", di o Bloque, que subliña que "non se pode someter á veciñanza da comarca ao dilema de escoller entre a preservación da súa saúde e o seu dereito ao voto".
Galicia en Común chama a "tumbar" o ‘bo xestor’ que "deixa caer Alcoa e puxo en risco a saúde na Mariña"
Yolanda Díaz e Pablo Iglesias acompañaron en Vigo a Antón Gómez Reino nun mitin no que o candidato de GeC acusou de "irresponsabilidade" ao presidente da Xunta pola súa xestión do brote de coronavirus. "É importante visualizar que existe unha alternativa das tres forzas progresistas para activar o voto da esquerda", dixo.
Pontón chama a "superar as enquisas" a través da mobilización de todo o voto "inconformista"
A candidata do BNG salienta en Ferrol que Galicia necesita "un goberno que non se limite a facer promesas que nunca chegan a nada" e acusa a Feijóo de "improvisación" e "escapismo" ante o rebrote de coronavirus da Mariña.
Pontón pide concentrar no BNG o voto do "cambio galego" para "facer historia"
A candidata nacionalista ofreceu en Lugo un mitin no que cargou contra Feijóo pola xestión do brote de coronavirus na Mariña e por estar "ausente" no conflito xerado polo posible peche da planta de Alcoa en San Cibrao