A Xunta abre un expediente para inhabilitar o xinecólogo que liderou a protesta contra o peche do paridoiro de Verín
O expediente, que podería provocar a súa inhabilitación profesional durante dous anos, parte da negativa de Javier Castrillo a trasladar unha nai e o seu bebé ao hospital de Ourense.
Olga Novo, Bieito Alonso, Monicreques de Kukas, Óliver Laxe e GCiencia, Premios da Crítica de Galicia
O certame deu a coñecer os premiados e premiadas da súa 43ª edición, que tivo como lema "A Nosa Fala. Na súa acea a moerse está o pan do porvir", de Carvalho Calero. Margarita Viso, Alfonso Costa e a Festa do marisco do Grove completaron os galardóns
- Vídeos
- Cultura
As mellores webseries galegas do ano danse cita no Carballo Interplay
Por primeira vez na historia do festival o público pode ver e votar a través da rede as series finalistas da Sección Oficial, entre elas as galegas Destapando Casares, Os 20 de XX, Capitán Breomán, Save e amigos, Mataría Microserie, Adegas da memoria e S.E.X. Ademais, estreáronse Xan e Amnesia 3.0, gañadoras o pasado ano do premio a proxectos de webseries en versión orixinal galega.
O Carballo Interplay pon a batamanta para celebrar dende a casa a gran festa da creatividade dixital galega
A pandemia de coronavirus obrigou o festival a virar nun evento 100% online e multipantalla. Dende este mércores todas as sesións e debates poderán verse de balde a traves da rede e todo o público poderá votar polas webseries da sección oficial. Videoxogos, humor feito por mulleres, tecnoloxía e moitas estreas, entre os contidos máis destacados
A Xunta muda a presidencia do Porto da Coruña no momento clave para o futuro urbanístico dos seus peiraos interiores
O Goberno galego prescinde de Enrique Losada logo dunha década na presidencia da Autoridade Portuaria, que ocupará o concelleiro e parlamentario do PP Martín Fernández Prado, ex-edil de Urbanismo na Coruña.
Seis conversas con galegas de éxito para derrubar estereotipos sobre as mulleres e a ciencia e tecnoloxía
O programa Girl STEM, impulsado por AGASOL e a Xunta, difunde nos centros de ensino galegos conversas con mulleres referentes, que achegan a súa experiencia ás máis novas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos
A Xunta apela á "cultura do esforzo" para endurecer os criterios do Estado na obtención do título de ESO e Bacharelato
Educación carga contra o decreto estatal que flexibiliza as condicións para pasar de curso ante os efectos da pandemia e decide "corrixilo" esixindo aprobar todas as materias.
Estudantes de tres enxeñarías crean o UVigo SpaceLab para deseñar e fabricar pequenos satélites espaciais
Nos últimos anos o lanzamento de varios nanosatélites puxo a universidade viguesa na vangarda desta tecnoloxía, con múltiples usos en varios sectores. A asociación inclúe alumnado de enxeñaría de Telecomunicacións, Industrial e Informática e conta co asesoramento de docentes e profesionais con experiencia na ESA e na NASA.
'Imaxes do Patrimonio': fotografías do pasado para transmitir a memoria colectiva ás xeracións do futuro
Este luns celébrase o Día Mundial do Patrimonio Entre as moitas actividades organizadas por entidades culturais destaca o certame organizado por Ponte... nas Ondas!, a través do que escolas de Galicia e Portugal recuperaron imaxes antigas que amosan o patrimonio inmaterial de ambas as dúas beiras do Miño
- 🔊Entrevista
- Acontece
Anxo Lugilde: "Hai 32 anos que convivo coa depresión e tiven tres recaídas fortes"
O xornalista Anxo Lugilde explica a Xabi Bundó, nesta entrevista no programa Via Lliure (RAC 1), a importancia do tratamento experimental para a depresión que recibiu no barcelonés Hospital do Mar e a súa aposta por facer visible esta doenza
Alumnado do Campus de Ferrol transforma vellas tendas de campaña en chuvasqueiros nunha maratón de moda sustentable
Catro estudantes do grao de Xestión Industrial da Moda foron seleccionados para a 5ª edición da Maratón de Reciclaxe Téxtil Creativa de La Casa Encendida (Madrid), que comeza este venres. A indumentaria dos mariñeiros galegos foi a fonte de inspiración do proxecto.
Unha lingua de estrelas: a RAG aproba a nome normalizado en galego das 88 constelacións
A Academia presentou este xoves a listaxe dos 88 nomes recoñecidos pola Unión Astronómica Internacional, nunha iniciativa que busca axudar á normalización do uso do galego no ámbito da ciencia e que se une a traballos recentes de actualización do vocabulario matemático ou dos nomes dos elementos químicos