Condenada a franquía ourensá de McDonald's por mudar as quendas dunha traballadora de baixa por embarazo de risco
O xulgado condena a empresa a anular a mudanza na xornada laboral da traballadora, que tiña recoñecido o seu horario por sentenza de conciliación, e a indemnizala con algo máis de 6.000 euros. A CIG "celebra" a sentenza e subliña que "non estamos a falar dun caso illado nesta empresa"
Sanidade leva dous meses sen responsable de Epidemioloxía tras a xubilación do anterior
Tras 42 días sen reunión executiva, superando o récord de 41 días do verán de 2017, o Consello da Xunta deste xoves comezou a nomear os cargos intermedios do novo Goberno galego cunha remuda completa da cúpula de Educación
Xulgar un animal salvaxe ou analizar as súas “interaccións”? Os expertos piden “tranquilidade” ante o paso de candorcas por Galicia
A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma) realizou a pasada semana un control aéreo no que avistou 97 cetáceos pero ningún desa especie e estima que “nos vindeiros días” os exemplares de paso superarán Estaca de Bares
Os sindicatos denuncian á Xunta por quitar cartos a persoal que non secunda pero si apoia a folga indefinida dos técnicos forestais
CIG, CCOO, CSIF e UGT acusan ao Goberno galego de “represión” contra traballadores que, aínda que non participen nela, non rexeitaron expresamente a folga, iniciada hai un mes e con servizos mínimos que cualifican de “abusivos” por superar “o 90% do cadro de persoal”
- Documento Memoria antifranquista
- Política
A xustiza declara que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e ordena á familia Franco devolvelo
A xuíza conclúe que os documentos demostran que a Xunta Pro Pazo regalou o inmoble ao xefe do Estado, non a Francisco Franco a título persoal
O ‘rebote’ récord de creación de postos de traballo en xullo moderouse en agosto
Galicia mantense por riba do millón de afiliados á Seguridade Social cun lixeiro aumento, como todos os agostos, do paro rexistrado, ata case 177.000 persoas
- Documento Coronavirus
- Acontece
A Xunta apraza un día a volta ás aulas para a metade dos cursos nunha nova modificación do protocolo fronte ao coronavirus
O Goberno galego incorpora as medidas acordadas a nivel estatal pero segue deixando a súa implantación en mans de cada centro
O Goberno central autoriza a primeira proba en 190 persoas dunha vacina contra a COVID-19
Un hospital de Santander e dous de Madrid acollerán, xunto con centros de Alemaña e Bélxica, a segunda fase de ensaio clínico da denominada Ad26.COV2.S tras unha primeira fase nos Estados Unidos
A Xunta volve permitir as prácticas formativas en centros sanitarios e o contacto físico a deportistas de alto nivel
Sanidade supervisará os protocolos de volta á actividade tras as restricións establecidas para loitar contra o coronavirus
Colectivos de Ordes denuncian que a ampliación dunha planta de xestión de restos animais convertería a comarca nun "vertedoiro"
Hai uns días dábase a coñecer o proxecto de ampliación de Gesuga, en Cerceda. Salvemos a Comarca de Ordes presentou este mércores mil alegacións, alertando de que o plan permitiría procesar refugallos de orixe animal de Asturias, Cantabria, Castela-León e Portugal e advertindo de "irregularidades".
A conselleira de Educación reúnese con Pablo Casado mentres a comunidade educativa galega agarda por unha xuntanza
Un día antes da xuntanza con todos os conselleiros de Educación das comunidades autónomas, Carmen Pomar participou nun encontro co presidente do PP e os responsables populares da materia a pesar de que leva sen convocar a mesa sectorial de ensino desde xullo, como lle reclaman sindicatos e familias.
O Festival de Cans mantén o agroglamour na súa edición máis limitada
O certame que celebra o audiovisual no Porriño bota a andar nunha edición limitada con 25 curtas a competición e 8 estreas absolutas polo que pasarán Oliver Laxe, Paula Cons, Alfonso Zarauza e Manane Rodríguez, entre outros.