Unha campaña da USC chama a mocidade a cumprir as normas de prevención da Covid e reivindica que os bares son "seguros"
A campaña #NONalíes, impulsada pola Universidade de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela, chama a realizar un "ocio responsable" e lembra que a máscara só se pode quitar no momento exacto de consumir. "Sae da casa, pensa nos demais e non a líes", dise nun dos vídeos que se están a difundir
Máis de 14 toneladas de residuos nunha nova limpeza simultánea de ríos en 48 concellos
A 13ª edición do Proxecto Ríos contou coa participación de 840 persoas e máis de 60 colectivos.
O persoal de Alcoa impide a saída de aluminio da Mariña e irá á folga desde este domingo
Os traballadores decidiron en asemblea convocar un paro indefinido nunha xornada na que intensificaron as protestas.
Do contacto con aves e porcos a nenos que viven con persoas de risco: obxectivo, destinatarios e procedemento da vacina da gripe
O Sergas prevé distribuír 865.000 vacinas ata o 31 de decembro, o que permitiría vacinar a case un terzo da poboación galega
A patronal únese finalmente ao acordo para prorrogar os ERTE ata o 31 de xaneiro
O Consello de Ministros aprobará este martes a extensión dos expedientes de regulación de emprego temporal por mor da covid.
CIG-Ensino insta a Xunta a aclarar en que gasta os 93 millóns do tramo educativo do fondo estatal para a COVID-19
O sindicato censura que a Xunta "venda" que programas de reforzo educativo xa existentes antes da pandemia forman parte do esforzo para loitar contra a COVID nos centros educativos" e, tras un encontro co Ministerio de Educación, ve acreditado que "mentiu" ao respecto. O tramo do Fondo COVID transferido en setembro foi repartido polo Estado con criterios baseado no sistema educativo, pero o destino dos cartos é "responsabilidade das comunidades autónomas"
O persoal de Alcoa bótase á rúa a poucas horas de reactivarse os despedimentos e entre chamamentos á intervención estatal
Este luns remata o prazo ampliado de consultas do ERE iniciado por Alcoa para pechar a planta de aluminio sen que neste tempo se concretase a súa venda ao grupo Liberty
Máis ovella que vaca e lapas que caranguexos: o menú dos habitantes do castro do Trega
O CSIC analiza o “cuncheiro” do poboado, o basureiro que ofrece pistas sobre a alimentación dos seus habitantes
A nova vida do festival Cantos na Maré levas as artes atlánticas a Compostela
O Festival Maré contará cunha revisión do Zeca Afonso da man de Nacho Muñoz, Faia Díaz e LAR Legido, a entrega dos premios aRi[t]mar de poesía e música, e unha gala de encontro galaico-portugués dirixida por Uxía
A evolución das exportacións galegas na pandemia desmente as previsións máis pesimistas do Banco de España
O Foro Económico conclúe que os sectores automobilístico e agroalimentario xa recuperaron en Galicia os niveis de exportación previos á pandemia e ve "especialmente preocupante" que o sector téxtil "non consolide" a recuperación das súas exportacións malia á reapertura das tendas
O inicio do curso escolar reactiva a mobilización veciñal en Gondomar pola mala calidade da conexión a Internet
A pasada primavera a crecente necesidade de acceso de alta velocidade levou á creación dunha plataforma cidadá que reclama a extensión da fibra óptica por este termo municipal situado a 25 quilómetros de Vigo. Este luns tivo lugar unha nova concentración, ante o inicio das clases e o regreso ao teletraballo
Un avance na terapia con células nai que pode axudar na loita contra o cancro, mellor investigación galega do ano
A Real Academia Galega de Ciencias anunciou este luns os seus Premios de Investigación 2020, que recoñeceron un traballo coordinado por dous científicos da USC que abre novas portas ao tratamento de enfermidades coma o cancro e as doenzas autoinmunes