Pucho Boedo, que atopou na música unha vía de escape, entra no Álbum de Galicia como 'crooner' eterno
O arquivo biográfico do Consello da Cultura Galega conta xa con Pucho Boedo, líder histórico de Los Tamara, cunha descrición a cargo de Fernando Fernández Rego que repasa como lle cambiou a vida o fusilamento do seu pai no ano 1936
O tratamento na Lei do Audiovisual da lingua galega ou das producións independentes, a debate na USC
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este xoves unha xornada, na que colabora a Mesa, na que investigadores, profesionais do audiovisual e representantes de entidades de defensa das linguas minorizadas analizarán a nova norma
Rexos muros: unha web afonda na historia dos castelos e fortalezas do Reino de Galicia
O proxecto de FOREGA (Fortalezas do Reino de Galicia) foi premiado pola Deputación da Coruña e ofrece información e medio milleiro de imaxes de 16 castelos medievais e 15 fortalezas da Idade Modernas da provincia coruñesa
O Supremo ratifica a nulidade do ERTE aplicado por XEAL en 2020 e subliña a "mala fe" da empresa
Para a CIG o auto ratifica "que non existían causas organizativas e que o único que buscaba a empresa era aproveitar a pandemia para aforrar cartos e avanzar no plan de recorte da produción". O sindicato critica unha vez máis "a fraude que supuxo a operación de venda do complexo industrial e enerxético" de Ferroatlántica
A ARMH homenaxea o nicrariense Avelino García, preso no campo nazi de Mauthausen
Co acto deste venres en Negreira a entidade quere recoñecer os moitos "heroes galegos descoñecidos" que pasaron polos campos de concentración alemáns, con traxectorias vitais semellantes ás do homenaxeado, que morreu en Francia en 2016
O persoal de Hiperxel denuncia atrasos nas nóminas e falta de mercadoría nas tendas
Advirte de problemas desde hai seis meses nas tendas propiedade do grupo Vinova desde o verán de 2021.
Pontón acusa a Xunta de ser un “terminal” dos intereses electorais de Feijóo e reclama "medidas concretas" contra a crise
O BNG pide ao Goberno galego que inclúa nos orzamentos de 2023 un “verdadeiro” plan de resposta ante a crise de prezos e contrapuxo as propostas nacionalistas, que inclúen un plan de medidas que mobiliza 1.000 millóns de euros.
O PSdeG pide “contestación e reacción" da sociedade galega contra os recortes da Xunta en Educación
O secretario de organización, José Manuel Lage, participou nunha homenaxe a Ceferino Díaz en Foz, onde denunciou “a brutalidade dos recortes” de profesorado cos que comenzou o novo curso.
Reclaman da Xunta "accións preventivas" para evitar os 300 suicidios que cada ano se levan a cabo en Galicia
No Día Mundial para a Prevención do Suicidio, que se celebra este sábado, o Movemento Galego da Saúde Mental critica a "dilación" e a "inoperancia" da Xunta á hora de poñer en marcha medidas concretas de mellorar da prevención, unhas accións que moitas veces fican unicamente en "anuncios"
O BNG lanza os actos do seu 40º aniversario para amosarse capaz de "liderar o goberno da Galiza que vén"
Un documental con dirixentes históricos como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, María do Carmo García Negro, Encarna Otero ou Lois Diéguez percorrerá a historia da formación nun programa que culminará cun acto político no escenario da súa asemblea fundacional, o frontón de Riazor
A Xunta ofrece incentivos a propietarios de vivendas baleiras para conseguir que se aluguen "entre 250 e 300 inmobles"
Os titulares disporán de seguros gratuítos, recibirán asistencia xurídica e poderán acceder a axudas públicas para acometer reformas. En 2016 o Goberno galego puxo en marcha un programa semellante que só puidera mobilizar un número moi reducido de inmobles, apenas unha vintena
- Obituario
- Mundo
Isabel II, derradeira gran testemuña do poder no século XX
A descolonización, as tensións territoriais ou a entrada e saída do Reino Unido na Unión Europea son só algúns dos moitos fitos históricos acontecidos mentres Elisabeth II foi raíña, anos nos que a vida persoal dos membros da súa familia tamén ocupou abondosos titulares. O protocolo para os días posteriores á súa morte está milimetricamente detallado e tiña prevista a posibilidade de que morrese en Escocia, como así sucedeu. Prolóngase durante máis dunha semana