Un avance na terapia con células nai que pode axudar na loita contra o cancro, mellor investigación galega do ano
A Real Academia Galega de Ciencias anunciou este luns os seus Premios de Investigación 2020, que recoñeceron un traballo coordinado por dous científicos da USC que abre novas portas ao tratamento de enfermidades coma o cancro e as doenzas autoinmunes
Un milleiro de persoas colaboradoras do proxecto 'Galicia Nomeada' incorporan máis de 20.000 topónimos
A iniciativa da Real Academia Galega, que conta co apoio da Xunta, leva nove meses en funcionamento e neste tempo sumou máis de 13.000 novos nomes, remitidos por 1.300 persoas voluntarias. Rianxo, Silleda e Mondariz son os concellos cun maior número de topónimos e microtopónimos
Un estudo conclúe que falar activamente dúas linguas protexe do Alzhéimer e do deterioro cognitivo
A investigación, que foi levada a cabo en Barcelona, subliña que a práctica diaria de cambiar dun idioma a outro é unha "ximnasia" que dota ao cerebro dunha vantaxe neuroprotectora. Destaca que o bilingüismo activo ofrece unha maior protección que a simple escoita pasiva dunha segunda lingua.
A app Radar COVID xa se pode descargar en galego
A aplicación que axuda ao rastrexo dos contactos de persoas infectadas polo coronavirus non estaba dispoñible ata agora na nosa lingua. A Xunta completou esta semana a integración da app no sistema sanitario galego.
O anuncio da contratación de máis docentes non frea as concentracións para reclamar "aulas seguras" coa COVID-19
As concentracións convocadas por CIG-Ensino, CCOO, STEG e CSIF e apoiadas por Anpas Galegas, Confapa, Erquer e Anega levan a 25 localidades galegas a reivindicación da seguridade nas aulas coa pandemia
CCOO acusa o Clínico de Santiago de pór en "risco innecesario" a persoal e doentes por non illar unha zona COVID
O sindicato manifesta que os pacientes con COVID-19 están na mesma planta que outros doentes "separados por un biombo" e desde a xerencia do CHUS afirman que as zonas COVID contan con "circuítos de entrada e saída, e zonas de desinfección"
- Vídeo
- Cultura
Xabier Díaz lanza unha escola virtual de pandeireta para aprender a tocar dende a casa e "dende cero"
Dende este mércores, cada dúas semanas o músico publicará en youtube un vídeo con leccións, que incluirán subtítulos en inglés e castelán. O curso, de balde, ten a súa orixe nas peticións expresadas pola comunidade galega na diáspora
A pandemia de coronavirus, unha nova escusa para 'contaxiar' o racismo e os discursos de odio
A ONG Agareso e o Concello de Santiago lanzan a campaña Protéxete do racismo para concienciar a sociedade e loitar contra os estereotipos e mensaxes xenófobas que políticos e medios de comunicación están a espallar aproveitando a situación provocada pola Covid-19
A compañía estadounidense Novavax fabricará no Porriño a súa vacina contra a Covid-19 para Europa
A empresa norteamericana chegou a un acordo coa galega Biofabri, división do Grupo Zendal. A vacina atópase na Fase 2 e comezará antes de fin de ano os ensaios da Fase 3.
As cartas de Virxinia Pereira amosan o seu compromiso ideolóxico e a defensa do legado de Castelao
O Consello da Cultura Galega vén de publicar na rede o epistolario cruzado que mantiveron Virxinia Pereira e Valentín Paz-Andrade entre 1951 e 1967, un total de 28 cartas que amosan o compromiso político da viúva de Castelao e a súa firmeza á hora de respectar as disposicións do finado
As cidades da eurorrexión reivindican a súa xestión da pandemia e reclaman ser tidas en conta por Madrid e Lisboa
“Os concellos xogaron un papel determinante garantindo servizos esenciais á poboación”, salienta o Eixo Atlántico, que este xoves organiza en Pontevedra unha conferencia de alcaldes e alcaldesas de Galicia e o Norte de Portugal
Os principais incendios da fin de semana nos montes galegos superan as mil hectáreas e poñen en risco áreas habitadas
O incendio con máis extensión localízase en Rebordechau, en Vilar de Barrio, onde ata media tarde do domingo arderan unhas 400 hectáreas