As voces máis singulares do teatro contemporáneo pasarán un mes en Carballo coa 31 edición do FIOT
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo celebra a súa 31ª edición do 30 de setembro ao 31 de outubro coa celebración dos 30 anos de Mofa e Befa, a participación de Blanca Portillo coa obra 'Silencio' de Juan Mayorga, unha homenaxe a Pedro Brandariz e preto de corenta representacións
Pontevedra acolle un encontro europeo sobre o espazo público e as cidades do futuro no que estudarán o seu modelo
As cidades “a escala humana” do futuro debúllanse na 'Placemaking Week Europe Pontevedra', un encontro con 70 relatores internacionais que persegue “crear cidades máis sas, equitativas e resilientes”
O Estado autoriza o peche de media central de Endesa nas Pontes
Transición Ecolóxica dá o visto e prace á clausura dos dous grupos inoperativos e condiciona o final dos outros dous "ao reforzo da dispoñibilidade de potencia no sistema eléctrico".
Congreso do Reino de Galicia: catro días "para poñer fin á ocultación" dunha realidade histórica
Entre este luns e o xoves o Museo do Pobo Galego acolle este encontro, que busca afondar no coñecemento da historia medieval "silenciada" e "ocultada", como destacan os responsables do evento, impulsado pola Deputación da Coruña
O PSdeG pide unha comisión de investigación polo "desvío" de 159 millóns dos fondos COVID
Os socialistas acusan a Xunta de destinar a "fins descoñecidos" case 160 millóns do achegado polo Estado para os gastos da pandemia. O PPdeG asegura que o PSOE só "intenta facer ruído".
A Xunta remite a futuras "indagacións" para achar "posibles responsables" do afundimento dunha estrada no Courel en marzo
Tras a apertura dun acceso provisional a Folgoso o pasado agosto, Infraestruturas responde este setembro ao PSdeG que segue a avaliar "posibles solucións" para a "restitución definitiva" da estrada e remítese a futuras pescudas para dilucidar as causas da derruba na vía, moi próxima a unha pizarreira
Mar de Mares homenaxea a histórica singradura do Xurelo contra as verteduras nucleares
Corenta anos despois das travesía sdo Xurelo e en vésperas dos aniversarios das catástrofes do Mar Exeo e do Prestige, o festival centrado na defensa do medio mariño homenaxea o traballo daqueles activistas, que a xuízo de Manuel Rivas "debería figurar no calendario de vitorias de Galicia e da humanidade"
- Obituario
- Acontece
José García Buitrón, compromiso humanista
García Buitrón, home cordial e sorrinte, faleceu aos 77 anos durante unha viaxe a Madrid. Persoa de fonda implicación política e social, foi pioneiro dos transplantes na sanidade pública galega. Nos últimos anos militou activamente en Podemos, formación a través da cal foi senador por En Marea
- 📺
- Cultura
'Crónicas dunha desmemoria': as historias do "silenciado" Reino de Galicia en pílulas de 5 minutos
Comeza a publicarse nas redes sociais unha serie de 12 vídeos curtos que debullan os principais temas e personaxes do Reino Medieval de Galicia, nunha viaxe guiada pola bookstagramer Irene Pérez Lis e que busca deitar luz sobre "unha realidade calada, silenciada e relegada pola historiografía oficial"
A folga nas escolas infantís e residencias de maiores da Xunta completa a súa primeira fase e reiniciarase en outubro
O paro iniciouse o pasado 5 de setembro, apoiado en exclusiva pola CNT, que critica a falta de vontade do Goberno galego para negociar cambios nun proceso selectivo que -denuncia- valora escasamente a experiencia no posto de traballo. Unha nova folga está convocada do 3 ao 14 de outubro
Os Premios Martín Códax xa teñen finalistas e anuncian que o público escollerá o galardón de 'Artista do Ano'
Agora os socios e socias de Músicas ao Vivo escollerán os premios entre os finalistas anunciados este mércores, agás o recoñecemento de nova creación de 'Artista do Ano', votado a través da web. Os galardóns entregaranse o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Greenpeace demanda medidas para evitar a contaminación do arrastre das cinzas pola chuvia nas zonas incendiadas
A organización ecoloxista, que cualifica de "chapapote de monte" ás cinzas que poden contaminar a auga, reclama a construción de pequenos diques perpendiculares á pendente en ladeiras moi empinadas. Medio Rural destaca que está a realizar labores de recuperación de zonas afectadas por incendios no Courel mediante traballos de mulching (acolchado) de palla