🔊Fálase | Angrois a xuízo e facerse visible no espazo público
Neste episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, abordamos o inicio do xuízo polo accidente de Angrois e ordenamos feitos, refrescamos datos e poñemos contexto sobre o acontecido coa axuda de David Reinero. Con VINTE, achegámonos ao proxecto A porta aberta da artista Lúa Gándara e escoitamos as músicas ao vivo de Grampoder
Persoal, sindicatos e oposición chaman a unha gran marcha para "rescatar" a CRTVG do "secuestro da Xunta"
O comité intercentros e máis de 30 organizacións políticas, sindicais e sociais convocan unha marcha o 6 de novembro en Compostela "por unha CRTVG ao servizo do pobo" e piden á cidadanía que "saia ao rescate dos seus medios".
Da suba dun 8,5% nas pensións á continuidade dos trens gratis: primeiras claves do terceiro orzamento do PSOE e UP
O proxecto orzamentario, cun montante récord, inclúe fondos para subir as pensións arredor do 8,5% e así compensar a inflación. O financiamento das comunidades autónomas aumenta un 24% e o gasto en defensa, na contorna do 25%. O acordo dos socios de Goberno implica tramitar "urxentemente" a lei de familias, con medidas como un novo permiso parental de 8 semanas
Colectivos veciñais de Teis e Caballero cruzan acusacións ao redor da nova biblioteca do barrio, prometida en 2014
As entidades locais denuncian que o proxecto se limitará finalmente a unha sala de lectura sen libros, algo que nega o alcalde vigués, que critica as asociacións por "facer política"
O TSXG paraliza cautelarmente a execución dun parque eólico de Greenalia entre Santa Comba e Coristanco
A Xustiza paraliza de maneira cautelar a autorización logo dunha impugnación por "fragmentación artificial" e irregularidades nos trámites de información pública.
O San Froilán volve encher as rúas de Lugo tras dous anos constrinxido pola pandemia
Tras as dúas edicións de restricións pola pandemia, as patronais lucenses contan neste 2022 cunhas duascentas actividades do 4 ao 12 de outubro. Xabier Díaz, Zahara, Joe Crepúsculo ou Treixadura destacan na parte musical do programa, que recupera todas as súas citas clásicas
- Vídeo
- Cultura
Os milleiros de nomes da terra e do mar en Galicia, todos cunha historia detrás
A cooperativa audiovisual Xarda vén de iniciar a publicación de Na Terra Fonda, unha serie de cinco vídeos sobre a riqueza microtoponímica do país. No documental aparecen voces expertas e tamén de persoas que nos últimos anos recuperaron numerosos topónimos e afóndase nas causas que levan á perda destes nomes
O PSdeG conxúrase de cara ás eleccións municipais: "Se as gañamos, presidiremos a Xunta"
Formoso reivindica o "galeguismo" dos socialistas e aposta por "volver á Galicia progresista, feminista e europeísta" xunto á ministra de Educación, Pilar Alegría, na recuperada Festa Socialista de Galicia.
O Goberno de España baixará ao 4% o IVE dos produtos de hixiene feminina
O tipo hiperreducido será agora aplicado a compresas e tampóns, ademais de a anticonceptivos non medicinais e preservativos.
Entre a foliada e a rave: 'Soa Bonaval' une as músicas tradicionais e as electrónicas
O Museo do Pobo Galego e a a Igrexa de San Domingos de Bonaval acollen este venres e sábado os distintos concertos e actividades dun evento que busca "rachar xéneros e etiquetas, en busca de músicas que van desde o electrónico ao folk, pasando polo pop, o rock ou o ambient, traballadas sobre sons clásicos e de raíz, e concibidas desde o local e a cultura propias"
🔊Fálase | Os papeis de Meirás e a incerteza da Citroën
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, coñecemos a importancia da documentación que quedou en Meirás e que agora reclama o Estado no marco da súa demanda xudicial polos bens do pazo. Tamén nos detemos na problemática que arrodea o persoal de Stellantis en Vigo, marcado polas paradas puntuais e a inestabilidade
A Xunta pide unha moratoria de dous meses ao veto á pesca de fondo e cifra nuns 800 millóns o impacto en Galicia
A conselleira Rosa Quintana cualifica de "golpe mortal" para o sector o regulamento que entraría en vigor o 9 de outubro e advirte da afectación de 4.400 tripulantes galegos.