- Galería Prestige 20
- Política
A inauguración oficial do Parador de Muxía chega 20 anos despois do Prestige e tras dous en funcionamento
A principal promesa para a reactivación turística da Costa da Morte tras a catástrofe do Prestige inaugúrase oficialmente polas autoridades vinte anos despois do afundimento do petroleiro con discursos que gaban a súa sostibilidade e respecto pola contorna natural
- Galería
- Cultura Pontevedra
Milleiros de fotografías e documentos históricos da cidade de Pontevedra, dispoñibles para a súa consulta na rede
O portal atoPo da Deputación publica 150.000 fondos do arquivo municipal dende 1834 ata 2004. O repositorio suma xa 2,2 millóns de referencias de toda a provincia, agás da cidade de Vigo.
🔊Fálase | Pagos na escola concertada e recortes no escenario
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal sabemos máis dos pagamentos esixidos ás familias en colexios concertados malia estar vetados pola lei, despois do estudo que os detecta en oito e cada dez destes centros en Galicia. No espazo de VINTE coñecemos mellor á actriz Isabel Garrido e achegámonos a novas historias da mocidade lucense, desta volta no eido dos movementos sociais
Nova vida para Vieiros: un proxecto de pastoreo busca atraer poboación a unha aldea do Courel deshabitada durante anos
Dúas familias trasladáronse este núcleo da parroquia de Seara, no concello de Quiroga, que ficara abandonado durante seis anos. Agora impulsan unha iniciativa de crowdfunding para mercar 30 ovellas, cinco cabras, dous mastíns e un burro que, ademais, queren que protexan o lugar dos incendios.
- Vídeo
- Cultura
Máis cor que na Ribeira Sacra: un festival de muralismo para embelecer a comarca e achegar a arte á veciñanza
Castro Caldelas acolle o evento, no que cinco muralistas realizarán senllos traballos en paredes da localidade. A iniciativa do Consorcio de Turismo continúa co proxecto 'Un toque de cor na Ribeira Sacra' que dende o 2015 levou estas creacións a un gran número de recantos desta bisbarra
O TSXG condena o Sergas por negar o ingreso en psiquiatría a un paciente que faleceu por esquizofrenia: "Abandonárono á súa sorte"
Confirma unha sentenza anterior pola que Sanidade deberá indemnizar con 40.000 euros a nai do doente e acusa dúas doutoras de dar por suposto que o enfermo finxía. "Manter, como fai a administración, que non se probou a necesidade do internamento é unha afronta á intelixencia dun cidadán medio", di.
- 📺 Vídeo
- Cultura
O Consello da Cultura presenta ao mundo a literatura galega desde a natureza, a memoria e as obras infantís e xuvenís
'Galicia, unha cultura por descubrir' é un proxecto do Consello da Cultura Galega para dar a coñecer a cultura do país no exterior, que comeza con sete autoras e autores premiados e recoñecidos debullando a súa relación coa escrita
Unha manifestación denuncia en Compostela a "privatización" do monte comunal por parte da Xunta
A marcha, convocada pola ORGACCMM e apoiada por entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais e políticas, serviu para denunciar a política forestal do Goberno galego e apoiar o proxecto de lei de montes veciñais contido na Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola entidade
'Efímero Xacobeo Experience': ilustración e divulgación científica coas migracións e o Camiño de Santiago como fío condutor
O evento multidisciplinar ten lugar este sábado na Praza de Abastos de Compostela da man de Nina Sefzick, Sara Guerrero, Sara Carrasco e Silvia Iglesias
Milleiros de persoas claman en Vilagarcía contra os recortes sanitarios e o abandono da Atención Primaria
Unhas seis mil persoas manifestáronse convocadas por SOS Sanidade Pública, nunha das marchas máis multitudinarias dos últimos anos na comarca. Denúnciase especialmente a falta de profesionais nos centros de saúde e PACs e a carencia de ambulancias.
Unha chea de xogos tradicionais para tempos de pandemia (ou de invernía)
Lugo acolleu a presentación do libro Xogos tradicionais para tempos de recollida, editado pola Deputación e que compila 63 enredos, propostas de papiroflexia ou de construción de xoguetes con materiais caseiros. A publicación parte dos recursos difundidos na web polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego
A inflación modérase polo abaratamento de luz, transporte e combustibles, pero os alimentos seguen en prezos máximos
O índice interanual descende en Galicia en case dous puntos, do 11% ao 9,2%, pero segue por riba da media española. Ademais, hai produtos básicos coma o leite, o pan, o azucre, os cereais, as legumes e hortalizas ou a carne de vacún que continúan a encarecerse